G4011343 - Sistemas Multimedia (Materias Transversais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 30.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 40.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Electrónica e Computación
- Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCompoñente teórico:
- Comprensión xeral da natureza e importancia da tecnoloxía multimedia como compoñente indispensable na sociedade da información, especialmente onde a expresividade e visualización dos datos son fundamentais.
- Coñecemento dos conceptos, modelos e técnicas de procesamento de datos multimedia, formatos básicos de datos, métodos de compresión, modelos de hipertexto, interfaces multimedia clásicos,...
Compoñente práctico:
- Coñecemento das fases de desenvolvemento dun proxecto de información multimedia (texto, imaxe, son, vídeo,...). Dominio do manexo de dispositivos multimedia como cámaras dixitais, escáners,...
- Práctica no desenvolvemento dunha aplicación Web dentro dun contorno de desenvolvemento comercial. Familiarización coa terminoloxía técnica, principais produtos e compoñentes fundamentais da información multimedia.
ContidosTEORÍA
1. Introdución á multimedia e conceptos básicos
1.1. ¿Que é a multimedia?
1.2. Tipos de información que podemos encontrar nun sistema multimedia
1.3. Tipos de medios
1.4. Características dos sistemas multimedia
1.5. Ámbitos de aplicación
1.6. Algúns exemplos de aplicacións multimedia
1.7. Software de creación
1.8. Hardware multimedia xenérico
2. Texto
2.1. Introdución
2.2. Estándares de texto
2.3. Estándares orientados a contidos web
2.4. Estándares de descrición de documentos
2.5. Outros estándares
2.6. Aspectos tecnolóxicos referidos ao texto
2.7. Ferramentas para tratamento do texto
3. O son
3.1. Introdución
3.2. Principios do son
3.3. Características do son
3.4. Hardware para son
3.5. Dixitalización do son
3.6. Edición de son dixital
3.7. Tarxetas de son
3.8. Formatos de arquivos de son
3.9. Son en Internet
3.10. Ferramentas para o tratamento do son
4. Imaxe
4.1. Introdución
4.2. Conceptos básicos dos gráficos por ordenador
4.3. Modelos de cor
4.4. Natureza dos gráficos por ordenador
4.5. Características dos programas de gráficos 2D
4.6. Compresión
4.7. Formatos de arquivos gráficos e estándares
4.8. Hardware para a obtención de imaxes
4.9. Ferramentas para o tratamento de imaxes
5. Animación por ordenador
5.1. Introdución
5.2. Conceptos básicos
5.3. Primeiros fitos na historia da animación
5.4. Animación tradicional aplicada á animación por ordenador
5.5. Técnicas de animación por ordenador
5.6. Formatos básicos de arquivos de animación
5.7. Animación en Internet
5.8. Ferramentas para a creación de animacións
6. Vídeo
6.1. Introdución
6.2. Breve historia do vídeo doméstico
6.3. Vídeo analóxico
6.4. Vídeo dixital
6.5. Hardware para vídeo
6.6. Compresión de vídeo
6.7. Proceso de creación de vídeo
6.8. Edición de vídeo
6.9. Vídeo en Internet
6.10. Ferramentas para o tratamento de vídeo
7. Desenvolvemento dunha aplicación multimedia
7.1. Concepto e planificación
7.2. Deseño e prototipo
7.3. Produción
7.4. Probas
7.5. Duplicación e distribución
7.6. Seguimento
PRÁCTICAS
1. Edición e compresión de son
2. Edición e compresión de vídeo
3. Desenvolvemento multimedia
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
“Multimedia Design and Production for students and teachers”. Edward L. Counts, Jr. Pearson Education , Inc. 2004. ISBN: 0-205-34387-2.
“Multimedia Fundamentals: media coding and content processing”. Ralf Steinmetz, Klara Nahrstedt. IMSC Press Multimedia Series. Prentice Hall, Inc. 2002. ISBN: 0-13-031399-8.
"Tratamiento digital de voz e imagen y aplicación a la multimedia", Marcos Faúndez Zanuy. ISBN: 84.267-1244-4. 2000.
