Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

G4011341 - Administración Avanzada de Sistemas e Redes (Administración e Xestión de Sistemas e Redes) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Laboratorio: 40.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 41.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación, Electrónica e Computación
  • Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Argüello Pedreira, Francisco Santiago.NON
FERNANDEZ DELGADO, MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Esta materia proporciona coñecementos avanzados de administración relativos á monitorización e optimización de servidores e uso de mecanismos de virtualización, instalación, configuración e mantemento dos servizos máis importantes en Internet baixo GNU/Linux: servidor de DNS, servidor web Apache, aplicacións web (PHP e JSP con Tomcat), servizos de proxy e FTP anónimo, blogs, foros, xestores de contidos, chat e mesaxería instantánea, wikis, traballo colaborativo, escritorio remoto; servidor de correo electrónico e correo web.

    Contidos
    Módulo 1. Administración de redes, servidores e virtualización: 15 horas

    1 Creación de imaxes para virtualización
    1.1 Comandos básicos para a creación de imaxes
    1.2 Operacións con imaxes (cambio de tamaño, instalación de kernels, etc)
    1.3 Creación dunha imaxe usando unha gaiola

    2 Virtualización de servidores e servizos
    2.1 Tipos de virtualización
    2.2 Virtualización de S.O. (OpenVZ)
    2.3 Paravirtualización e virtualización completa (Xen)

    3 Monitorización de servidores e de redes
    3.1 Protocolo Simple de Administración de Rede (SNMP)
    3.2 Ferramentas de xestión (MRTG, Nagios, etc)
    3.3 Obtención de informes (Syslog)

    Módulo 2. Servizos en Internet: 25 horas

    4 Servidores web: Apache
    4.1 Servizo de DNS
    4.2 Configuración básica.
    4.3 Rexistro e estatísticas. Rendemento e monitorización
    4.4 Sitios virtuais
    4.5 Redireccionamento
    4.6 Aplicacións PHP
    4.7 SSL
    4.8 Autenticación
    4.9 Autorización
    4.10 WebDAV
    4.11 Servizo de Proxy
    4.12 Servlets e JSP con Tomcat
    4.13 Administración con Webmin
    4.14 Servizo de FTP anónimo

    5 Aplicacións web
    5.1 Administración web de MySQL: Phpmyadmin
    5.2 Blogs: Wordpress
    5.3 Redes sociais: Buddypress
    5.4 Foros: PhpBB
    5.5 Xestores de contidos: Drupal, Joomla
    5.6 Chat e mensaxería instantánea
    5.7 Traballo colaborativo: Egroupware
    5.8 Escritorio remoto: Eyeos
    5.9 Wiki: Mediawiki

    6 Servizo de correo electrónico
    6.1 Sendmail
    6.2 Correo web

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:

    Apuntes de Administración Avanzada de Sistemas e Redes. Proporciónanse apuntes elaborados polos profesores que cubren a totalidade dos temas da materia. Para o módulo 1 poden descargase dende a USC virtual:

    http://www.usc.es/campusvirtual

    Para o módulo 2 poden descargarse dende a páxina web:

    http://www.gsi.dec.usc.es/~delgado/aasr

    Adicionalmente, os libros de referencia son:

    Richard Petersen, Linux: The Complete Reference, McGraw-Hill Osborne Media, ISBN: 978-0071492478, 2007
    Ken Coar, Rich Bowen, Apache práctico, O'Reilly, ISBN 84-415-1704-5, 2004. A380-32
    William R. Stanek, Microsoft IIS 6.0 Administrator's Pocket Consultant, Microsoft Press, ISBN 0735615608, 2003.
    Brian Costales, Eric Allman, Sendmail, O'Reilly, ISBN 1-56592-839-3, 2003.


    Bibliografía complementaria:

    Xen:
    William von Hagen, Professional Xen Virtualization, Wrox, ISBN: 978-0470138113, 2008

    Apache:
    Mohammed J. Kabir, La Biblia de Servidor Apache 2, Anaya Multimedia, ISBN 84-415-1468-2, 2002.
    Charles Aulds, Linux Apache Web Server Administration, Second Edition, SYBEX, ISBN 0-7821-4137-4, 2002.
    Rich Bowen, Ken Coar, Servidor Apache al descubierto, Prentice-Hall, ISBN 84-205-2978-8, 2000.
    Ben Laurie, Peter Laurie, Apache. The definite guide, Second Edition, O'Reilly, ISBN 1-56592-528-9, 1999.

    Tomcat:
    Vivek Chopra, Amit Bakore, Jon Eaves. Apache Tomcat 5, Anaya multimedia/Wrox, ISBN 84-415-1780-0, 2004.
    http://jakarta.apache.org/tomcat

    Internet Information Server:
    H. Henrickson, S. Hoffmann, IIS 6: The complete reference. McGraw-Hill, 2003.

    Sendmail:
    David Wood, Programming Internet email, O'Reilly, ISBN 1-56592-479-7, 1999.

