Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

G4011108 - Fundamentos de Computadores (Enxeñaría de Computadores) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 15.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 35.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación
  • Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Blanco Heras, Dora.NON
DIAZ BRUGUERA, JAVIER.SI
QUESADA BARRIUSO, PABLO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Con esta materia preténdese dar ao alumno unha visión completa da arquitectura básica dun computador, analizando polo miúdo os diferentes bloques funcionais dos que consta. Estúdase o impacto da tecnoloxía sobre a arquitectura dos computadores. Consideraranse, en particular, as técnicas mais importantes para o deseño do procesador e para o control doutras unidades funcionais, como a organización da memoria e os sistemas de entrada/saída.


    Contidos
    1. Introducción á arquitectura dos computadores

    2. Representación da información

    3. Repertorio de instrucións

    4. Aritmética do computador

    5. O procesador: camiño de datos e unidade de control.

    6. Xerarquía de memoria

    7. Entrada/Saída e buses


    Bibliografía básica e complementaria
    Textos básicos:
    - Patterson e Hennessy. Estructura y Diseño de Computadores: Interfaz Hardware/Software, 4ª edición. Ed. Reverte 2011.
    - Hamacher. Organización de Computadores, 5ª edición. McGraw Hill. 2003.
    - F. García, J. Carretero, J.D. García, D. Expóxito. Problemas resueltos de Estructura de Computadores. Ed. Paraninfo 2009.

    Textos complementarios:
    - Angulo, García y Angulo. Fundamentos y estructura de computadores. Ed. Thomson. 2003.
    - Baer. Computer System Architecture. Computer Science Press. 1980.
    - Hennessy e Patterson. Computer architecture, a quantitative approach. 4th edition. Morgan Kaufmann Pub. 2006.
    - Patterson e Hennessy. Computer Organization and Design. The hardware/Software interface. Morgan Kaufmann, 2004.
    - Stallings, W. Organización y Arquitectura de Computadores. Diseño para optimizar prestaciones. 4 edición. Prentice Hall. 1997.


    Competencias
    O alumno adquirirá os conceptos básicos do funcionamento dun computador e das técnicas para aproveitalos e aumentar o rendemento na súa programación. As competencias específicas que se adquiren nesta materia podense consultar na memoria do Grao en Enxeñaría Informática da USC, páxinas 20-28


    Metodoloxía da ensinanza
    O material de traballo para esta materia inclúe os libros básicos, dispoñibles na biblioteca, e a copia das transparencias utilizadas nas explicacións. Usarase soporte no Campus Virtual da USC. Non hai apuntes da materia

    As clases en grupos reducidos completarán os coñecementos impartidos nas clases teóricas. A actividade nestas clases inclúe problemas, prácticas e talleres. As prácticas faranse empregando os simuladores Simula3MS e SimulaCache, de libre distribución.

    Sistema de evaluación
    CONVOCATORIA ORIDINARIA (XUÑO)

    - Haberá un exame teórico (teoría e problemas) ao final do cuadrimestre (convocatoria ordinaria de Xuño). Será condición indispensable para aprobar esta materia superar este exame teórico. A súa valoración será o 60% da nota final.

    - Para o 40% da nota restante farase unha avaliación continua do alumno asociada ao traballo realizado nas clases en grupos reducidos. Na avaliación incluirase a realización de exercicios en grupo, traballos e tests de seguimento das prácticas realizadas. Será imprescindible aprobar esta parte de avaliación continua para superar a materia. A súa valoración será o 40% da nota final.

    A asistencia as clase en grupos reducidos no horario asignado para cada alumno só será obligatoria cando que vaian a levar a cabo actividades relacionadas coa avaliación. As datas destas actividades publicaránse na aula virtual ao comenzo do cuadrimestre. O control de asistencia se realizará mediante recollida de firmas. A non asistencia a algunha das probas de availación suporá ter unha nota de 0 nesa proba.

    CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (XULLO)

    - Haberá un exame teórico (teoría e problemas). Será condición indispensable para aprobar esta materia superar este exame teórico. A súa valoración será o 60% da nota final.

    - A nota obtida no proceso de avaliación continua conservarase para a convocatoria de Xullo. Será imprescindible para aprobar a materia superar esta avaliación continua na convocatoria ordinaria. A súa valoración será o 40% da nota final.

    NON PRESENTADO

    - A cualificación será "non presentado" cando o alumno non realice o exáme teórico e non se teña a presentado a máis dunha das probas de avaliación continua.

    MANTENEMENTO DA NOTA DA EVALUACIÓN CONTINUA

    Como norma xeral, a nota obtida na evaluación continua nas clases interactivas consérvase para as convocatorias posteriores. En cualquier caso é necesario consultar ao principio do curso cos profesores da materia para ratificar a conservación da nota
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases maxistrais: 16 horas presenciais e 24.5 de estudo autónomo por parte do alumno.
    Grupos reducidos: 10 horas presenciais e 15 de traballo persoal do alumno dedicado á aprendizaxe baseada en problemas e/ou casos. 25 horas presenciais e 37.5 de traballo persoal do alumno para a realizacón de prácticas e outros traballos de computador.



    Recomendacións para o estudo da materia
    Estudo continuado da materia cun esforzo activo na procura de materiais, realización de exercicios e preparación das prácticas. O coñecemento de nocións básicas de programación axudará á realización das prácticas de programación en linguaxe ensamblador. Así mesmo é necesario o dominio dos conceptos introducidos na materia Sistemas Dixitais do primeiro cuadrimestre.