G4011342 - Deseño de Aplicacións Web Avanzadas (Enxeñaría Web) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 14.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 26.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 41.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Electrónica e Computación
- Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia1. Deseñar e desenvolver aplicacións web baseadas na plataforma J2EE
2. Deseñar unha aplicación web para satisfacer os requisitos dun proxecto
3. Implementar unha aplicación web con frameworks
4. Coñecer as posibilidades de JEE6
ContidosPrograma teoría:
Tema 1: Entendendo o concepto de aplicación web
Tema 2: Modularizando aplicacións web: MVC1
Tema 3: Modularizando aplicacións web: MVC2
Tema 4: Engadindo bases de datos
Tema 5: Deseñando a lóxica de negocio
Tema 6: Desenvolvendo aplicacións empresariais con J2EE
Tema 7: Deseñando aplicacións empresariais con J2EE
Tema 8: Resolvendo os problemas de complexidade de J2EE
Tema 9: Simplificando o desenvolvemento da lóxica de negocio con JEE5
Tema 10: Deseñando a lóxica de negocio con JEE6 – Beans de Sesión
Programa prácticas e proxectos:
Práctica 1: Desenvolvemento e despregamento dunha aplicación web
Práctica 2: J2EE con arquitectura MVC1
Práctica 3: J2EE con arquitectura MVC2
Práctica 4: J2EE con arquitectura MVC2 e bases de datos
Proxecto 1: J2EE con arquitectura MVC2 e deseño de lóxica de negocio
Práctica 5: Frameworks: Struts e Hibernate
Práctica 6: JEE6 con EJB de sesión
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Beginning J2EE 1.4: From novice to professional. Apress. 2004.
Core J2EE Patterns. Prentice Hall. 2001.
Bibliografía complementaria:
Core Web Programming. Sun Microsystems Press. 2001.
Design patterns: elements of reusable object-oriented software. Addison-Wesley. 1995.
Head First Design Patterns. O`Reilly. 2004.
Mastering Enterprise JavaBeans 3.0. Wiley. 2006.
J2EE Design and development. Wrox. 2003.
J2EE programming with passion. 2006. http://www.javapassion.com/j2ee/index.html
CompetenciasCompetencias xerais:
Se traballarán as competencias xerais indicadas na memoria do título: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CG6, CG8, CG9, e CG10.
Competencias de Formación Básica (FB), común á Rama de Informatica (RI) e específicas das Tecnoloxías da Información (TI):
Se traballarán as seguintes competencias: FB4, FB5, RI1, RI2, RI13, TI3, TI5 e TI6.
Competencias transversais:
Capacidade de análise e síntese.
Capacidade de organización e planificación.
Capacidade de xestión da información
Resolución de problemas.
Toma de decisións.
Traballo en equipo.
Razoamento crítico.
Compromiso ético.
Aprendizaxe autónomo.
Motivación pola calidade.
Competencias do módulo "Enxeñaría Web":
- Comprensión do paradigma da WWW.
- Comprensión do concepto de aplicación web.
- Coñecemento e aplicación das tecnoloxías e linguaxes de programación
para desenvolver aplicacions web.
- Coñecemento e aplicación das metodoloxías de deseño de aplicacions
web.
- Capacidade de xestionar proxectos satisfacendo os requisitos do mesmo e
cumprindo datas de entrega.
- Capacidade para traballar en grupo durante a realización de proxectos.
- Motivación e capacidade de autoaprendizaxe.
Metodoloxía da ensinanza Teoría
* Baseado na exposición de temas e na discusión de solucións a problemas tecnolóxicos
Prácticas
* Baseado no plantexamento de pequenos proxectos e tutorización dos alumnos para axilizar o proceso de asimilación da tecnoloxía
Proxecto
* Plantexamento dende o comezo do curso dun proxecto real, en grupos de 4-5 alumnos, e realización deste co obxectivo de satisfacer os requisitos do cliente
Sistema de evaluaciónA avaliación da convocatoria ordinaria de xuño realizarase segundo os seguintes criterios:
1. Prácticas e proxectos: 60%
1.1 Práctica 3 (individual): 15%
1.2 Proxecto 1 (grupos de 2): 30%
1.3 Práctica 6 (individual): 15%
2. Exame (individual): 40%
A oportunidade extraordinaria de xullo avaliarase do seguinte xeito:
- Na avaliacion continua manterase a nota de prácticas obtida durante o periodo ordinario de clases: 60%
- Exame: 40%
Considerarase alumno non presentado aquel que non presente o proxecto 1 ou non faga o exame.
Tempo de estudo e traballo persoalEsta materia presenta a seguinte carga de traballo persoal para o estudiante:
Horas presenciais en sesións expositivas e interactivas: 42
Horas de avaliación (exame): 2
Horas de traballo persoal: 68, 5
Recomendacións para o estudo da materia* Realizar todas as prácticas
* Levar ao día os conceptos de deseño e de implementación plantexados na asignatura
* Traballar no proxecto dende o principio para repartir a carga de traballo
* Repartir o traballo entre os compañeiros do proxecto