G4011323 - Desenvolvemento de Aplicacións Web (Enxeñaría Web) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 5.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 48.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 54.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Electrónica e Computación
- Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo da materia é formar o alumno nos conceptos e terminoloxía básicos necesarios para acometer proxectos relacionados coa programación en Internet. Concretamente a materia formúlase dotar o alumno das ferramentas básicas utilizadas hoxe en día para a programación de sistemas distribuídos na web. Entre as devanditas ferramentas figuran a linguaxe HTML para a creación de páxinas web, o formato destas mediante follas de estilos CSS, a creación de páxinas web dinámicas, mediante linguaxes de script, (Javascript), o uso de linguaxe XML, a programación no lado do servidor, mediante servlets, JSP e PHP e o acceso a bases de datos mediante JDBC.
Contidos1. Introdución
2. HTML
- Introdución
- Características xerais
- Presentación de texto
- Imaxes
- Bloques
- Enlaces
- Táboas
- Listas
- Formularios
3. CSS
- Crear estilos
- Aplicar estilos
- Formatar estilos
- Presentación con estilos
- Follas de estilo para impresión
4. Linguaxes de Script. JavaScript
- Introdución
- Variables
- Operadores
- Estruturas de control
- Arrays
- Funcións
- Operacións con cadeas
5. Applets
- Introdución
- Estrutura básica
6. Servlets
- Introdución
- Estrutura básica
- Ciclo de vida do servlet
- Cookies
- Sesións
7. JDBCs
- Introdución
- Estrutura básica
8. JSP
- Introdución
- Linguaxe de expresión en JSP 2.0
- Compoñentes software: JavaBeans
- Biblioteca estándar de etiquetas
- Etiquetas personalizadas
9. PHP
- Introdución
- Traballar con textos e números
- Controis de fluxo
- Traballar con arrays
- Funcións
- Crear formularios Web
- Almacenar información con bases de datos
- Recordar usuarios con cookies e sesións
- Xestión de datas e horas
- Traballar con arquivos
10. XML
- Introdución
- DTD
- Esquemas.
- A arquitectura DOM
- A arquitectura SAX
- Transformación de documentos: XSLT
Bibliografía básica e complementariaBibliografía Básica:
Elizabeth Castro: "HTML con XHTML e CSS". Anaya Multimedia.
Allamaraju S, Beust Cedric: "Programación Java Server con J2EE Edición 1.3". Anaya Multimedia.
Bibliografía Complementaria:
Álvarez García A, Morais Grela JA: "HTML 4". Anaya Multimedia.
Schmitt Christopher: "Curso de CSS". Anaya Multimedia ou 'Reilly.
José Manuel Alarcón: "JavaScript". Anaya Multimedia.
Hall Marty, Brown Larry: "Core Web Programming". Sun Microsystem Press.
Hall Marty: "Core Servlets and JavaServer Pages". Sun Microsystem Press.
Francisco Javier Ceballos: "Java 2. Interfaces gráficas e aplicacións para Internet". Ra-Ma.
Jayson Falkner, Ben Galbraith et al: "Desenvolvemento Web con JSP". Anaya Multimedia.
Luke Welling and Laura Thomson: "PHP and MySQL Web Development". SAMS.
Sklar, David: "Introdución a PHP 5". Anaya Multimedia/ou 'Reilly.
Gregorio Martín e Isabel Martín: "Curso de XML". Pearson/Prentice Hall.
Rusty Harold, E and Means, W Scott: "XML imprescidible". Anaya Multimedia/ou 'Reilly
David S. Platt: "Así é Microsoft.NET". McGraw-Hill.
