Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

G4011224 - Redes (Materias Transversais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 15.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 35.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación
  • Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CABALEIRO DOMINGUEZ, JOSE CARLOS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo desta materia é presentar os principios básicos da arquitectura de redes. Estúdanse as distintas alternativas de interconexión de redes, os modelos de capas e os protocolos básicos dentro de cada capa, considerando a programación das redes a nivel de transporte e IP. Estúdanse tamén diferentes mecanismos para o control da conxestión e os principais protocolos de encamiñamento en redes de área ampla. A materia finaliza co estudio das redes de área local e as tarxetas de rede a nivel de capa de enlace. Por último, complementaremos os estudios teóricos con implementacións básicas dalgúns dos algoritmos e protocolos estudados.

    Esta é a primeira materia de redes que se imparte no grado polo que se centra nos principios e funcionamento dos protocolos básicos. Outras materias da titulación tratan tamén de redes, pero se centran noutros aspectos, tales como modelos comerciais de redes, deseño, administración, programación distribuída, etc. Esta primeira materia aporta os coñecementos básicos de redes que se utilizarán máis adiante na titulación.
    Contidos
    1. Introducción. Neste tema darase unha visión xeral de todo o que se tratará ao longo do curso.
    - Programación de sockets (TCP e UDP)
    - Elementos de Internet (hosts, routers, conexións, provedores,... )
    - Tipos de protocolos (orientación a conexión e sen conexión)
    - Tipos de redes (difusión, conmutación)
    - Acceso a Internet. Medios de transmisión.
    - Retardos en Internet.
    - Arquitectura. Modelo de capas. TCP/IP

    2. Capa de aplicación. Neste tema trátase a transmisión de mensaxes entre aplicacións: web, correo, etc, que son as que xustifican os requerimientos e o modo de funcionamento das redes.
    - Servidores e clientes
    - Servicios que precisa unha aplicación
    - La web e HTTP. O protocolo FTP
    - O correo electrónico. SMTP, POP3, IMAP
    - Servicio de nomes. DNS
    - Distribución de contidos

    3. Capa de transporte. Este tema trata sobre unha das capas básicas da arquitectura TCP/IP, esencial para a transmisión de paquetes.
    - Características xerais e clasificación
    - Servicio sen conexión. UDP
    - Fundamentos da transferencia fiable
    - Control de fluxo: retransmisión adaptativa, ventá corrediza
    - Servicio orientado a conexión. TCP
    - Control da conxestión

    4. Capa de rede. Esta é outra capa básica da arquitectura TCP/IP, esencial para que os paquetes poidan ser encamiñados cara ao seu destino.
    - Técnicas de conmutación: datagramas, circuítos virtuais
    - Algoritmos de estado de enlaces e vector de distancias
    - Estratexias de encamiñamento. RIP, OSPF, BGP
    - O protocolo de Internet (IP e IPv6)
    - O protocolo de mensaxes de control de Internet (ICMP)
    - O protocolo de configuración dinámica de hosts (DHCP)
    - Tradución de direccións de rede (NAT)

    5. Capa de enlace. Neste tema verase basicamente o funcionamento das tarxetas de rede e das redes locais.
    - Función da capa de enlace
    - Protocolos de acceso ao medio. Ethernet
    - Hubs, bridges e switches
    - Redes sen fíos
    - Modo de transferencia asíncrona (ATM)

    Prácticas: Programación de TCP/IP en C. Nas prácticas realizarase a programación dalgúns dos conceptos e protocolos vistos en teoría usando as funcións e estruturas dispoñibles en forma de librerías C (direccións, portos, servizo de nomes, sockets, etc).

    Bibliografía básica e complementaria
    As transparencias utilizadas na clase están dispoñibles no Campus Virtual da USC.

    Bibliografía básica:
    - J.F. Kurose y K.W. Ross, "Redes de Computadores. Un enfoque descendente", 5ª edición ISBN: 9848478291199, 2010, Pearson Educación S. A. Este libro é autocontenido e abarca todos os temas que se tratarán na materia. Contén todo o necesario para seguir a materia, ademais de moito material adicional. É un libro de redes pensado para informáticos.
    - Computer networks: a systems approach (5ª ed.), Larry L. Peterson e Bruce S. Davie, Morgan Kaufmann, 2011. Este é un libro moi completo e que supón un bo material de referencia para esta materia.

