Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

G4011107 - Estatística (Matemáticas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 25.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 14.00
  • Clase Interactiva Seminario: 10.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Estatística e Investigación Operativa
  • Áreas: Estatística e Investigación Operativa
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CRUJEIRAS CASAIS, ROSA MARIA.SI
FARALDO ROCA, PEDRO.NON
RODRIGUEZ CASAL, ALBERTO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo principal desta materia é que o alumnado se familiarice cos conceptos e técnicas básicas da estatística descritiva, da probabilidade e da inferencia estatística.



    Contidos
    TEMA 1. ESTATÍSTICA DESCRITIVA
    1.1 Conceptos xerais.
    1.2 Distribucións de frecuencias.
    1.3 Representacións gráficas.
    1.4 Medidas características: posición, dispersión e forma.
    1.5 Estatística descritiva bidimensional. Táboas de continxencia e recta de regresión.

    TEMA 2. FUNDAMENTOS DE PROBABILIDADE
    2.1 Experimento aleatorio. Sucesos e espazo mostral.
    2.2 Asignación e definición de probabilidade. Operacións con sucesos.
    2.3 Probabilidade condicionada. Independencia de sucesos.
    2.4 Resultados importantes.

    TEMA 3. VARIABLE ALEATORIA DISCRETA
    3.1 Variable discreta: función de masa de probabilidade e función de distribución.
    3.2 Medidas características.
    3.3 Modelos de distribucións discretas.
    3.4 Introdución ás cadeas de Markov.

    TEMA 4. VARIABLE ALEATORIA CONTINUA
    4.1 Variable continua: función de densidade e función de distribución.
    4.2 Medidas características.
    4.3 Modelos de distribucións continuas.
    4.4 Variables aleatorias bidimensionais. Dependencia e operacións.
    4.5 Aproximación de distribucións.

    TEMA 5. INTRODUCIÓN Á INFERENCIA ESTATÍSTICA E ESTIMACIÓN DE PARÁMETROS
    5.1 Introdución á inferencia estatística.
    5.2 Distribucións en poboacións normais.
    5.3 Estimación puntual de media, varianza e proporción. Propiedades.
    5.4 Estimación por intervalos de confianza.

    TEMA 6. CONTRASTE DE HIPÓTESES
    6.1 Introdución ao contraste de hipóteses.
    6.2 Procedemento de contraste.
    6.3 Contrastes nunha e en dúas poboacións.

    CONTIDOS DAS PRÁCTICAS: introdución a R; estatística descritiva; variables aleatorias; Cadeas de Markov; distribucións na mostraxe; intervalos de confianza e contraste de hipóteses; modelo de regresión lineal simple.


    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGAFÍA BÁSICA

    Cao, R. e outros (2005) Introducción a la Estadística y sus Aplicaciones. Pirámide
    Cao, R. e outros (1998) Estadística básica aplicada. Tórculo Edicións
    Devore, J.L. (2005) Probabilidad y Estadística para Ingeniería y Ciencias. Paraninfo.
    Montgomery, D. e Runger, G. (1996) Probabilidad y Estadística aplicadas a la Ingeniería. McGraw-Hill.


    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

    Febrero, M. et al. (2008) Estadística: ingeniería técnica en informática de sistemas. USC.
    Peña, D. (1991) Estadística, Modelos y Métodos (1 y 2). Alianza Universal.
    Quesada, V. e García, A. (1988) Lecciones de Cálculo de Probabilidades. Díaz de Santos.

    Competencias
    Dentro desta materia, tratarase de contribuír a que o alumnado acade as competencias recollidas na memoria do tÍtulo de Grao en Enxeñería Informática da USC: CG5, CG8, CG9, CG10, TR1,TR2, TR3, FB1, FB3, RI6 e TI5, ademais das seguintes competencias específicas dentro do Módulo de Matemáticas.
    - Expor e argumentar de forma clara as hipóteses e desenvolvementos empregados na resolución de problemas, utilizando a terminoloxía adecuada.
    - Reforzar o hábito de plantear interrogantes e a resolución de problemas como práctica científica.
    - Dominar a notación, método e vocabulario matemáticos para o modelado e estudo de casos.
    - Coñecementos das matemáticas que permitan resolver problemas relacionados coa enxeñaría.
    - Uso de ferramentas de software científico para a resolución de problemas de matemáticas no ámbito da enxeñaría.
    - Aplicar os conceptos básicos da probabilidade e a estadística, e utilizalos na resolución de problemas.

