G4011106 - Fundamentos Tecnolóxicos e Físicos da Informática (Materias Transversais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 25.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
- Clase Interactiva Seminario: 5.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Electrónica e Computación
- Áreas: Electrónica
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaNesta materia preténdese familiarizalos estudantes cos conceptos físicos fundamentais vinculados ó
procesos tecnolóxicos presentes nos sistemas informáticos. Con isto preténdese non só que os estudantes coñezan os pilares tecnolóxicos dos sistemas de computación actuais mais tamén que poidan prevela súa evolución nun futuro inmediato.
ContidosDOCENCIA EXPOSITIVA
TEMA 0:Introducción ós fundamentos tecnolóxicos e físicos da informática
TEMA 1: Electricidade e Magnetismo
- Forza entre cargas eléctricas. Campo e potencial eléctrico
- Campo eléctrico en materiais conductores e dieléctricos
- Inducción magnética
- Ondas electromagnéticas
- Propiedades magnéticas dos materiais
TEMA 2: Circuitos eléctricos
- Introducción.
- Análise de circuitos.
- Circuitos RC: Carga e descarga dunha capacidade
- Corrente alterna e sinais eléctricas
- Potencia e enerxía nun circuito eléctrico
TEMA 3: Electrónica do estado sólido
- Introducción
- Teoría de bandas
- Electróns e ocos
- Xeración e recombinación de portadores
- Tipos de semiconductores
- Correntes en semiconductores
TEMA 4: Dispositivos semiconductores: O diodo
- Unión PN. Situación de equilibrio. Polarización
- Curvas características e modelos circuitais do diodo
- Dispositivos optoelectrónicos: Diodos LED. Fotodiodos. Diodos láser
TEMA 5: Dispositivos semiconductores: O transistor
- Transistor bipolar
- Transistor de efecto campo: Estructura MOS. Transistor MOS
- Tecnoloxía CMOS
TEMA 6: Métricas de calidade no deseño dixital
- Fiabilidade
- Prestacións
- Consumo de potencia
- Cuantificación sobre o inversor CMOS
TEMA 7: Circuitos lóxicos combinacionais
- Lóxica CMOS complementaria
- Lóxica relativa
- Lóxica dinámica
- Outras alternativas: Lóxica de transistores de paso e lóxica de portas de transmisión
TEMA 8: Circuitos lóxicos secuenciais
- Rexistros
TEMA 9: Memorias de estado sólido
- Memoria volátil: RAM e CAM
- Circuitos periféricos: Decodificadores e amplificadores detectores
- Memoria non volátil: ROM, PROM, EPROM, EEPROM, flash
SEMINARIOS
SEM1: Fabricación de dispositivos semicondutores
SEM2: Medidas de seguridade en instalacións informáticas
SEM3: Fontes de alimentación
SEM4: Conversores AD e DA
SEM5: Dispositivos lóxicos programables
DOCENCIA INTERACTIVA
Simulador de circuitos PSPICE (Aula de informática)
SI1: Introducción de PSPICE
SI2: Análise de circuitos
SI3-4: Inversor CMOS
Laboratorio de electrónica
SI5-7: Circuitos eléctricos básicos
SI8: Fontes de alimentación (lab. electrónica)
SI9: Sinais de reloxio (lab. electrónica)
SI10: Conversión AD (lab. electrónica)
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
- Fundamentos Físicos y Tecnológicos de la Informática, Gómez, P. y colaboradores. Pearson Educación, 2006. (Biblioteca ETSE: Ref. A300 33)
- Fundamentos Físicos de la Informática y las Comunicaciones, Luis Montoto SanMiguel. Thompson Paraninfo, 2005. (Biblioteca ETSE: Ref. A300 32)
Bibliografía complementaria:
- Circuitos Integrados Digitales, J.M. Rabaey, A. Chandrakasan, B. Nikolic. Ed. Prentice Hall, 2004. (Biblioteca Física: 3 B10 92)
- Instalación y Mantenimiento de Sistemas Informáticos, José Carpio Ibañez y colaboradores. UNED, 2006.
- Electrónica de Potencia, Daniel W. Hart. Pearson Educación, 2001. (Física: Ref. B10 123)
- Diseño de Circuitos Microelectrónicos, Richard C. Jaeger, Travis N. Blalock, McGraw-Hill, 2006.
- Análisis Básico de Circuitos Eléctricos y Electrónicos, Txelo Ruiz Vázquez y colaboradores. Pearson Educación, 2004.
CompetenciasNesta materia promóvese que o estudante adquira un conxunto de competencias tanto de carácter global como específico. En particular, incídese no desenvolvemento das competencias CG8, CG11, TR1, TR2, TR3, FB1, RI4 e R9; tal e como se recollen na Memoria do Título de Grao en Enxeñería Informática da USC. Para acadar devandito obxectivo promóvese que o estudante adquira as seguintes destrezas e habilidades:
De carácter cognitivo:
1. Coñecer as leis básicas da electricidade e o magnetismo que teñen unha implicación directa no desenvolvemento dos sistemas informáticos.
