G4021344 - Xestión e Tratamento de Augas (Materias optativas Orientación Enxeñaría Ambiental) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 28.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Química
- Áreas: Enxeñaría Química
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo xeral desta materia é o de aportar a metodoloxía necesaria para o deseño de equipos que permitan a redución das emisións contaminantes e o control da calidade da auga. Dentro dos obxectivos concretos destácanse: 1) Coñecer os requisitos legais no tratamento dos contaminantes; 2) Coñecer os distintos sistemas de tratamentos físicos, químicos e biolóxicos; 3) Determinar que tecnoloxía é a mais axeitada para o tratamento ou acondicionamento en función das características das correntes.
ContidosO programa da materia está dividido en 8 temas que se indican a continuación:
Tema 1: Visión global do ciclo da auga
1.1. Calidade da auga
1.2. Xestión da auga potable
1.3. Xestión da augas residuais urbanas
1.4. Xestión de augas residuais industriais
1.5. Estratexias de tratamento
Tema 2: Tratamentos químicos e físicos
2.1. Coagulación-floculación
2.2. Precipitación química
2.3. Reaccións de oxidación-reducción
2.4. Separación con membranas
2.5. Intercambio iónico
2.6. Desorción
Tema 3: Acondicionamento da auga na industria
3.1. Usos da auga e calidade requerida
3.2. Auga de caldeiras
3.3. Sistemas de enfriamento
3.4. Procesos de manufactura
Tema 4: Procesos biolóxicos aerobios
4.1. Eliminación de materia orgánica
4.2. Procesos de eliminación de nitróxeno
4.3. Tipos de sistemas de eliminación de nitróxeno
4.4. Deseño de sistemas de eliminación de nitróxeno: modelo ASM1
4.5. Procesos de eliminación de fósforo
4.6. Sistemas de eliminación de fósforo
Tema 5: Procesos biolóxicos anaerobios
5.1. Fundamentos da dixestión anaerobia
5.2. Tipos de sistemas de tratamento anaerobio
5.3. Deseño e operación de sistemas de tratamento anaerobio
5.4. Aplicación ao tratamento de augas industriais
Tema 6: Línea de lamas
6.1. Espesamento
6.2. Estabilización
6.3. Deshidratación
6.4. Tratamento das augas de retorno
Tema 7: Tratamentos terciarios
7.1. Desinfección
7.2. Filtración
7.3. Adsorción
Tema 8: Reutilización da auga
8.1. Aplicacións de augas residuais recuperadas
8.2. Tecnoloxías para a recuperación de augas residuais
8.3. Parámetros a considerar
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
-Metcalf-Eddy Inc. "Wastewater engineering: treatment and reuse", Editorial McGraw-Hill, Boston, 4ª Ed. (2003).
Bibliografía complementaria
-Bueno J.L., Satre H., Lavín A.G. “Contaminación e Ingeniería Ambiental”, Editorial FICYT, Oviedo (1997).
-Degremont "Water Treatment Handbook", 2 vol., Editorial Degremont, 6ª Ed. (1991).
-Kiely G. “Ingeniería Ambiental”, Editorial Mc-Graw Hill, Madrid (1999).
-Metcalf-Eddy Inc. "Wastewater engineering: Treatment and reuse”. Mc Graw-Hill, Boston, 4th Ed. (2003).
-Ramalho R.S. "Tratamiento de Aguas Residuales", Reverté, Barcelona (1996).
-Speece R.E. “Anaerobic biotechnology for industrial wastewaters”, Archae Press, Tennessee (1996).
-Sperling M. “Activated sludge and aerobic biofilm reactors” Editorial IWA, London (2007).
CompetenciasAs competencias que se han de desenvolver durante o curso son as seguintes:
Específicas
CI.10. Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías medioambientais e sostibilidade.
Xerais
CG.7. Capacidade de analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas.
