G4011223 - Sistemas Operativos I (Materias Transversais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 22.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 28.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Electrónica e Computación
- Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA materia Sistemas Operativos pretende dar ao alumno unha visión xenérica dos sistemas operativos dos computadores convencionais. De esta xeito, os principais obxectivos da materia son:
- Comprender os conceptos e problemas específicos dos Sistemas Operativos.
- Analizar os aspectos funcionais máis relevantes dos Sistemas Operativos, así como a sua estrutura e funcionamento interno.
- Introducir a interfaz de programación de Sistemas Operativos reais (POSIX e Win32) para profundizar no laboratorio nos conceptos vistos previamente.
Nesta materia o alumno adquirirá coñecementos sobre a estructura xeral dos sistemas operativos e a sua funcionalidade. Así mesmo se exercitará a expresión oral técnica, a capacidade de organización e planificación e a capacidad de aplicación práctica dos coñecementos teóricos.
ContidosNesta materia non se pretende formar ao alumno en habilidades e técnicas dependentes da tecnoloxía dispoñible en cada momento como a implantación, instalación ou actualización dun sistema operativo particular; se non que se pretende que coñeza as funcionalidades invariantes dos sistemas operativos, a sua estrutura, e a maneira na que resolve a xestión dos recursos hardware, a administración dos programas e aplicacións, e de como se establece a interfaz con o usuario. É decir, non se estudia o sistema operativo dende o punto de vista do usuario, se non dende o do deseñador. Ademáis o estudio faise de maneira xenérica, sen entrar nas peculiaridades de nengún sistema operativo específico. De todos xeitos, tanto os exemplos utilizados en teoría como as prácticas propostas se desenvolven sobre un dos sistemas operativos máis ampliamente difundidos, Linux
A materia dividese en 6 temas:
1. Introducción aos sistemas operativos.
2. Procesos e fíos. Planificación.
3. Xestión da memoria.
4. Xestión de arquivos e directorios.
5. Xestión da entrada/salida.
6. Introducción á seguridade.
Bibliografía básica e complementariaO libro básico sobre que se desenvolven os contenidos teóricos da materia é:
- Andrew S. Tanenbaum. Sistemas operativos modernos (3ª edición). Editorial Prentice-Hall, 2009.
Ademáis deste libro eé recomendable a consulta dos seguintes libros:
- J. Carretero, F. García, P. de Miguel y F. Pérez. Sistemas Operativos: una vision aplicada (2ª ed.), McGraw-Hill, 2007.
- G. Nutt. Sistemas operativos (3ª ed.), Addison Wesley. 2004.
- W. Stallings, Sistemas operativos (5ª ed.), Prentice Hall. 2005.
- S. Candela, C.R. García, A. Quesada, F.J. Santana y J.M. Santos. Fundamentos de Sistemas Operativos, Thomson Paraninfo, 2007.
- D. M. Dhamdhere. Sistemas operativos. Un enfoque basado en conceptos. (2ª edición). McGraw-Hill, 2008.
- J. Carretero, F. García y F. Pérez. Prácticas de sistemas operativos: de la base al diseño, McGraw-Hill, 2002.
CompetenciasTras superar esta materia, o alumno terá un coñecemento preciso do mecanismo de funcionamento dun computador moderno, de cómo se xestiona o seu hardware e de cómo se organiza a execución de diferentes programas. Coñecerá algunhas funcións de manexo de procesos e dispositivos a nivel de chamadas ao sistema operativo, e será capaz de aproveitar as funcionalidades da sua xestión para optimizar o uso dun computador. Tamén adquirirá coñecementos sobre algúns sistemas operativos actuais, e se prestará unha especial atención a Linux.
Os coñecementos e habilidades que adquiere o alumno son xerais, e non específicos dun sistema operativo particular. Esto fai que o alumno teña capacidade para comprender e manexar cualquier sistema operativo, e poida adaptarse a novas evolucións, ao dominar os fundamentos.