    En relación a esta última competencia, de xeito máis detallado, nesta materia tamén pretendemos que o alumnado adquira as seguintes competencias:

    - Saber sintetizar e describir unha grande cantidade de datos seleccionando os estatísticos adecuados ao tipo de variable e analizar as relacións existentes entre elas.
    - Saber formular problemas reais en termos estatísticos.
    - Saber comparar poboacións a partir de parámetros característicos e descoñecidos das mesmas.
    - Saber estimar parámetros descoñecidos dunha poboación a partir dunha mostra.
    - Coñecer os principios xerais dos modelos probabilísticos máis usuais.
    - Coñecer os principios e aplicacións dos contrastes de hipóteses estatísticos.
    - Ser capaces de planificar, coordinar e organizar un proxecto de traballo.
    - Ser capaces de traballar en equipo, de maneira colaborativa, e tamén de valorar a aprendizaxe autónoma.
    - Posuír destrezas no manexo de loxicais estatísticos.
    - Posuír unha actitude crítica e responsable ante os traballos encomendados.

    Metodoloxía da ensinanza
    Docencia expositiva (25 horas): nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará os conceptos teórico-práticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Tamén se resolverán algúns problemas tipo, de xeito que o alumnado poida traballar sobre os boletíns de exercicios que se lle facilitarán. No tocante ao material para o seguimento da materia, a maiores da bibliografía recomendada, o alumnado disporá de material docente complementario.

    Docencia interactiva (25 horas): a docencia interactiva distribúese en seminarios de resolución de exercicios na aula de clase e prácticas na aula de informática. Nestas sesións, introducirase ao alumnado no manexo do loxical R para a análise estatística de datos. Tamén se traballará sobre os casos prácticos que terán que resolver. Para o seguimento das sesión na aula de informática, facilitarase ao alumnado os guións das prácticas.

    Titorías (3 horas): as titorías están destinadas ao seguimento da aprendizaxe do alumnado. Realizaranse distintas actividades que permitan ao alumnado acadar unha visión de conxunto da materia e, ao mesmo tempo, lle permita identificar en que aspectos deben mellorar.
    Sistema de evaluación
    Avaliación continua (30%): a avaliación continua realizarase en base á participación en dous tipos de tarefas. A cualificación obtida consérvase entre convocatorias do mesmo curso académico. As actividades de avaliación continua comprenderán a resolución de casos prácticos (de xeito individual ou en grupo) utilizando o programa R. Tamén se proporán algúns exercicios de resolución individual a realizar de forma presencial e non presencial.

    Exame final (70%): o exame final constará de varias cuestións teórico-prácticas sobre os contidos da materia, dentro das que se poderá incluír a interpretación de resultados obtidos co loxical estatístico utilizado na docencia interactiva.

    Presentación á avaliación: considérase que o alumno concorre a unha convocatoria cando participa en actividades que lle permitan obter, cando menos, un 50% da avaliación final.

    O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de xullo) será o mesmo que na avaliación ordinaria.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    Nesta materia, o alumnado conta con 50 horas de docencia presencial (25 horas de docencia expositiva e 25 horas de docencia interactiva). Por cada hora de docencia expositiva, considérase necesario arredor de 1.5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).

    No tocante á docencia interactiva, por cada hora considérase necesaria unha hora para a revisión do que se traballou na clase. A maiores, o alumnado debe ter en conta que é necesario practicar a resolución de problemas (dos boletíns da materia ou da bibliografía recomendada).
    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia ás sesións expositivas e interactivas é fundamental para o seguemento e superación da materia. O alumnado deberá realizar tódalas actividades recomendadas polo profesorado (resolución de problemas, revisión de bibliografía e exercicios prácticos) para superar con éxito a materia.
    Observacións
    O material do curso poráse a disposición do alumnado a través do Campus Virtual da USC. Pretendemos que esta plataforma sexa a principal vía de comunicación co alumnado.

    Haberá un grupo de docencia integramente en inglés.