G4011324 - Interacción Persoa-Ordenador (Materias Transversais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 5.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 45.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Electrónica e Computación
- Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo principal é a introdución dos principios e metodoloxías de análise, deseño, implementación e avaliación da usabilidade das interfaces persoa-ordenador en sistemas interactivos.
ContidosIntrodución á interacción Persoa-Ordenador.
O factor humano: o usuario.
Deseño de interfaces home-máquina.
Prototipado e avaliación da usabilidade.
Deseño centrado no usuario.
Estilos e paradigmas de interacción.
Desenvolvemento de sistemas interactivos.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Lorés, Jesús (Editor). Interacción Persona – Ordenador (libro electrónico) http://www.aipo.es/libro/libroe.php
Bibliografía complementaria:
A. Dix, J: Finlay, G. Abowd, R. Beale. Human-Computer Interaction. Prentice Hall, 1998.
J. Preece. Human Computer Interaction. Addison Wesley, 1994.
D. Norman. The design of Everyday Things. Basic Books, 2002.
R. Ebert. User Interface Design. Prentice Hall, 1994.
K. Cox, D. Walker. User Interface Design, 2ª ed. Prentice Hall, 1990.
B. Shneiderman. Designing the User Interface. Addison Wesley, 1990.
J. Carroll. Making use. Scenario-Based Design of Human-Computer Interactions. The MIT Press, 2000.
CompetenciasA materia contribúe a acadar as competencias xerais e transversais CX3, CX9, TR1 e TR3 recollidas na memoria do título de Grao en Enxeñería Informática da USC.
As competencias específicas son:
- Deseñar interfaces home-máquina.
- Realizar deseños centrados no usuario.
- Implementar prototipos de sistemas interactivos.
- Avaliar a usabilidade das interfaces home-máquina
- Garantir a accesibilidade dos sistemas interactivos.
- Elixir o estilo de interacción adecuado a cada sistema interactivo.
Metodoloxía da ensinanza Nas sesións de teoría abordaranse os conceptos fundamentais involucrados na interacción persoa-ordenador mediante docencia expositiva por parte do profesor.
As sesións prácticas no aula de informática requirirán unha participación máis activa por parte do alumnado para o desenvolvemento dunha docencia interactiva. Nelas, o profesor proporá a realización dalgún exercicio ou práctica e presentará algún ou algúns aspectos de relevancia para a súa realización que guiará o desenvolvemento da mesma. O alumno realizará o seu traballo de modo individual ou en grupo pequeno.
As actividades de ensino-aprendizaxe farán uso do Campus Virtual da USC.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación terá unha compoñente de avaliación continua e outra de exame final. O peso de cada avaliación na cualificación global do alumno será dun 65% para a avaliación continua e un 35% para o exame final. Para superar a materia, ambas as avaliacións deben ser positivas.
A avaliación continua basearase na realización, en tempo e forma, dos distintos exercicios e prácticas propostas nas sesións interactivas co alumnado. Polo tanto, esta avaliación continua só será efectuada durante o período lectivo ordinario da materia (actualmente, o primeiro cuadrimestre). A presentación de prácticas cun peso relativo acumulado superior ao 50% para a avaliación continua implicará a cualificación correspondente na avaliación continua e, consecuentemente, na avaliación global.
O exame final da materia versará sobre os conceptos e procedementos metodolóxicos utilizados polo alumnado. Realizarase mediante proba escrita na que se formularán cuestións relativas aos conceptos, procedementos e/ou prácticas traballadas no desenvolvemento da materia.
A mención de “Non Presentado” na avaliación obtense cando non se presentaron prácticas cun peso relativo acumulado superior ao 50% para a avaliación continua e non se realiza o exame final.
Non se conserva ningún tipo de cualificación entre distintos cursos académicos. En consecuencia, o alumnado repetidor seguirá o mesmo sistema de avaliación que o alumnado de primeira matrícula na materia.
Para a segunda etapa de avaliación do mes de xullo mantense o mesmo sistema de avaliación e cos mesmos pesos, coa salvidade de que para a avaliación continua consérvase a cualificación obtida no período lectivo ordinario da materia.
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais das horas presenciais, o alumno deberá dedicar ao redor de 90 horas de traballo persoal a esta materia no cuadrimestre. Estas horas deberá distribuílas entre a realización das prácticas propostas (55 horas), a escritura de traballos (20 horas) e o estudo autónomo e individual (17 horas).
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase a asistencia regular a clase e procurar levar ao día a materia.
ObservaciónsAs actividades de ensino-aprendizaxe farán uso do Campus Virtual da USC. A lingua empregada de xeito habitual nas tarefas docentes será o castelán.