Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

G4011327 - Enxeñaría de Computadores (Enxeñaría de Computadores) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 20.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 41.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación
  • Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo xeral desta materia e dar a coñecer as diferentes alternativas tecnolóxicas das que se dispón cando se propón a instalación dun centro de proceso de datos ou, en xeral, dunha instalación informática de tamaño medio/grande. Estudiaranse as diferentes configuracións de servidores (rack, blade, etc.), sistemas de almacenamento, buses e rede. Tamén, analizaranse mecanismos para medi-lo rendemento dos sistemas instalados e para optimiza-la súa utilización. Por último, estudiaranse os diferentes estándares para a instalación e mantemento dunha instalación informática.
    Contidos
    1. Servidores en formato rack e blade
    a. Formatos de servidores
    b. Concepto de mainframe
    c. Vantaxes da tecnoloxía blade
    2. Introducción aos centros de datos
    a. Deseño dun centro de datos
    b. Planificación e xestión da infraestructura
    c. Alta dispoñibilidade
    3. Virtualización e consolidación
    a. Virtualización de servidores
    b. Virtualización de almacenamento e redes
    4. Tecnoloxías e redes de almacenamento
    a. Tecnoloxía e estándares de discos duros
    b. Arrays de discos
    c. Redes de almacenamento
    d. SAN e NAS
    5. Back-up e arquivamento
    a. Back-up
    b. Arquivamento
    c. Almacenamento removible
    6. Xestión e monitorización do rendemento
    a. Ferramentas de xestión
    b. Monitorización

    Bibliografía básica e complementaria
    - Kailash Jayaswal. “Administering Data Centers: Servers, Storage, and Voice over IP”. Editorial Wiley. ISBN 978-0471771838. 2005.

    - Barb Goldworm & Anne Skamarock. “Blade Servers and Virtualization: Transforming Enterprise Computing While Cutting Costs”. Editorial Wiley. ISBN 978-0471783954. 2007.

    - Ulf Troppens & Rainer Erkens & Wolfgang Müller. „Storage Networks Explained: Basics and Application of Fibre Channel SAN, NAS iSCSI and InfiniBand”. Editorial Wiley. ISBN 978-0470861820. 2004.

    Complementaria:

    - W. Curtis Preston. “Backup & Recovery: Inexpensive Backup Solutions for Open Systems”. Editorial O'Reilly. ISBN 978-0596102463. 2007.

    - René J. Chevance. “Server Architectures: Multiprocessors, Clusters, Parallel Systems, Web Servers, Storage Solutions”. Editorial Digital Press. ISBN 978-1555583330. 2004.

    Competencias
    Nesta materia promóvese que o estudante adquira un conxunto de competencias tanto de carácter global como específico. En particular, incídese no desenvolvemento das competencias
    CG1, CG2, CG4, CG6, CG7, CG9, CG10, CG11;
    TR1 e TR3;
    FB5;
    RI1, RI2, RI4, RI5, RI9 e RI11;
    TI2, TI4 e TI5;
    tal e como se recollen na Memoria do Título de Grao en Enxeñería Informática da USC. Así como as competencias do módulo de Enxeñería de Computadores:
    - Coñecer as diferentes alternativas tecnolóxicas das que se dispoñen cando se plantexa unha instalación informática de alto rendemento (posibles configuración de servidores, sistemas de almacenamento, buses e redes, así como os mecanismos para medir o rendemento dos sistemas instalados e para optimizar o seu uso).

    Con este obxectivo o alumno/a coñecerá as tecnoloxías relacionadas coa posta en marcha e mantemento de instalacións informáticas de tamaño medio-grande. Aprenderá a dimensionar unha instalación de acordo coas necesidades e a avalía-lo rendemento. Valorará o impacto de cada tecnoloxía e estará en condicións de tomar decisións encol da organización dun centro de datos.
    Metodoloxía da ensinanza
    O material de traballo para esta materia inclúe os libros recomendados dispoñibles na biblioteca, copia das transparencias empregadas nas explicacións e información de distintas fontes encol da evolución e dispoñibilidade das tecnoloxías. Usarase o soporte do Campus Virtual da USC.

    As prácticas faranse na Aula de Informática empregando simuladores e recursos dispoñibles na rede.

    Sistema de evaluación
    CONVOCATORIA ORDINARIA DE XUÑO

    - O 70% da nota virá dado polo exame teórico da materia . O exame incluirá o desenrolo de temas de teoría e a resolución de problemas e casos de uso comentados na clase, prácticas e/ou titorías.

    - O 30% restante da nota obterase mediante a avaliación do traballo realizado durante as prácticas. A asistencia a estas sesións é obrigatoria para aproba-la materia. O profesor comprobará a asistencia a estas sesións pasando unha folla para asinar ou recollendo os traballos realizados na aula. Os alumnos deberán ademais resolve-los problemas propostos e presentar e expoñer traballos.

    - Para aproba-la materia será necesario que a nota total sexa de alomenos un 5 sobre 10. Ademais, non se poderá aprobar se nalgunha das partes se obtén unha nota inferior ao 4 sobre 10.

    - Considerarase "non presentado" a non asistencia á realización do exame teórico.

    - Os alumnos que non aproben a parte da materia correspondente ás prácticas antes do exame de Xuño, non poderán superar a materia no exame de Xullo.

    EXAME DE XULLO

    - O 70% da nota virá dado polo exame teórico da materia. O exame incluirá o desenrolo de temas de teoría e a resolución de problemas e casos de uso comentados na clase e prácticas. É condición indispensable para poder superar a asignatura no exame de Xullo, ter aprobado a parte práctica da asignatura durante o curso.

    - Conservarase a cualificación obtida polo traballo realizado durante as prácticas (30% restante da nota).

    - Para aproba-la materia será necesario que a nota total sexa de alomenos un 5 sobre 10. Ademais, non se poderá aprobar se nalgunha das partes se obtén unha nota inferior ao 4 sobre 10.

    - Considerarase "non presentado" a non asistencia á realización do exame teórico.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo total de traballo presencial na aula e traballo persoal do estudante será de 44 horas e 68.5 horas respectivamente, que se repartirán do seguinte modo:

    Clases maxistrais: 20 horas presenciais e 31 de estudio autónomo por parte do alumno.
    Aprendizaxe baseado en problemas: 5 horas e 15 horas de traballo persoal do alumno.
    Sesións prácticas: 15 horas presenciais e 20 de traballo persoal do alumno para a realización de prácticas e outros traballos.
    Titorías en grupos reducidos: 2 horas presenciais
    Actividades e avaliación: 2 horas presenciais e 2.5 e traballo autónomo.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia a clase e ás prácticas. Estudiar día a día a materia para poder realiza-las prácticas e problemas propostos. Ter unha actitude activa á hora de recoller e analizar información de distintas fontes. É necesario estar familiarizado cos conceptos das materias de Fundamentos de Computadores, Arquitectura de Computadores e Redes.