    Bibliografía complementaria:
    - D.E. Comer, D.L. Stevens e M. Evangelista, "Internetworking with TCP/IP, Vol. III: Client-Server Programming and Applications, Linux/Posix Sockets Version", ISBN: 0130320714, 2001, Prentice Hall. Un dos libros que explican a librería sockets, utilizada nas prácticas, aínda que hai dispoñibles en Internet infinidade de tutoriales sobre o tema.
    - W. Stallings, "Comunicaciones y redes de computadores", 7ª edición, 2013, Perason Prentice-Hall
    - D. E. Comer e D.L. Stevens, "Internetworking with TCP/IP Vol. III Client-Server Programming and Applications-Windows Sockets Version", ISBN: 0138487146, Prentice-Hall
    - M. Donahoo e K. Calvert, "TCP/IP Sockets in C: Practical Guide for Programmers (The Practical Guides Series)", 2ª edición, 2009, Morgan Kaufmann
    - E. Magaña, E. Izme Mendi, M. Prieto Mínguez e J. Villadangos Alonso, "Comunicación y Redes de Computadores. Problemas y Ejercicios Resueltos", ISBN: 8420539201, 2003, Pearson Prentice Hall
    - N. Barcia Vázquez e outros, "Redes de computadores y arquitecturas de comunicaciones: supuestos prácticos", ISBN 8420546070, 2005 Pearson

    Competencias
    Contribuíese a acadar as competencias recollidas na memoria do título de Grado en Enxeñería Informática CG8, CG9, CG10, TR1, TR3, FB5, RI11, TI2 e TI3.

    Máis concretamente, para as competencias específicas desta materia adquiriranse os conceptos básicos de funcionamento das redes de área local e de Internet e da súa programación con TCP/IP, que representan gran parte da competencia RI11 e contribúen ás competencias FB5, TI2 e TI3 e ás globais CG8, CG9 e CG10.

    Ademais, desenvolveranse as seguintes competencias genéricas: capacidade para resolver problemas, capacidade de análise e síntese, capacidade de organización e planificación, capacidade de xestión de información (captación e análise de información), toma de decisións, capacidade de aplicar os coñecementos á práctica, habilidade para traballar de forma autónoma e expresión escrita, que forman parte das competencias transversais TR1 e TR3.
    Metodoloxía da ensinanza
    Nas clases teóricas farase uso da pizarra e puntualmente de sistemas multimedia e transparencias. A metodoloxía didáctica centrarase especialmente no traballo individual dos alumnos.

    As prácticas faranse na Aula de Informática da escola. Procurarase que os alumnos traballen individualmente na sua realización.

    Adicionalmente farase uso, na medida do posible, das capacidades da USC-Virtual. Na páxina da materia o alumno poderá obter unha copia en formato dixital do material usado nas clases teóricas e prácticas, así como material suplementario e enlaces a páxinas web relacionadas cos contidos da materia.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da aprendizaxe basearase na realización efectiva dunha avaliación continua e un exame final de teoría. Esta avaliación estará fundamentada na asistencia ás clases interactivas, na realización efectiva por parte dos alumnos das prácticas propostas ao longo do cuadrimestre durante estas clases e na realización dun exame final de teoría sobre todos os contidos da materia. Para aprobar a materia é imprescindible ter aprobado tanto as prácticas como o exame final.


    ASISTENCIA ÁS CLASES INTERACTIVAS

    Debido ao carácter eminentemente práctico da materia, a asistencia ás clases interactivas é requisito obrigatorio para superar a mesma tanto na oportunidade ordinaria (final do cuadrimestre) como na extraordinaria (xullo). As prácticas só se poderán realizar no horario das clases interactivas na aula correspondente, non pudendo, en ningún caso, ser substituídas pola realización de traballos autónomos nin exame de prácticas.

    O número de horas que o alumno pode faltar ás clases interactivas, sen xustificación, non debe ser superior a 6 horas. No caso de que o alumno falte máis de 6 horas sen xustificar adecuadamente esas faltas, terá suspensa a parte práctica.