2. Comprendelos principios fundamentais da física aplicados ós dispositivos electrónicos e fotónicos de interese para a Enxeñería Informática.
3. Familiarizarse cos fundamentos do deseño e optimización de circuitos integrados dixitais en base ás diferentes métricas de calidade: costo, velocidade, consumo de potencia e fiabilidade.
De carácter instrumental:
1. Comprendelos fundamentos da teoría de circuitos e a súa aplicación en circuitos de interese para a Enxeñería Informática.
2. Empregalo software axeitado para a resolución de problemas físicos aplicados ó ámbito da Enxeñería Electrónica.
3. Desenvolver destrezas na elaboración de informes científico-técnicos.
De carácter transversal:
1. Desenvolvelo espíritu e a metodoloxía científica no estudante, especialmente no marco dos dispositivos e sistemas electrónicos.
2. Promovelo rigor, a precisión e a claridade de razoamento nos hábitos do estudo e profesionais.
3. Potenciala creatividade, a aprendizaxe autónoma, a comunicación e o traballo en equipo.
Metodoloxía da ensinanza Esta materia enfócase cara a unha aprendizaxe por obxectivos. Neste senso e sendo conscentes do tempo adicado para a aprendizaxe dos contidos da materia, profundizarase nos conceptos físicos o exclusivamente necesario para comprendela súa implicación no desenvolvemento tecnolóxico dos sistemas informáticos. Esta tarefa levarase a cabo esencialmente nas clases expositivas.
Ó longo deste camiño, que vai desde os principios básicos da electricidade e o magnetismo ata a fabricación de circuitos integrados, faranse diferentes paradas e saídas da ruta establecida para describilos elementos esenciais en calquera sistema informático (microprocesadores, memorias, alimentación, periféricos de entrada e saida de datos). Estes elementos tocaranse na súa meirande parte en clases interactivas e seminarios.
En canto ao software, empregarase o simulador PSPICE integrado no paquete OrCAD de Cadence. A versión demo suministrada por Cadence é dabondo para completar todalas prácticas nas que se precise PSPICE.
Sistema de evaluaciónA cualificación da materia basearase nun proceso de avaliación continua ó longo do cuadrimestre combinado cun exame final.
A través da avaliación continua medirase o nivel de aproveitamento da materia, especialmente da docencia interactiva, por parte do estudante. A esta parte corresponderalle un 40% da cualificación global.
Ainda que a asistencia ás clases non é requisito imprescindible para supera-la materia, a falta de asistencia ás sesións interactivas e seminarios si podería ter repercusión na avaliación continua pois a meirande parte das mesmas debe realizarse no laboratorio correspondente.
O exame final consistirá nunha proba escrita a realizar ó final do cuadrimestre. Incluirá cuestións e exercicios de calquera parte da materia, con especial énfase na parte desenvolvida nas clases expositivas. A esta parte corresponderalle un 60% da cualificación global.
En caso de non superala materia na primeira oportunidade (Xuño), o estudante poderase presentar á segunda oportunidade, pero soamente para outra proba escrita que abarca o 60% da cualificación global. A cualificación asociada á avaliación continua terase en conta nas dúas convocatorias (Xuño e Xullo).
Dado que a avaliación continua é unha parte irrenunciable da materia, non se considerará como "Non presentado" a todos aqueles estudantes que foran cualificados total o parcialmente da parte asociada a devandita avaliación continua.
A aqueles alumnos repetidores que así o soliciten se lles manterá a cualificación da parte de avaliación continua no curso inmediatamente anterior ao actual.
Tempo de estudo e traballo persoalPara superala materia considérase un esforzo persoal correspondente a unhas 92 horas. Nestas incluese o tempo adicado ó estudo autónomo, á resolución de exercicios e á preparación de traballos.
Recomendacións para o estudo da materiaPara un mellor aproveitamento da materia recoméndase adicar 3 ou 4 horas semanais de traballo persoal ó longo do cuadrimestre e incrementala adicación durante as semanas sen docencia presencial.
É de especial importancia a asistencia a titorías e a participación activa durante as clases de carácter interactivo.
ObservaciónsNesta materia estúdanse a nivel electrónico moitos dos elementos e bloques funcionais introducidos na materia Sistemas Dixitais do primeiro cuadrimestre do primeiro curso. Por outra banda, parte dos contidos desenvolvidos na materia empregaranse noutras materias da titulación, concretamente naquelas nas que se incide na estructura do computador como son Fundamentos de Computadores (do segundo cuadrimestre do primeiro curso) e Enxeñería de Computadores (do segundo cuadrimestre do terceiro curso).
A comunicación xeral será prioritariamente en castelán. A comunicación persoal será en galego ou castelán segundo as preferencias de cada alumno.