G4021424 - Automática Industrial (Común Rama Industrial) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 19.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Electrónica e Computación
- Áreas: Electrónica
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaNesta materia preténdese proporcionarlles aos alumnos os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para poder implementar os equipos electrónicos necesarios para o control e a automatización industrial. Así, son obxectivos parciais desta materia os seguintes:
a) Coñecer os fundamentos dos sistemas que permiten a automatización industrial (microcontroladores, autómatas programables).
b) Coñecer os fundamentos dos sistemas electrónicos de medida necesarios para o control de procesos.
c) Coñecer un conxunto amplo de sensores que permitan medir distintas variables físicas.
d) Identificar o sensor máis adecuado para medir unha determinada variable nun contexto dado.
e) Coñecer e deseñar os circuítos de acondicionamento de sinal para poder usar o sensor elixido.
f) Coñecer os conceptos de representación da información achegada polo sensor no dominio analóxico e dixital, así como os procesos para pasar dun dominio a outro (conversión dixital/analóxica e analóxica/dixital)
g) Coñecer o conxunto de actuadores que exercen accións nos procesos
Outro obxectivo formativo que se persegue é a adquisición por parte do alumno da capacidade de presentación de resultados mediante a elaboración de documentos escritos que presenten os resultados obtidos no laboratorio, se analicen e se saquen conclusións.
ContidosPROGRAMA DE TEORÍA:
Tema 1: Introdución a automática industrial.
Instrumentación para a medida, o control e a automatización industrial.
Tema 2: Sistemas de medida.
Estructura dos sistemas de medida. Características estáticas. Calibración. Carcterísticas dinámicas.
Tema 3: Amplificación y filtrado de señales.
La función de amplificación. El amplificador operacional. Circuitos amplificadores de uso en instrumentación. Concepto de filtro. Especificacions dun filtro. Aproximacions matemáticas. Filtros pasivos e activos.
Tema 4: Sensores.
Concepto de sensor. Tipos de sensores: resistivos, capacitivos, inductivos, piezoeléctricos, piroeléctricos y optoelectrónicos. Termopares. Transmisores. Criterios para a selección de sensores.
Tema 5: Circuitos de conversión de datos y sistemas de adquisición de datos.
Variables muestreadas. Teorema do muestreo. Circuitos de muestreo e retención. Conversión de datos: Conversor Dixital/Analóxico y Analóxico/Dixital. Sistemas de adquisición de datos.
Tema 6: Sistemas de control dixital.
Definicions básicas. Introdución ao control dixital. Controladores lóxicos sin unidade operativa. Controladores lóxicos con unidade operativa (PLC). Estandar IEC61131. Programación de autómatas programables. Unidades de E/S de variables analóxicas y dixitales.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS:
- Programación de autómatas programables.
- Deseño de equipos de medida e sistemas de tratamento de sinais físicas: temperatura, presión, humedade, ...
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- E. Mandado, J.M. Acevedo, C. Fernández, J.I. Quiroga. Autómatas programables y sistemas de automatización. Marcombo, ediciones técnicas. Barcelona, 2009.
- M.A. Pérez-García, J.C. Álvarez, J.C. Campo, J.F. Ferrero, G.J. Grillo. Instrumentación Electrónica. Thomson. Madrid, 2004.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- R. Pallás. Sensores y acondicionadores de señal. 4ª edición. Marcombo, ediciones técnicas, Barcelona, 2003.
- R. Pallás, O. Casas, R. Bragós. Sensores y acondicionadores de señal, Problemas resueltos, Marcombo, ediciones técnicas, Barcelona, 2008.
- W.C. Dunn. Introducion to Instrumentation, Sensor and Process Control. Artech House, 2006.
CompetenciasTras o estudo da materia o alumno debe coñecer os principios básicos do proceso de automatización industrial. Debe familiarizarse co manexo de autómatas programables e os procesos necesarios para achegarlle información sobre o proceso que se quere controlar (sistemas electrónicos de medida).
Así, o desenvolvemento da materia contribuirá a alcanzar as competencias recollidas na memoria do título de grao en Enxeñaría Química e identificadas como CI.5, CI.6, CG.3, CG.6, CT.4, CT.8, CT.11, CT.13 e CT.19, facendo unha incidencia especial nas dúas primeiras.
Metodoloxía da ensinanza A materia desenvólvese mediante horas expositivas e horas interactivas, que se realizarán basicamente no laboratorio de instrumentación. Nas clases expositivas o profesor expoñerá os contidos teóricos da materia, apoiándose en materiais multimedia. Estas clases complementaranse coa discusión de problemas, que os alumnos terán traballado previamente, de forma individual e/ou en grupo, e que expoñerán en clase.
Para a realización das prácticas os alumnos dispoñerán de guións, que reflectirán os seus obxectivos, material e métodos para a súa realización. Os deseños serán realizados previamente polos alumnos e caracterizados posteriormente no laboratorio. Para o desenvolvemento das prácticas os alumnos usarán o software MicroWin (simulación de autómatas programables) e LabView. Os alumnos realizarán informes sobre o traballo práctico realizado.
Como unha actividade complementaria ao desenvolvemento da materia consideramos a realización dunha visita á Planta Piloto da ETSE.
Para o estudo da materia o alumno dispoñerá da bibliografía básica da materia, existente na biblioteca, así como o material de apoio que use o profesor, ao que poderá acceder a través de Campus Virtual da USC.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia realizarase mediante unha proba final escrita, que supoñerá o 60% da nota final.
A avaliación da actividade práctica realizada polo alumno no laboratorio supoñerá un 30% da nota final. Esta avaliación realizarase sobre a base do traballo desenvolvido no laboratorio, que deberá reflectir nun informe final da práctica. A realización das prácticas é obrigatoria.
O 10% da cualificación final obterase da avaliación do traballo realizado na resolución dos problemas propostos ao longo do curso. Dita evaluación realizarase nas tutorías.
As calificacions dos traballos e actividades desenvolvidas se lle comunicarán ao alumno antes do examen.
Ao alumno que non se presente á proba final escrita reflectiráselle na acta a cualificación de NON PRESENTADO.
En caso de suspender a materia, a avaliación obtida sobre a actividade práctica realizada e a resolución de exercicios poderase manter para a segunda oportunidade se a súa nota é superior ao 50% da nota que outorgan. En caso de que non sexa superior a ese 50%, o alumno, nesta segunda oportunidade, realizará unha proba escrita, que supoñerá un 70% da nota, e un exame práctico, que achegará o outro 30%.
Este poroceso de avaliación rexe tanto para alumnos de matrícula nova coma para alumnos repetidores.
Tempo de estudo e traballo persoalDe acordo co recollido na memoria do título de grao en Enxeñaría Química, esta materia ten un total de 44 horas presenciais (18 horas expositivas, 19 de traballo práctico, 2 de titorías e 5 para a realización e revisión do exame). Á súa vez, contémplanse 68,5 horas de traballo persoal por parte do alumno.
Recomendacións para o estudo da materiaDebido á alta correlación existente entre os conceptos desenvolvidos nas clases expositivas e os contidos das prácticas, recoméndase aos alumnos constancia no estudo da materia, acudindo ás sesións de prácticas cos conceptos xa traballados e os circuítos deseñados. Coa realización das prácticas, estes quedarán claros e asentados, facilitándose así o estudo e comprensión da materia.
Para cursar esta materia recoméndase ter cursado previamente a materia de terceiro curso, segundo semestre, "Control de Procesos", así como as materias de Electrotecnia e Informática.
ObservaciónsA docencia impartirase en castelán.