    Postfix:
    P. B. Koetter et al, Linux Email: Set up and Run a Small Office Email Server, Pakt Publishing, 2005

    Exim:
    Philip Hazel, The Exim SMTP Mail Server. Official Guide for Release 4. UIT Cambridge. 2003

    Outros servizos de Internet:
    Olaf Kirch, Terry Dawson, LINUX network administrator's guide, Second Edition, O'Reilly, ISBN 1-56592-400-2, 2000.
    Competencias
    Nesta asignatura aprenderemos a monitorizar e optimizar servidores usando mecanismos de virtualización. Instalaremos un servidor de DNS, e administraremos un servidor web (Apache), configurando as estatísticas, cuestións de eficiencia, seguridade, servidores virtuais, redirección de URLs, aplicacións web e servidor Proxy. Instalaremos un servidor de FTP anónimo, e manexaremos xestores de contidos web. Faremos unha revisión das aplicacións web máis usadas (blogs, redes sociais, foros, chats, traballo colaborativo, escritorio virtual e wikis). Tamén traballaremos con servidores de correo electrónico e ferramentas para a súa xestión vía web.

    Nesta materia contribuíese a acadar as competencias recollidas na memoria do título de Grado en Enxeñería Informática CG3, CG7, CG9, CG10, RI1, RI2, RI4, RI5, RI13, TI2, TI4, TI6 e TI7. Con maior intensidade desenvólvense as competencias:

  • CG4: Capacidade para definir, avaliar e seleccionar plataformas hardware e software para o desenvolvemento e a execución de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.

  • CG8: Coñecimiento das materias básicas e tecnoloxías que capaciten para a aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías, así como as que aporten versatilidade para adaptarse a novas situacións.


  • As competencias xenéricas que se desenvolverán son as seguintes:

  • Capacidade para resolver problemas

  • Capacidade de análise e síntese

  • Capacidade de organización e planificación

  • Capacidade de xestión de información (captación e análise de información)

  • Resolución de problemas

  • Toma de decisións

  • Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica

  • Habilidade para traballar de forma autónoma

    que forman parte das competencias transversais TR1 e TR3.

    Asemade, por pertencer ao módulo "Administración e xestión de sistemas e redes", contribúe a acadar as seguintes competencias:

  • Administración de sistemas e redes de computadores.

  • Monitorización e optimización do uso dos sistemas e redes dunha organización.

  • Instalación, configuración e mantemento de servizos en Internet: web, correo electrónico, novas, mensaxería e outros.



  • Metodoloxía da ensinanza
    As prácticas realízanse no sistema operativo GNU/Linux e consisten na configuración e administración de imaxes virtuais de sistemas operativos (usando o virtualizador Kvm) e de diversos servizos (correo electrónico, servidor web, DNS, proxy, usando Kvm ou VirtualBox). As prácticas teñen un guión detallado que describe as operacións de administración a realizar. Ao comezo de cada sesión os profesores explican estas tarefas para facilitar a súa resolución, baixo a súa supervisión, durante o transcurso da clase. As prácticas pódense realizar durante as clases no teu portátil, só precisas GNU/Linux e un virtualizador (Kvm, VirtualBox, etc.).

    Sistema de evaluación
    Convocatoria de xuño: a avaliación consta de dúas partes:

    1) A avaliación continua consiste na asistencia ás clases, acreditando a realización dos exercicios prácticos. Esta parte da avaliación representa ata 5 puntos na nota final.

    2) A avaliación mediante aprendizaxe e servizo, alternativa á avaliación continua, consistente na prestación de servizos de administración informática relacionados cos contidos da asignatura en destinos previamente fixados dentro da propia USC. A aprendizaxe e servizo representa ata 7 puntos na nota final, e está condicionada pola oferta de servizos dispoñíbel.

    3) Un exame final cunha parte teórica para o módulo 1 e unha parte práctica no ordenador para o módulo 2. Este exame puntúa na nota final:

  • 5 puntos (no caso de avaliación continua)

  • 3 puntos (no caso de aprendizaxe e servizo)

  • 7 puntos (se non se seguiu ningunha das dúas vías)


  • Quen acade unha nota igual ou superior a 5 puntos na avaliación continua ou aprendizaxe e servizo terá superada a asignatura sen necesidade de presentarse ao exame final.

    Convocatoria de xullo: a nota acadada na avaliación continua ou aprendizaxe e servizo sumarase igualmente á nota do exame final de xullo (que puntuará 5 ou 3 puntos, como no mes de xuño), ata un máximo de 10 puntos. Para quen non participe en ningunha das dúas avaliacións anteriores este exame representará 7 puntos na nota final.

    Agás cambios na normativa da Universidade que afecten a este particular, a condición para unha avaliación de "Non presentado" será que non se presente ao exame final. Polo tanto, quen se acolla á avaliación continua ou á aprendizaxe e servizo pero acade unha nota inferior a 5 puntos, e non se presente ao exame final, recibirá unha avaliación de "Non presentado".

    Estos criterios de avaliación serán válidos tamén para @s estudant@s repetidor@s.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A superación da materia require aproximadamente 4 horas de traballo semanal, que se deben destinar á revisión das técnicas impartidas e ensaiadas durante as sesións prácticas, xunto coa realización das prácticas propostas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    A materia require un importante traballo no ordenador para realizar as sesións de prácticas. É moi recomendábel a asistencia a clase para resolver dúbidas na realización das prácticas.

    Observacións
    O módulo 1 impártese en castelán e o módulo 2 en galego.