González O: "ASP.NET": Anaya Multimedia
CompetenciasCompetencias Globais e Transversales
Capacidade para concibir, redactar, organizar, planificar, desenvolver e asinar proxectos no ámbito da ingeniería en informática e a concepción, o desenvolvemento ou a explotación de sistemas, servizos e aplicacións informáticas (CG1)
Capacidade para dirixir as actividades obxecto dos proxectos do ámbito da informática (CG2)
Capacidade para definir, evaluar e seleccionar plataformas hardware e software para o desenvolvemento e a ejecución de sistemas, servizos e (CG4)
Coñecemento das materias básicas e tecnoloxías, que capaciten para a aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías, así como as que lles doten dunha gran versatilidad para adaptarse a novas situacións (CG8)
Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade. Capacidade para saber comunicar e transmitir os coñecementos, habilidades e destrezas da profesión de Enxeñeiro Técnico en Informática (CG9)
Aprendizaxe autónoma. Adaptación a novas situacións. Creatividade. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade (TR3)
Competencias de Formación Básica
Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura dos Sistemas Distribuídos, as Redes de Computadores e Internet e capacidade para deseñar e implementar aplicacións baseadas nelas (RI11)
Coñecemento e aplicación das ferramentas necesarias para o almacenamiento, procesado e acceso aos Sistemas de información, incluídos os baseados en web (RI13)
Capacidade de concibir sistemas, aplicacións e servizos baseados en tecnoloxías de rede, incluíndo Internet, web, comercio electrónico, multimedia, servizos interactivos e computación móbil (TI6)
Competencias específicas e resultados da aprendizaxe:
- Comprensión do paradigma da WWW.
- Comprensión do concepto de aplicación web.
- Coñecemento e aplicación das tecnoloxías e linguaxes de programación para desenvolver aplicacións web.
- Coñecemento e aplicación das metodoloxías de deseño de aplicacións web.
- Capacidade de gestionar proxectos satisfacendo os requisitos do mesmo e cumprindo datas de entrega.
- Motivación e capacidade de autoaprendizaxe.
Metodoloxía da ensinanza A materia consta de 5 horas de teoría e 45 de prácticas. Durante as clases de teoría explicaranse os conceptos básicos que haberán de ser desenvolvidos en profundidade polos alumnos nas clases de prácticas. As clases de prácticas consistirán non só no desenvolvemento dun traballo senón tamén na discusión co profesor dos resultados alcanzados. Durante as sesións de prácticas, cada alumno realizará un proxecto que será avaliado ao final da materia.
Sistema de evaluaciónAvaliación en periodo ordinario (final del cuatrimestre)
A materia avaliarase baseándose en tres conceptos:
i) Exame escrito (40%)
ii) Realización dos traballos de prácticas (45%)
iii) Proxecto (15%)
Avaliación en período extraordinario (xullo)
Poderanse recuperar as partes que non quedaron aprobadas en febreiro: traballos non entregados, exame, pero non as prácticas realizadas durante o período ordinario de avaliación. Isto supón a necesidade de realizar a parte práctica da asignatura durante o periodo ordinario, dado que de non ser realizada e debido ao peso que supón na nota final (60%), non será posible superar a asignatura en xullo.
Condición de Non Presentado
Aqueles alumnos que non foran avaliados en ningún aspecto da materia. Inclúense tamén aqueles alumnos cunha porcentaxe que non represente máis dun 10% da nota total máxima da materia, para o cal deberán informar o profesor coordinador da mesma.
Outras consideracións:
- A materia avalíase como un todo e polo tanto non se conservan partes entre convocatorias. Sí manterase a nota conseguida nas 3 partes en que se divide a materia, dentro da mesma convocatoria (febreiro y xullo do mesmo curso).
- Os alumnos repetidores seguirán o mesmo proceso de avaliación que o resto dos alumnos.
Tempo de estudo e traballo persoalCada semana os alumnos terán 1 hora de teoría e 3 de prácticas obrigatorias. Necesitarán polo menos outras 6 horas de traballo na casa.
Recomendacións para o estudo da materiaEstudio dos conceptos vistos en teoría e realización individual das prácticas, tratando de chegar á súa comprensión. Non se debe conformar o alumno co mero feito da súa realización.
ObservaciónsEstá materia é chave para a materia "Deseño de aplicacións avanzadas en Internet"