G4011227 - Sistemas Operativos II (Materias Transversais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 11.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 28.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 40.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Electrónica e Computación
- Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo principal desta materia é que o alumno teña un coñecemento profundo acerca dalgúns elementos crave do funcionamento dun Sistema Operativo que non foron estudados na materia de "Sistemas Operativos". Os aspectos sobre os que se fará un especial fincapé son: o coñecemento a baixo nivel de aspectos de deseño e planificación de recursos dun sistema operativo real, o coñecemento sobre o deseño de aplicacións multitarea e multifío, o coñecemento sobre os mecanismos de comunicación e sincronización de procesos e fíos, así como o tratamento dos interbloqueos e a introdución a sistemas operativos en tempo real e sistemas operativos distribuídos. Tamén se aborda unha introdución aos interfaces de liña de comandos ou shells.
Contidos1. Comunicación e sincronización entre procesos e fíos.
2. Interbloqueos.
3. Sistemas operativos distribuídos.
4. Sistemas operativos en tempo real.
5. Programación do shell.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Andrew S. Tanenbaum. Sistemas operativos modernos (3ª edición). Editorial Prentice-Hall, 2009.
Bibliografía complementaria:
- J. Carretero, F. García, P. de Miguel e F. Pérez. Sistemas Operativos: unha vision aplicada (2ª ed.), McGraw-Hill, 2007.
- D. M. Dhamdhere. Sistemas operativos. Un enfoque baseado en conceptos. (2ª edición). McGraw-Hill, 2008.
- A. Silberschatz, P.B. Galvin e G. Gagne, Fundamentos de Sistemas Operativos (7ª ed.), Mc Graw Hill, 2005.
- W. Stallings, Sistemas operativos (5ª ed.), Prentice Hall. 2005.
- A.S. Tanenbaum e A.S. Woodhull. Sistemas Operativos: Deseño e Implementación (2ª ed.), Prentice-Hall, 1998.
- A. Silberschatz, P.B. Galvin and G. Gagne. Applied Operating Systems Concepts (Windows XP Update), John Wiley Sons, 2003.
Competencias- Coñecer a estrutura e funcionamento interno e a baixo nivel dos sistemas operativos.
- Escoller o sistema operativo máis adecuado en función dos requisitos software, hardware e de uso.
- Manexar as funcionalidades ofrecidas por un sistema operativo, sacando proveito do seu uso eficiente.
- Manexo fluído de shells para interaccionar co S.O.
- Coñecer os fundamentos dos sistemas operativos de tempo real.
- Coñecer os fundamentos dos sistemas operativos distribuídos.
- Comprensión de conceptos relacionados as funcionalidades dos sistemas operativos.
- Manexo práctico destes conceptos: APIs de programación, mellora do rendemento de aplicacións, o planificador, os shell, etc.
- Caracterización dos sistemas operativos e determinación das súas características máis relevantes.
- Contribuír a acadar as competencias recollidas na memoria do titulo de Grao en Enxeñería Informática da USC, en particular das seguintes: CG3,CG4,CG6,CG8,CG9,CG10,TR1,TR2, TR3, FB4, FB5, RI1, RI5, RI9, RI10 e RI14.
Metodoloxía da ensinanza O material de traballo para esta materia inclúe os libros dispoñibles na biblioteca. A ferramenta fundamental usada polo alumno será o libro básico indicado na bibliografía. A aprendizaxe do alumno tamén estará apoiado no ensino virtual, a través das ferramentas dispoñibles no Campus Virtual da USC.
Procurarase que os alumnos traballen individualmente na realización das prácticas, aínda que, de ser necesario, poderíanse organizar por parellas.
A metodoloxía didáctica centrarase especialmente no traballo individual dos alumnos, e farase un especial esforzo para fomentar a discusión co profesor na clase e o uso das tutorías individuais. Tamén se tentará promover nos alumnos a capacidade de transmisión oral de coñecementos a través de exercicios en grupo e presentacións na clase.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia consta de dous apartados que se avalían de xeito independente: a teoría e as prácticas.
A parte teórica avaliarase nun exame final e supón o 65% da cualificación final, mentres que a parte práctica avaliarase de maneira continuada no laboratorio e supón o 35%. A asistencia ás sesións de prácticas será obligatoria e a sua validación farase mediante control de firmas. A evaluación das mesmas será contínua.
En calquera caso, para superar a materia é requisito aprobar cada unha das partes de maneira independente. Este criterio será utilizado en todas as convocatorias da materia. Os alumnos que non teñan superadas as prácticas en xuño non poden aprobar a materia na convocatoria de xullo.
A cualificación das prácticas conservase nas convocatorias do mesmo curso académico, non así a da teoría.
Considerarase a cualificación de "Non Presentado" aos alumnos que non se presenten ao exame final de teoría.
Este sistema de avaliación é aplicable os alumnos repetidores.
Tempo de estudo e traballo persoalEstímase que o tempo de traballo do alumno correspóndese con 18 horas de actividade presencial na aula e de 24 no laboratorio de prácticas. Ademáis estímase un esforzo de 70 horas de traballo autónomo.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase un traballo continuado de revisión da teoría coa bibliografía recomendada e a asistencia e participación activa tanto nas prácticas como nas clases teóricas.
ObservaciónsÉ recomendable ter superada a materia de Sistemas Operativos I.