Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

G4011325 - Enxeñaría do Software (Enxeñaría de Software) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 12.00
  • Total: 12.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 70.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 101.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación
  • Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
COTOS YAÑEZ, JOSE MANUEL.SI
REGUEIRO SEOANE, MANUEL ANTONIO.NON
TABOADA GONZALEZ, JOSE ANGEL.NON
Triñanes Fernández, Joaquín Ángel.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Ao acabar a materia o alumno debe entender a construción do software como un proceso de enxeñaría e ter unha visión global de devandito proceso. Con este obxectivo presentaráselle ao alumno o software como un elemento de enxeñaría que debe ser construído nun marco que nos permita predecir as súas calidades. O estudo deste marco definido como un conxunto de procesos, tratados con distinto nivel de profundidade, e o seu encadeamento temporal constituirá a base da materia.
    Contidos
    Teoría:

    1. O produto (3 h.)
    1.1. Tópicos e ingeniería de software
    1.2. Importancia da introdución da Ingeniería de software
    1.3. Evolución da industria do software
    1.4. Características e atributos do software
    1.5. Tipos de software.
    1.6. Software herdado
    1.7. Principais problemas asociados ao software

    2. Modelos de procesos para a construción de software (5 h.)
    2.1. Definicións de ingeniería de software
    2.2. Modelos de procesos
    2.2.1. A Norma IEEE 1074
    2.2.2. A Norma ISO 12207-1
    2.2.3. A Norma ISO/IEC 15504-2
    2.3. Avaliación de procesos de Software.
    2.3.1. Introdución.
    2.3.2. Normas.
    2.3.3. Capability Madurity Model Integration CMMI.
    2.3.4. "Modelo ideal"

    3. Modelos preceptivos para o desenvolvemento de software (5 h.)
    3.1. Modelos Clásicos
    3.1.1. Ciclo de vida en cascada
    3.1.2. Construción por prototipos
    3.1.3. Ciclo de vida incremental
    3.1.4. O modelo en espiral
    3.2. Desenvolvemento áxil
    3.2.1. Modelado áxil
    3.2.2. Programación extrema.

    4. A Ingeniería de requisitos (5 h.)
    4.1. Introdución
    4.2. Primeiras cuestións
    4.3. Técnicas de captura de requisitos
    4.4. Análise de requisitos.
    4.5. Especificación de Requisitos.
    4.6. Validación de requisitos.
    4.7. xestión de requisitos.

    5. Modelado de Sistemas(6 h.)
    5.1. Introdución
    5.2. Técnicas de modelado
    5.3. Consistencia de modelos
    5.5. Metodoloxías

    6. Probas e mantemento do software (5 h.)
    6.1. Introdución e definicións iniciais
    6.2. Filosofía das probas do Software
    6.3. O proceso de proba
    6.4. Técnicas de deseño de casos de proba
    6.5. Probas estructurales
    6.6. Probas funcionales
    6.7. Enfoque práctico recomendado para o deseño de casos
    6.8. Documentación do deseño das probas
    6.9. Execución das probas
    6.10. Estratexia de aplicación das probas
    6.11. Probas en desenvolvementos orientados a obxectos
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía Básica:

    1.- Mario Piattini, José A. Calvo-Manzano, Joaquín Cervera, Luis Fernández. 2003; “Análisis y diseño detallado de aplicaciones Informáticas de Gestión. Una perspectiva de Ingeniería de Software”. Ed. RA-MA, España. ISBN: 84-7897-587-X.
    2.- Roger S Pressman, 2005; “Ingeniería del Software. Un enfoque práctico”. Ed. Mc Graw Hill, España. ISBN: 970-10-5473-3.
    3.- Ian Sommerville, 2005; “Ingeniería de Software”. Ed. Addison Wesley, Madrid. ISBN: 84-7829074-5

    Bibliografía Complementaria:

