Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

G4021422 - Proxectos e Deseños de Instalacións (Común Rama Industrial) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 37.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Química
  • Áreas: Enxeñaría Química
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Esta materia está orientada hacia o deseño de procesos químicos, que é unha das principais actividades profesionais nas que vai a participar o enxeñeiro químico. Aínda que a concepción dunha planta química é multidisciplinar no seu detalle, o enxeñeiro químico é o que sabe determinar as súas características xerais en obxetivos e rendementos e é, entre o resto de enxeñeiros, o que pode aplicar, coordinar e combinar os principios enxeñerís necesarios para o seu deseño e construcción, xunto con outros principios, económicos, ambientais e de seguridade e saúde, necesarios na práctica industrial.
    Na materia establécense os criterios fundamentais de deseño, dende a concepción e desenrolo do proxecto ata a finalización e posta en marcha da planta. Dentro de este percorrido apréndense a especificar instalacións e equipos mecánicos dacordo a seus requerimentos de aplicación. Con todo isto o alumno recibirá unha sólida orientación das súas competencias específicas como enxeñeiro para a concepción de plantas químicas, tanto na súa realidade física como aplicada.

    Contidos
    Os contenidos desta materia dacordo a memoria do título son:
    Proxecto Básico: Planteamiento, estudio de mercado, procesos de fabricación, distribución en unidades e edificacions. Evaluación económica. Estructura organizativa dunha instalación industrial. Proxecto constructivo: Etapas da fase de deseño de detalle, desenrolo de cálculos de proxectos. Selección de elementos de máquinas na industria química. Lexislación eNormalización. Deseño mecánico.

    Estructúranse en dous bloques:

    BLOQUE I. DESEÑO DE INSTALACIONS

    TEMA 1. Consideracions xerais de deseño e específicas de seguridade: Etapas de deseño. Consideracions xerais de lugar. Consideracións específicas de seguridade. Plano de implantación. Enxeñaría civil. Utilidades. Zona de carga e descarga. Especificacions de válvulas. Especificacions de xuntas e bridas. Vibración. Aislamentos térmicos, para corrosión e para humedade. Protección contra perigos eléctricos.
    TEMA 2. Selección de materiais e prevención da corrosión: Tipos de materiais para enxeñaría. Propiedades para o deseño. Corrosión e degradación de materiais. Prevención frente a corrosión. Estratexia e procedimiento de evaluación. Criterios de selección. Estándares e Normativa.
    TEMA 3. Deseño de equipos para o transporte de fluidos: Sistemas de tuberías: Materiais. Estándares e Normas. Válvulas. Cuestions xerais de deseño. Costes para tuberías e sistemas auxiliares. Bombas e compresores: Deseño mecánico e hidráulico. Selección de equipos. Costes.
    TEMA 4. Deseño de Recipientes de proceso. Estándares. Deseño mecánico de tanques, recipientes a presión e tanques de almacenamento. Costes
    TEMA 5. Deseño de reactores. Tipos. Deseño. Costes
    TEMA 6. Deseño de equipos para o transporte de calor: Intercambiadores de calor: Tipos. Selección. Deseño hidráulico e mecánico. Materiais de construcción. Costes. Condensadores e evaporadores: Tipos. Cálculos de deseño. Fornos e caldeiras: Tipos. Balance de enerxía. Dimensionamento. Costes
    TEMA 7. Deseño de equipos de separación: Columnas. Deseño. Costes

    BLOQUE II. PROXECTOS
    TEMA 8. Xeneralidades: Concepto. Tipoloxías de proxectos. Organización de recursos humans. Lexislación
    TEMA 9. Aspectos previos: Estudio do Mercado. Ubicación. Deseño de enxeñaría básica de detalle. Requisicions e especificacions. Evaluación económica
    TEMA 10. Morfoloxía do proxecto: Documentos do proxecto: Memoria, Planos, Pliego de Condicions técnicas. Presuposto. Outros documentos
    TEMA 11. Edición e presentación. Trámites.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica
    Chemical Engineering Design. Coulson & Richardson’s Chemical Engineering Volume 6. R Sinnott, G. Towler, Ed. Elsevier/Butterworth-Heinemann (2009)
    Ingeniería y proyectos industriales, J.R. Andrés, Universidad de Málaga, Servicio de Publicaciones e Intercamb (2009)