De xeito máis esquemático, as competencias que adquirirá o alumno son as indicadas na memoria do título para esta materia (páxinas 20-29)
- Competencias globais: CG4, CG8, CG9
- Competencias transversais: TR1, TR2, TR3
- Competencias asociadas aos módulos: FB4, RI10
Metodoloxía da ensinanza O material de traballo para esta materia inclúe os libros dispoñibles na biblioteca. A ferramenta fundamental usada polo alumno será o libro básico indicado na bibliografía e as transparencias utilizadas nas explicacións en clase. O aprendizaxe do alumno tamén estará apoiado na enseñanza virtual, a través do Campus Virtual da USC.
Nas clases expositivas o profesor presentará e desenvolverá os aspectos fundamentais de cada un dos temas da materia. Os contidos que se abordan nestas clases van ser suficientes para que se poidan realizar as prácticas da materia; ademais, se explicarán todos os conceptos que se van a exixir para aprobar a materia.
Nas clases interactivas vanse realizar tres tipos de actividades, as prácticas, os test de evaluación das prácticas e a presentación de traballos. Durante as sesiones de prácticas o alumno resolverá problemas sinxelos complementarios aos contenidos explicados nas clases expositivas.
Sistema de evaluaciónA avaliación da aprendizaxe basearase na realización efectiva dunha avaliación continua e un exame final de teoría. Esta avaliación estará fundamentada na realización efectiva por parte dos alumnos das prácticas e exercicios propostos ao longo do cuadrimestre durante estas clases, na realización dos traballos propostos, e na realización dun exame final sobre todos os contidos da materia. Para aprobar a materia é imprescindible ter as prácticas aprobadas.
Polo tanto, a evaluación da asignatura consta de dos apartados que se evalúan de maneira independente: teoría e prácticas
A parte teórica supón o 50% da calificación final e a parte práctica supón o 50%. En cualquier caso, para superar a asignatura é requisito imprescindible aprobar a parte teórica.
A asistencia ás prácticas non é obligatoria pero a súa realización si. Cada unha das prácticas propostas terá unha data concreta de finalización. Pasada está data, a práctica será considerada como non feita. Ao rematar cada unha das prácticas propostas, o alumno deberá enviala ao profesor. As prácticas serán avaliadas mediante test, que se realizarán nas clase interactivas con posterioridade á finalización da práctica, e a valoración que da mesma faga o profesor.
Non vai a a haber examen final de prácticas, nen no período de avaliación de febreiro nen no de xullo, éstas teñen que aprobarse coa asistencia regular ás mismas e os test de evaluación. Este criterio de evaluación será válido para todas as convocatorias.
Sin embargo, si o alumno superou as prácticas nunha convocatoria correspondente a un curso académico anterior non será necesario que as volva a realizar; é decir, unha vez aprobadas as prácticas, mantense o aprobado para as convocatorias seguintes, excepto si as prácticas se cambian de xeito sustancial dun cursos para outro. En cualquier caso, é obligatorio que os alumnos que teñan superadas as prácticas nunha convocatoria anterior pero non teñen aprobada a materia contacten co profesor ao comenzo do curso.
O alumno recibirá a cualificación de "non presentado" cando non faga o exaḿe de teoría nen ningún dos tests de evaluación das prácticas.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia consta de 22 horas de docencia expositiva, 27 horas de clase interactivas por alumno, que se impartirán en grupos de 20 alumnos, e 3 horas de titorías en grupos reducido por alumno.
O tempo que o alumno deberá destinar a traballo personal e estudio estimouse en 56 horas de estudio autónomo, 15 horas de escritura de exercicios ou outros traballos, 25 horas de programación ou outros traballos en ordenador. O total de horas de traballo persoal do alumno é de 96 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaRecomiendase a asistencia a clase de docencia expositivia, ónde se exporán os conceptos básicos da materia, a realización dos traballos propostos polo profesor e la asistencia as clases de docencia interactiva
ObservaciónsPrerrequisitos: É necesario saber programar en C. É convinte ter cursada a materia de fundamentos de computadores para coñecer a estructura básica dun computador