Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

G4011226 - Bases de Datos II (Sistemas de Información) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 11.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 26.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación
  • Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Ríos Viqueira, José Ramón.SI
Triñanes Fernández, Joaquín Ángel.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo global de esta materia e proporcionar un coñecemento avanzado sobre o desenvolvemento de aplicacións baseadas na tecnoloxía relacionada cos sistemas de bases de datos. En primeiro lugar analizaránse aspectos relacionados co procesamento de transaccións, a recuperacións, a concorrencia e a seguridade e sobre como implementar estes aspectos nas aplicacións baseadas en bases de datos. A continuación cérrase a metodoloxía de deseño estudando aspectos relacionados co axuste do rendemento dentro do concepto de deseño físico. Por último repasánse temas de xestión avanzada da información: datos temporais, bases de datos distribuidas, etc.
    Contidos
    Teoría:

    Programación con SQL
    Xestión de transaccións: Transaccións, Concorrencia e Recuperación.
    Seguridade.
    Implementación de SXBDs.
    Xestión avanzada da información: BD baseadas en obxectos, sistemas de apoio a toma de decisións, recuperación de información, BD distribuidas e BD XML.

    Práctica:

    Desenvolvemento de aplicacións avanzadas baseadas en bases de datos.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía Básica

    * A. Silberschatz, H.F. Korth y S. Sudarshan (2006), Fundamentos de Bases de Datos, 5ª Edición, McGraw-Hill (ISBN 84-481-4644-1). Este é o libro de referencia da materia.

    * T.M. Connolly y C.E. Begg (2005), Sistemas de bases de datos, 4ª Edición, Pearson (ISBN: 84-7829-075-3). Este libro utilizarase como enlace coa materia BDI sobre todo na
    parte de metodoloxía de deseño de bases de datos.


    Bibliografía Complementaria
    * C.J. Date (2001), Introducción a los Sistemas de Bases de Datos, 7ª Edición, Pearson (ISBN 968-444-419-2). Utilizase para proporcionar unha visión distinta a do libro de referencia en algúns temas da parte de xestión avanzada da información.

    * R. Elmasri y S.B. Navathe (2007), Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos, 5ª Edición, Pearson Education S.A (ISBN: 978-84-7829-085-7).


    Competencias
    Contribuír a acadar as competencias recollidas na memoria do titulo de Grao en Enxeñería Informática da USC
    (CG2, CG4, CG8, CG9, TR1, TR2, TR3, FB4, RI1, RI5, RI12, RI13, RI14, TI5)

    a) Modelar e deseñar bases de datos
    b) Xestionar bases de datos con SQL
    c) Desenvolver aplicacións que precisen acceso a bases de datos
    d) Coñecer os fundamentos da administración das bases de datos
    e) Coñecer opcións avanzadas de xestión da información
    f) Ser capaz de elixir a tecnoloxía de xestión de información máis apropiada para cada aplicación
    g) Coñecer as técnicas básicas para a implementación de SXBDs.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía desta materia está baseada na seguinte listaxe de actividades que se realizarán durante o curso:

    1 Clases expositivas nas que se traballarán os contidos teóricos da materia.

    2 Realización de pequenos traballos individuais e en grupos pequenos (máximo 3 persoas). O obxectivo destes traballos é que o alumnado tome contacto coa problemática da materia antes de ser tratada nas clases maxistrais.

    3 Realización de tarefas prácticas en grupos. Nestas actividades utilizarase unha metodoloxía de aprendizaxe baseada en casos para o desenvolvemento de aplicacións avanzadas baseadas en BD, aplicando coñecementos de deseño físico, optimización e xestión de transaccións.

    4 Traballo en grupo sobre xestión avanzada da información. Nesta actividade aplicarase unha metodoloxía de aprendizaxe cooperativo para traballar os contidos relacionados coa xestión avanzada da información.

    5 Seguimento e avaliación. Nestas actividades o profesor fará un seguimento do traballo realizado polos alumnos nas actividades 3 e 4 proporcionando retroalimentación aos alumnos sobre a avaliación das competencias a), b), c), e) e f).

    6 Avaliación mediante exames. Durante o curso faranse dous exames na convocatoria ordinaria e outro exame na convocatoria extraordinaria, que avaliarán as competencias relacionadas coa parte teórica da materia. As competencias a avaliar nestes exames dividirase en tres partes, I, II e III.

    Sistema de evaluación
    Período ordinario (Xuño):

    A avaliación da aprendizaxe nesta materia farase en dúas partes:

    1 Avaliación Continua(60%): Faise nas actividades 2, 3, 4 e 5. Dentro da avaliación continua, a actividade 2 terá un peso do 10%, a actividade 3 terá un peso do 70% e a actividade 4 terá un peso do 20%.

    2 Avaliación mediante exames(40%): Os pesos das partes I, II e III dos exames serán, respectivamente do 50%, 40% e 10%. No exame 1, avaliarase a parte I. No exame 2 avaliaranse as partes II e III, e poderá, opcionalmente, recuperarse a parte I (A nota desta parte I no exame 2 calcularase mediante un 30% para a nota acadada no exame I e un 70% para a nota acadada no exame 2).

    Para superar a materia será preciso superar de forma individual a avaliación continua e as partes I e II da avaliación mediante exames. Considerarase como presentado calquera estudante que participe en un dos casos da actividade 3 ou faga un dos exames da actividade 6.

    Período Extraordinario(Xullo):

    A avaliación da aprendizaxe farase en dúas partes:

    1 Avaliación continua(60%): A nota acadada na avaliación continua da convocatoria ordinaria terá un peso do 30%. Ademais, o estudante terá que facer un traballo individual relacionado coa actividade 3 da metodoloxía que terá un peso do 70%.

    2 Avaliación mediante exames (40%): O estudante terá que facer un exame final das tres partes, I, II e III. Os pesos de cada parte será o mesmo que na convocatoria ordinaria. A nota da avaliación mediante exames calcularase con un peso do 30% para a avaliación mediante exames da convocatoria ordinaria e un 70% para o exame final.

    Para aprobar a materia haberá que superar tanto a avaliación continua como, de forma individual as partes I e II da avaliación mediante exames. Considerarase como presentado a todo estudante presentado no período ordinario de xuño ou que se presente ao exame final de xullo.

    Non se conservarán notas entre convocatorias de distintos cursos.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo recomendado para superar esta materia inclúe a participación nas 12 horas de docencia expositiva, o traballo durante as 26 horas de docencia interactiva. Ademais destas horas, o estudante terá que dedicar un mínimo de 20 horas ao estudio, un mínimo de 40 horas a elaboración de prácticas e traballos e un mínimo de 12 horas á preparación das distintas avaliacións.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Para superar esta materia recomendase o traballo continuo nas distintas actividades durante todo o cuadrimestre. Para seguir de forma apropiada as explicacións das clases expositivas será necesario ter lido e reflexionado o material correspondente da bibliografía básica. Para levar a cabo as actividades 3 e 4 de forma exitosa será moi importante a planificación correcta do tempo de traballo autónomo do que dispón o estudiante e a colaboración dentro dos grupos nos que se atope.