CG.11. Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
Transversais
CT.6. Resolución de problemas
CT.8. Traballo en equipo
CT.11. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
CT.16. Sensibilidade hacia temas medioambientais
CT.19. Aprendizaxe autónoma
Metodoloxía da ensinanza A materia desenvolverase presentando ao longo de todo o temario un axeitado número de problemas tipo que axudarán ao alumno a comprender os contidos de teoría impartidos na aula. E polo tanto é obxectivo do profesor que o alumno aprenda a razoar cómo se resolven os problemas mais que a memorizar a resolución dun número determinado de problemas. O profesor vai facer pública, coa aplicación informática que oferte a Universidade, a información correspondente aos temas que se desenvolverán na aula ao longo do curso.
Proporase un traballo en grupo (4-5 alumnos) que consistirá no deseño dunha planta de tratamento para un efluente industrial. Tamén se fomentará o uso de programas informáticos (Aquasim) para facilitar a comprensión do efecto das distintas variables de operación sobre a eficacia das plantas de tratamento.
Durante o curso, realizarase unha visita técnica a unha planta de tratamento de augas residuais en coordinación co profesor da materia de Enxeñaría Ambiental.
Sistema de evaluaciónEfectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudiantes mediante a realización de actividades, traballos e resolución de problemas tanto de forma individual como en grupo, relacionando conceptos adquiridos na aula. A calificación final do estudiante será unha combinación do rendimento obtido no exame da materia, o traballo en equipo que se debe presentar e a participación nas titorías.
De modo cuantitativo a avaliación corresponderá ao seguinte:
Táboa 1. Distribución da calificación.
Exame 60%
Traballos/actividades 30%
Titorías 10%
O exame valorarase ata un máximo de 10 puntos, correspondendo 6 puntos á parte de problemas e 4 puntos da calificación á parte de teoría. No exame hai que obter un mínimo de 3 puntos en cada apartado e sumar ao menos 4,0 puntos se se quere superar a materia. No caso de que non atinxa este mínimo, poderá recuperalo na convocatoria de Xullo.
A asistencia ás titorías será obrigatoria dado que nelas se realizarán actividades que serán parte da calificación final do alumno.
As cualificacións dos traballos, actividades e titorías comunicaránselle ao alumno antes do exame.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten unha carga de traballo de 4,5 ECTS, equivalentes a 112,5 h de traballo total do alumno, que se reparten da forma que se sinala na táboa 2. En dita táboa tamén se mostran as competencias a desenvolver en cada unha das actividades.
Táboa 2. Desglose de horas nas distintas actividades que compoñen a materia.
Actividade Horas presenciais Horas
traballo alumno ECTS Competencias
CE CG CT
Clases maxistrais 28,0 34,0 2,5 CI.10 CG.7
CG.11 CT.6
CT.11
CT.16
Seminarios 9,0 11,0 0,8
Aula informática 0,0 0,0 0,0
Prácticas de laboratorio 0,0 0,0 0,0
Titorías de grupo 1,0 4,0 0,2 CI.10 CG.7
CG.11 CT.6
CT.11
CT.16
CT.19
Subtotal 38,0 49,0 3,5
Titorías individualizadas 1,0 2,0 0,1 CI.10 CG.7
CG.11 CT.6
CT.16
CT.19
Exame e revisión 5,0 17,5 0,9
Total 44,0 68,5 4,5
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase que os alumnos cursen a materia de Enxeñaría Ambiental.
Ademais é aconsellable que o alumno teña coñecemento no manexo de Microsoft Word e Excel, así como que estea familiarizado co uso dalgún programa de simulación. Tamén se recomenda un dominio básico do inglés para facilitar a consulta de libros, artigos científicos e páxinas web.
ObservaciónsA materia impartirase en galego.
Aqueles alumnos que desexen obter información adicional sobre cuestións relacionadas coa organización docente e de investigación do centro poden consultar as seguintes páxinas web:
• Departamento de Enxeñaría Química (correo electrónico, despachos e teléfonos do profesorado do Departamento. Actividades de investigación realizadas): http://www.usc.es/enxqu/
• Escola Técnica Superior de Enxeñaría Química (descripción da titulación, organización do centro, horarios de clases de teoría e laboratorio, organización de grupos de prácticas e calendario de exames. Formularios administrativos): http://www.usc.es/~etse/