    1.- Mario Piattini, José A. Calvo-Manzano, Joaquín Cervera, Luis Fernández. 1996; “Análisis y diseño detallado de aplicaciones Informáticas de Gestión”. Ed. RA-MA, España. ISBN: 84-7897-233-1
    2.- Roger S Pressman, 2001; “Ingeniería del Software. Un enfoque práctico”. Ed. Mc Graw Hill, España. ISBN: 84-481-3214-9.
    3.- Antonio Colmenar, Manuel A. Castro, Julio Pérez. 2001; “Gestión de proyectos con Microsoft Project 2000”, Ed. RA-MA, España. ISBN: 84-7897-443-1.
    Competencias
    Tras cursar a asignatura o alumno debería ser capaz de ver un proxecto software como un conxunto de procesos.
    Preténdese que o alumno adquira unha visión do alcance que implica o desenvolvemento dun proxecto, dos procesos involucrados e da súa necesidade para o desenvolvemento de software de calidade.
    Como resultado do desenvolvemento da materia o alumnos adquirirán competencias incluídas na maioría das competencias xerais e transversais da titulación das que só quedan excluídas a competencias xenerais 4 e 6. Obviamente isto non significa que a materia todas as aborde en profundidade e extensión senón que se centra particularmente nas relacionadas coa identificación, análise e aplicación dos procesos vinculados á construción do software de calidade, o estudo de normativa e a capacidade para organizarse e traballar en grupo ou para integrarse de forma efectiva nunha organización.
    En canto ás competencias de módulo a materia, que pertence ao módulo de Enxeñaría do Software, desenvolve a competencias relacionadas coa informática RI1, RI2, RI3, RI8 e RI16 e as relacionadas coas tecnoloxías da información TI1, TI2 e TI7.
    Metodoloxía da ensinanza
    As clases de teoría se articularán en unha clase semanai dunha hora con apoio de trasparencias. A través da ferramenta de e-Learning da USC (Campus virtual) proporcionarase aos alumnos o material docente da asignatura e utilizarase sistemáticamente como estratexia de entrega de prácticas e de colaboración entre os alumnos que desenvolvan traballos en grupos. As clases de prácticas desenvolveranse en sesions semanais de duas horas e media e, segundo o caso, de forma individual ou en pequenos grupos aos que se propoñerá exercicios que implicarán o desenvolvemento dos contidos impartidos nas clases teóricas ou adquiridos de forma autónoma polo alumno. Os foros e o correo da ferramenta de e-Learning tamén se utilizarán como canle de comunicación profesor-alumnos. Finalmente, e segundo sexa posible, organizaranse conferencias ou visitas a empresa para proporcionarlle o alumno unha idea do impacto que a enxeñaría do software ten nas empresas do ámbito.
    Sistema de evaluación
    Para superar a disciplina o alumno deberá aprobar de forma independente a parte práctica da materia, 60% da nota total, e a parte teórica, 40% da nota total.
    A parte práctica da materia avaliarase sobre a base dos traballos resumo de cada unha das prácticas realizadas e a avaliación continua do traballo do alumno na clase, cuxa presenza se medirá sobre a base dunha acta de firmas en cada sesión. Os alumnos que non presenten máis do 70% dos traballos resumen terán a condición de NON PRESENTADO.
    A avaliación da teoría realizarase mediante unhas probas de seguimento ou un exame final. Cando o alumno non presente máis do 70% dos exercicios de seguimento deberá presentarse ao exame final ou se lle considerará NON PRESENTADO en Xuño.
    A avaliación en Xullo realizarase, na súa parte práctica, mediante a entrega dos traballos resumo das prácticas, sendo imprescindible presentar máis do 70% dos traballos. E, a avaliación na súa parte teórica mediante un exame final.
    O alumno que non asista a clase durante a realización de máis do 50% dunha práctica deberá presentar o resumo de forma obrigatoria e individual, aínda cando o traballo se realice en grupo. Isto é válido tanto para a convocatoria de Xuño coma para a de Xullo.
    O alumno que durante o curso falte a máis do 30% das clases terá a condición de NON PRESENTADO en Xuño e Xullo.
    Os alumnos repetidores examinaranse nas mesmas condicións que os alumnos en primeira convocatoria agás naqueles casos nos que aprobasen as prácticas nalgunha convocatoria dos dous cursos anteriores. Neste caso, non terán obriga de asistir ás clases prácticas e presentarán a memoria entregada o ano no que as aprobaron. A nota de teoría nunca se conservará e o alumno sempre deberá examinarse dos contidos teóricos da materia nas mesmas condicións que os alumnos de primeira convocatoria.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo total de estudos e traballo persoal do estudante e de 116 horas de traballo presencial e 184 horas de traballo persoal que se repartirán en:

    Clases expositivas: 30 h. presenciais e 49 h. de estudio autónomo
    Clases interactivias: 70 h. presenciais e 105 de traballo persoal do alumno
    Titorías e actividades de avaliación: 16 horas presenciais e 30 de traballo persoal do alumno.

    Recomendacións para o estudo da materia
    O/a estudante debería levar ao día a materia para poder aplicar nos exercicios prácticos os coñecementos adquiridos de xeito teórico.

    Observacións
    A materia impartirase en castelán