G4021425 - Aula Profesional, Itinerario Cursos e Seminarios (Aula Profesional) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 50.00
- Total: 50.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Enxeñaría Química, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos, Enxeñaría Química, Química Analítica
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | NON | NON |
| Grupo CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | NON | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA materia “Aula Profesional” está encadrada no segundo semestre do 4º curso da titulación de Grado en Enxeñaría Química. Con esta actividade preténdese que o alumnado complemente a súa formación científica e técnica, que se abordou previamente noutras materias do título, cunha serie de actividades ou seminarios cos que se perseguirá que o alumnado mellore a súa formación en certo número de competencias de tipo transversal, que lle faciliten a súa integración con éxito no mundo laboral, non só dende o punto de vista profesional senón tamén persoal.
ContidosA materia Aula Profesional non terá unha estrutura ríxida en canto a contidos ou ensinanzas, senón que o alumnado poderá elixir libremente dentro dunha serie de actividades nas que desexe mellorar a súa formación. Para isto, a Aula Profesional brindará dúas posibilidades: a) a realización de prácticas en empresas; b) a asistencia a cursos, seminarios e talleres da Aula Profesional.
Algúns exemplos de empresas coas que se estableceron convenios, ben vía ETSE ou a través do Consello Social, son: Idom S.A., 3R Ingeniería Ambiental, Espina y Delfín, Aquagest S.A., Bioetanol Galicia S.A., etc.
Algúns exemplos de cursos, seminarios e talleres cítanse a continuación: preparación de C.V., taller de presentacións eficaces, redacción de informes técnicos, seminario de patentes, presentacións por profesionais de empresas, etc.
Fomentarase que profesores tanto do Centro como outros da Universidade de Santiago de Compostela podan propoñer as actividades a realizar no marco da Aula Profesional, polo que enviarán unha proposta á Comisión de Titulación que a examinará e valorará con obxecto de incluílas ou non como actividades recoñecidas dentro da materia.
Bibliografía básica e complementariaNon existe unha bibliografía única senón que esta dependerá dos cursos, seminarios e talleres que se organicen cada ano.
CompetenciasÓ superar esta materia, o alumnado terá adquirido/mellorado as seguintes competencias transversais:
• Toma de decisións
• Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar
• Habilidades nas relacións interpersonais
• Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
• Razoamento crítico e compromiso ético
• Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
• Adaptación a novas situacións
• Creatividade
• Liderazgo
• Aprendizaxe autónoma
• Iniciativa e espírito emprendedor
Metodoloxía da ensinanza A realización dos créditos de prácticas en empresas implicará que o alumnado realice prácticas nunha ou máis empresas, durante un máximo de 150 h a efectos de recoñecemento, dentro daquelas coas que se chegara a un convenio tanto dende a Escola Técnica Superior de Enxeñaría como dende o Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela. En todo caso, a Escola Técnica Superior de Enxeñaría, asignará a cada alumno/a un titor entre o Persoal Docente e Investigador do Centro, que fará un seguimento ó traballo realizado polo alumno/a e velará pola calidade da estadía realizada.
En canto á asistencia a cursos e seminarios, garantirase que o alumnado poida realizar diversas actividades, que cubran as 150 h de dedicación persoal, nas que se combinarán seminarios de formación persoal e humanística con outros máis de tipo profesional. A Comisión de Titulación de Enxeñaría Química velará polo desenvolvemento correcto da actividade. Aínda que a Comisión de Titulación de Enxeñaría Química planificará a realización dunha serie de seminarios, fomentarase que profesores tanto do Centro como outros da Universidade de Santiago de Compostela podan propoñer as actividades a realizar no marco da Aula Profesional, polo que enviarán unha proposta á Comisión de Titulación que a examinará e valorará con obxecto de incluíla ou non na materia.
O alumnado matriculado na actividade terá información non só das actividades ofertadas, senón tamén da súa planificación temporal, a través do panel de anuncios dedicado á Aula Profesional, as páxinas web da materia e do centro. Cada actividade realizada levará aparellada unha serie de horas de seminarios ou talleres presenciais, ás que o alumno/a debe asistir, así como as horas de traballos e actividades a realizar fora da aula.
Sistema de evaluaciónOs alumnos/as que realicen prácticas en empresas terán un titor da universidade que realizará un seguimento ó alumno/a e velará pola calidade do traballo efectuado ó longo das prácticas. Ó final da estadía realizará unha valoración tanto do informe final que presente o alumno/a así como calquera informe que poida emitir a empresa. Esa valoración será tida en conta pola Comisión de Titulación de Enxeñaría Química do centro, á hora de asignar a cualificación ó alumno/a.
Para aqueles alumnos/as que asistan ós seminarios e talleres, efectuarase un seguimento da aprendizaxe mediante a realización de actividades e traballos por parte do alumno/a de forma individual e/ou por grupo. Os relatores dos cursos notificarán unha proposta de cualificación á Comisión de Titulación de Enxeñaría Química da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, quen será a que determine a cualificación final.
Na seguinte táboa preséntase unha distribución da cualificación final:
Exame 0-50%
Traballos/actividades/memorias de prácticas en empresas 20-70%
Titorías individualizadas 10-15%
Informe profesor e poñentes 0-20%
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten unha carga de traballo de 6 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total. Nas seguintes táboas indícase unha repartición aproximada destas horas de traballo para os dous itinerarios:
Táboa 1. Distribución da actividade formativa (Prácticas en empresas)
Actividade Horas presenciais Horas traballo alumno ECTS
Clases maxistrais 0,0 0,0 0,0
Seminarios 2,0 133,0 5,4
Titorías individualizadas 2,0 13,0 0,6
Exame e revisión 0,0 0,0 0,0
TOTAL 4,0 146,0 6,0
Táboa 2. Distribución da actividade formativa (Seminarios)
Actividade Horas presenciais Horas traballo alumno ECTS
Clases maxistrais 0,0 0,0 0,0
Seminarios 50,0 85,0 5,4
Titorías individualizadas 2,0 13,0 0,6
Exame e revisión 0,0 0,0 0,0
TOTAL 52,0 98,0 6,0
Recomendacións para o estudo da materiaÓ inicio do curso académico, a ETSE realizará un seminario de presentación da actividade aberta para todos os alumnos da titulación, onde se explicará que é a Aula Profesional e as actividades que se programan dentro de cada curso, sendo obrigatoria a asistencia a esta actividade para os alumnos de 4º curso de grado en Enxeñaría Química.
ObservaciónsAs actividades da Aula Profesional realizaranse en castelán, galego ou inglés.