    Complementaria
    Plant Design and Economics for Chemical Engineers. M. S. Peters, K.D. Timmerhaus, R. E. West, Ed. McGraw Hill (2004)
    Materials selection in mechanical design. M F. Ashby. Ed Buttherworth-Heinneman (2007)
    Corrosión y degradación de materiales. E. Otero, Ed. Síntesis (1997)
    Manual del Ingeniero Químico. R. H. Perry, D.W. Green, J. O. Maloney, Ed. McGraw-Hill (2001)
    Handbook of chemical processing equipment. N.P. Cheremisinoff, Ed. Butterworth-Heinemann (2000)
    Process plant layout and piping design, E. Bausbacher, Prentice Hall (1993)
    Cuadernos de ingeniería de proyectos III: dirección, gestión y organización de proyectos (2000), II: del diseño de detalle a la realización (2000), I: diseño básico (anteproyecto) de plantas industriales (1997), Servicio de Publicaciones, Universidad Politécnica de Valencia
    Oficina técnica y proyectos, F. Brusola, Servicio de Publicaciones, Universidad Politécnica de Valencia, D.L.(1999)

    Distribuiranse tamén notas preparadas polo profesor


    Competencias
    Contribuir a acadar con maior ou menor intensidade as seguintes competencias recollidas na memoria del título:

    Específicas
    CI.7.- Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos.
    CI.8.- Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais.
    CI.12.- Coñecementos e capacidades para organizar e xestionar proxectos. Coñecer a estrutura organizativa e as funcións dunha oficina de proxectos.

    Xerais
    CG.1 Capacidade para a redacción, firma e desenrolo de proxectos no ámbito da enxeñaría química industrial que teñan por obxecto, a construcción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de estructuras, equipos mecánicos, instalacions enerxéticas, instalacions eléctricas e electrónicas, instalacions e plantas industriales e procesos de fabricación e automatización.
    CG.2 Capacidade para a dirección, das actividades obxecto dos proxectos de enxeñaría descritos no epígrafe anterior.
    CG.5.- Coñecementos para a realización de medicions, cálculos, valoracions, tasacions, peritaxes, estudos, informes, plans de labores e outros traballos semellantes.
    CG.6.- Capacidade para o manexo de especificacions, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.

    Transversales
    CT.7.- Toma de decisions
    CT.11.- Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
    CT.13.- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
    CT.14.- Adaptación a novas situacions.
    CT.17.- Creatividade


    Metodoloxía da ensinanza
    A docencia desenvolvese da seguinte maneira según a distribución de horas seginte (aproximada): Bloque I, clases maxistrales 25 h e seminarios 8 h; Bloque II, clases maxistrales 12 h e seminarios 4 h.

    Nas clases maxistrales e seminarios explicaranse contidos téóricos e resolveránse exercicios por parte do profesor. Alguns dos seminarios dedicaránse a resolución de problemas ou actividades por parte do alumno e/o grupo de alumnos, que servirán de complemento as tutorías (2 h).

    Será obrigatoria a realización dun deseño básico dunha unidade de proceso, en grupo (3-4 alumnos), que definirase ó comezo do curso cuxa entrega de resultados, analise e conclusions será por escrito e incluirá os documentos correspondentes a un proxecto enxeñeril, realizando tamén a sua presentación oral.

    Empregarase o Campus Virtual como ferramenta para facilitar información/anuncios sobre a actividade docente ó longo do curso e materiais complementarios para o estudio da materia. Alguns dos problemas realizaranse utilizando unha folla de cálculo (Excel) ou otra ferramenta informática da que se dispoña.

    Sistema de evaluación
    Efectuarase, como se comentou anteriormente, un seguimento da aprendizaxe dos estudiantes mediante a realización de actividades, proxecto e resolución de problemas de forma individual e/ou por grupo. Asemade, os estudiantes realizarán un exame con cuestions teóricas e resolución de problemas que permitirá individualizar a calificación final.

    As condicions de evaluación son as mesmas en todas as convocatorias oficiais. As notas parciais só gardaranse dunha convocatoria a outra, para o curso académico actual.

    A calificación do alumno é unha media do rendimento obtido no exame (50% da calificación), do proxecto de deseño (40% da calificación) e da tutoría (10% da calificación). O alumno ten que obter unha calificación mínima do 40% en calquera dos apartados evaluados.

    A realización das actividades de recuperación dos traballos realizaranse nas datas que sinale o profesor e sempre antes da realización do exame de Xullo (2ª oportunidade).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases maxistrais: Presenciais, 37; Traballo alumno, 45; ECTS, 3,3
    Seminarios: Presenciais 12; Trabllo alumno, 14; ECTS, 1
    Tutorias de grupo: Presenciais, 1; Traballo alumno, 4; ECTS, 0,2
    Tutorias individualizadas: Presenciais, 2; Traballo alumno, 8; ECTS, 0,4
    Examen e revisión: Presenciais, 5; Traballo alumno, 22; ECTS, 1,1

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para o estudio e comprensión desta materia é importante que o alumno teña, entre outras, superadas as materias de: Enxeñaría de Procesos, Resistencia de materiais e Sistemas de producción industrial
    Observacións
    A docencia impartirase en castelán, e se manexarán fontes de información en lingua inglesa