Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

G4011201 - Organización e Xestión Empresarial (Organización e Xestión) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 15.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
  • Clase Interactiva Seminario: 15.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Organización de Empresas
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PICON GARCIA, MANUEL FERNANDO.NON
TABOADA ARJONA, JOSE LUIS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Este curso ten como obxectivo proporcionar aos alumnos unha visión estruturada da empresa, así como a aplicación das tecnoloxías da información e comunicación nos negocios, é como un proceso de apoio ou de empresas como un xénero en si, tales os procesos.

    Especificamente, concluíu o curso, os alumnos terán adquirido coñecementos sobre as seguintes cuestións:

    • A empresa, do seu contorno, os seus obxectivos, os tipos de empresas
    • O sistema empresarial. Marketing, finanzas e negocios.
    • A análise de viabilidade de negocios (técnica, económica e financeira)
    • Sistemas de información basados en TIC como un elemento fundamental do negocio hoxe.
    • Un modelo de referencia para a análise e xestión de TIC para o negocio.

    Contidos
    Parte I Organización e empresas.
    Tema 1. Organización e empresas. Concepto de organización. Concepto de empresa. O ambiente de negocios. Obxectivos. Tipos de empresas
    Tema 2. Marketing e comercialización
    Tema 3. Finanzas
    Tema 4. Organización (adquisicións, produción e recursos humanos)
    Parte II O Emprendedores
    Tema 5. O plan de negocio
    Tema 6. Organismos de atención a emprendedores.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica:
    Robbins, Stephen; DECENZO, David A. (2009)
    Fundamentos de Administración. 6 ª Ed Pearson.
    Kotler, Philip; Armstrong, Gary (2003)
    Fundamentos de Marketing. 6 ª Ed Pearson
    Miguez Caballero, Gonzalo; Domínguez TORREIRA, MARCO (2006)
    Finanzas para non financeiros. editoria Ideas Propias

    Complementaria:
    Proxectos, Consultoría (2007)
    Guía para a elaboración dun plan de negocio. IGAPE, BIC Galicia
    Domínguez González, José Francisco (2002). Emprendedores. Guía de iniciativas empresariais. Pirámide.

    Competencias
    - Contribuir a acadar as competencias recollidas na memoria do título de Grao de Enseñería Informática da USC (CG1, CG9, CG12, FB6, TI5, TR1, TR2, TR3).

    - Comprender os procesos empresariais das distintas áreas dunha organización.

    Metodoloxía da ensinanza
    Para o desenvolvemento da parte teórica establecense a seguintes pautas de actuación:
    - A exposición do tema e a presentación dos materiais de traballo se complementarán con exercicios e casos que fomenten a participación
    e o debate.
    - Explicacións axeitadas ó nivel de partida do alumnado. Se considera á asignatura como unha iniciación ós contidos establecidos.
    - Conexión entre os contidos transmitidos e a realidade. Tanto exemplos como casos, sempre que sexa posible versarán sobre feitos reais.
    Para o desenvolvemento da parte práctica establecense a seguintes pautas de actuación :
    - As clases prácticas desenvolveranse nunha sala de ordenadores. Empregarase EXCEL para a resolución de problemas relativos ós
    sistemas empresariais. Empregarase Internet: para a busca de documentación e materiais de traballo, para observar o estado actual da
    tecnoloxía e a sua aplicación ós procesos empresariais . O estudo dos contidos do tema 4 se apoirá na visita ós sitios en internet dos organismos obxeto de estudo.
    Utilizarase o aula virtual da USC como apoio á asignatura.
    Sistema de evaluación
    Debido ás características dos alumnos aos que se dirixe a materia, a realización dos casos e a participación do alumno nas
    distintas sesións prácticas que se realicen teñen unha gran importancia na avaliación do coñecemento e no control da aprendizaxe.

    A avaliación final realizarase mediante:
    1º) Proba escrita. Terá que ser superada cunha nota de 4 sobre 10 para aprobar a materia. Unha vez superada, seralle atribuído o 40% da cualificación final. O formato da proba escrita será de cuestións breves e/ou exame tipo test.
    2º) Elaboración e entrega dun plan de empresa, nas datas estipuladas. Ten que ser superado cunha valoración de 4 sobre 10 para aprobar a materia na convocatoria de xuño. Unha vez superado, seralle atribuído o 20% da cualificación final tanto na convocatoria de xuño como na extraordinaria de xullo.
    3º) Realización de traballos e supostos por parte do alumno nas sesións prácticas. Esta parte ten que ser superada cunha valoración conxunta de 4 sobre 10 para aprobar a materia. Aqueles alumnos que non superen esta parte durante o curso, poderán realizar un suposto de carácter práctico. Unha vez superada, seralle atribuído o 40% da cualificación final.

    A valoración daquelas partes superadas gardarase para a convocatoria de xullo.

    Na devandita convocatoria poderán realizarse as probas referidas tanto á parte teórica como a práctica, así como a entrega (con carácter voluntario) do plan de empresa. En caso de non entregar devandito plan, na nota final non serán considerados o 20 % que lle corresponde.

    Terán a cualificación de "non presentado" os alumnos que non realicen a proba escrita.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O traballo presencial do alumno no aula, consistirá en:
    - Clases maxistrais (15 horas)
    - Seminarios, aprendizaxe baseada en problemas e/ou casos en grupos reducidos (15 horas)
    - Sesións prácticas en grupos reducidos (20 horas)
    - Tutorías en grupos moi reducidos (3 horas)
    - Actividades de avaliación (5 horas)
    58 horas de traballo presencial no aula
    O traballo persoal do alumno consistirá en:
    - Estudo autónomo (42 horas)
    - Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos (25) horas.
    - Programación / experimentación ou outros traballos en ordenador / laboratorio (20 horas)
    - Avaliación de traballos, proxectos, exames, ? (5 horas)
    92 horas de traballo persoal do alumno

    Recomendacións para o estudo da materia
    É recomendable que los alumnos traballen sobre a materia ó longo do cuatrimestre, leven ó día os conceptos teóricos e, deste modo
    apliquen con proveito estes coñecementos ós casos prácticos e exercicios que se irán propoñendo.