    Se as faltas prodúcense por causa xustificada (segundo figura na normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, aprobada en CG de 25 de marzo de 2010) debidamente acreditada, o alumno poderá optar ben por intentar realizar pola súa conta as prácticas que non puido realizar na aula, ou ben por recuperar esas horas noutras quendas de prácticas.

    O control de asistencia nas clases interactivas farase pasando lista na clase e reflectindo a asistencia nunha folla de firmas.

    A asistencia a todas as clases interactivas terase en conta positivamente na cualificación final.


    AVALIACIÓN CONTINUA DAS PRÁCTICAS

    Cada unha das prácticas propostas terá unha data concreta de finalización. Pasada está data, a práctica será considerada como non feita. Ao rematar cada unha das prácticas propostas, o alumno deberá presentala diante do profesor, que lle poderá facer cuestións sobre a mesma. No caso de que a práctica implique a realización dalgún traballo (informe, resume de resultados) este deberá ser remitido ao profesor antes da data de finalización da práctica.

    En base á avaliación das prácticas realizada na aula polo profesor e aos traballos enviados, darase unha nota de 0 a 10 sobre as prácticas. Para ter as prácticas superadas, deberase obter unha nota de 5 ou superior. No caso de obter unha nota inferior a 5, o alumno terá suspensa a parte práctica tanto na avaliación ordinaria como na extraordinaria.

    A nota das prácticas terá un peso dun 35% na cualificación final da materia.


    OPORTUNIDADE ORDINARIA

    Ao final do cuadrimestre realizarase un exame teórico de todo o contido da materia. A superación desta proba é requisito imprescindible para aprobar a materia. A nota obtida neste exame terá un peso dun 65% na cualificación final.

    Aqueles alumnos que tiveran faltado máis de 6 horas sen xustificar adecuadamente esas faltas ou que teñan as prácticas suspensas terán suspensa a materia.


    OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA DE XULLO

    Na oportunidade extraordinaria de xullo non hai posibilidade de recuperar a parte práctica. Os alumnos que non asistiron regularmente ás clases interactivas e os que teñen a parte práctica suspensa non poderán recuperar esta parte na oportunidade extraordinaria de xullo e, polo tanto, terán suspensa a materia.

    No mes de xullo realizarase un exame teórico de todo o contido da materia. A superación desta proba é requisito imprescindible para aprobar a materia. A nota obtida neste exame terá un peso dun 65% na cualificación final.


    CONDICIÓN DE APROBADO

    Para aprobar a materia é necesario que se cumpran todas as seguintes condicións:

    a. Ter asistido ás clases interactivas, baixo as condicións antes expostas.
    b. Ter aprobadas as prácticas.
    c. Ter aprobado o exame teórico.


    CONDICIÓN DE NON PRESENTADO

    Terase a condición de non presentado cando non se asista ao exame teórico.


    ALUMNADO REPETIDOR

    Por regra xeral, o alumnado repetidor someterase ao mesmo réxime que o alumnado ordinario, debendo asistir ás clases interactivas baixo as condicións antes expostas. Nos casos nos que a cualificación das prácticas sexa superior a un 7, poderase gardar as prácticas realizadas dun curso para outro.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A distribución estimada das horas a dedicar á materia é como segue:

    15 horas de clases maxistrales
    10 horas de aprendizaxe baseada en problemas en grupos reducidos
    25 horas de prácticas
    Un total de 50 horas de traballo presencial. O traballo autónomo do alumno aproximado é 100 horas, que inclúen o estudio autónomo, escritura de exercicios e traballos, preparación das prácticas, avaliación de traballos, etc.

    O total de horas é 150 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    A constancia no estudo e na asistencia ás prácticas é unha das claves para estudar esta materia. É moi importante para que a materia resulte doada que se vaia estudando ao día, deste xeito rendibilízanse as explicacións recibidas na clase. Ademais, unha actitude seria nas prácticas vai permitir que os conceptos se vaian afianzando e que se poidan abordar exercicios cada vez máis complicados sen demasiado esforzo.

    É necesario ter adquirido con anterioridade un coñecemento básico de programación en linguaxe C.

    Observacións
    As clases impártense en castelán.