Bibliografía complementaria:
“Principles of Digital Audio and Video”, Artech House Books, ISBN: 0-89006-892-5
"El guión multimedia. Edición 2003". BOU BOUZÁ, Guillem. Madrid, Anaya Multimedia, 2003.
“Managing Multimedia. Project Management for Web and Convergent Media. Book 1: People and Processes”. Elaine England, Andy Finney. Addison Wesley. ISBN: 0-201-72898-2.
“Managing Multimedia. Project Management for Web and Convergent Media. Book 2: Technical Issues”. Elaine England, Andy Finney. Addison Wesley. ISBN: 0-201-72899-0.
CompetenciasContribuir:
- a acadar as competencias da memoria do título de Grao en Enxeñería Informática da USC (CG3, CG8, CG9, TR1, TR2, TR3, RI13, RI17, TI6)
- Obtención dunha visión xeral do mundo da multimedia, abarcando tanto os conceptos básicos como os distintos sistemas e contornas multimedia utilizados para mostrar a información.
- Coñecemento dos conceptos, modelos e técnicas de procesamiento de datos multimedia: formatos básicos de datos, métodos de compresión, modelos de hipertexto, interfaces multimedia clásicos, ...
- Coñecemento das fases de desenvolvemento dun proxecto de información multimedia.
- Dominio de técnicas de recolleita, digitalización e procesamiento de contidos multimedia (texto, imaxe, son, vídeo, ...).
- Ser capaz de realizar o procesamiento digital de imaxes e secuencias de vídeo mediante a implementación de algoritmos novos ou xa existentes.
- Desenvolver aplicacións que manipulen tipos de datos diversos (imaxes, gráficos, etc.).
- Utilizar unha contorna de programación e librerías para utilizar e implementar as técnicas máis importantes utilizados nas aplicacións de tratamento de imaxes, gráficos e multimedia.
Metodoloxía da ensinanza - Exposicións orais dos contidos teóricos fomentando a atención dos alumnos mediante curiosidades e/ou anécdotas relacionadas coa materia.
- Desenvolver o temario seguindo unha orde ascendente na complexidade dos contidos.
- Proporanse seminarios preparados por os alumnos sobre temáticas relacionadas co temario que o complementen partindo de diferentes premisas definidas polo profesor.
- Realizaranse exercicios prácticos que lles permitan levar á práctica os coñecementos teóricos aprendidos utilizando o hardware e software axeitados.
- Conectar os coñecementos de cada tema cos demáis para reflectir as relacións entre os distintos elementos presentes nunha aplicación multimedia.
- Farase uso da plataforma de e-learning da USC.
Sistema de evaluación40 % exame teórico + 50 % proxecto práctica + 10 % traballo individual
O traballo individual consistirá na presentación dun informe escrito e defendido en público sobre un tema seleccionado entre o conxunto proposto polo profesor ou un tema concibido polo alumno e aprobado polo profesor.
O traballo final do curso é a realización dun DVD te temática libre no cal incluirase texto, imaxes, audio e vídeo. A avaliación deste proxecto será:
Sistema desenvolvido: 90%
Informe do traballo: 10%
A entrega do traballo final será o día de realización do exame teórico.
A mínima admisible no exame teórico e no proxecto práctico é de 4 sobre 10.
O traballo individual é opcional.
Considerarase a condición de NO PRESENTADO só aos alumnos que non realicen o exame teórico.
Non se conservarán cualificacións dun curso para outro. En consecuencia, os alumnos repetidores cursarán a materia como un alumno de primeira convocatoria.
Tempo de estudo e traballo persoalPara as clases teóricas o alumno debería dedicarlle 1 hora por cada hora presencial. Para a preparación dos seminarios cada alumno debería dedicarlle 12 horas. Para os traballos prácticos e o traballo final o alumno debería dedicarlle 40 horas ademais das horas de prácticas presenciales. Para a preparación do exame 8 horas levando a asignatura ao día. Iso dá un total de 44 horas presenciales e 69 horas de traballo persoal.
Recomendacións para o estudo da materiaA lingua usada habitualmente na materia será o castelán.