G4011421 - Enxeñaría do Coñecemento (Sistemas Inteligentes) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 15.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 35.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Electrónica e Computación
- Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo da materia é presentarlle ao estudante un conxunto numeroso de problemas que non teñen solución factible aplicando un algoritmo, ou que terían unha solución algorítmica intratable. Estes problemas habitualmente teñen solución aceptable mediante o uso de métodos que utilizan unha representación do coñecemento dispoñible sobre o problema en particular, ou sobre cómo o ser humano resolve algúns problemas en xeral. A intelixencia artificial estuda as formas de representar ese coñecemento de xeito útil, cómo adquirir o dito coñecemento, cómo atopar o tipo de razoamento máis axeitado e cómo describir procesos de razoamento e de resolución de problemas.
A Enxeñaría do Coñecemento disciplina da Intelixencia Artificial, desenvolve a Enxeñaría do Software coa fin de aportar un método sistemático para o desenvolvemento e mantemento de sistemas baseados no coñecemento.
Contidos1. Introdución aos Sistemas Baseados en Coñecemento (SBC): breve historia da Intelixencia Artificial (IA); A enxeñaría do coñecemento (EC); Características dos SBC; Criterios para abordar problemas mediante técnicas da EC.
2. Resolución de problemas mediante busca: Busca sen información do domino; Busca con información do domino
3. Representación do coñecemento e razoamento: Lóxica, Reglas, Redes Asociativas e representación estruturada do coñecemento.
4. Metaheurísticas: introdución e clasificación. Metaheurísticas basadas en traxectorias: simulated annealing, tabu search.
5. Computación evolutiva. Algoritmos xenéticos: representación, operadores, selección e reemplazo. Aplicacións en problemas de busca.
6. Seminario de casos prácticos de uso de metaheurísticas en aplicacións reais na industria
7. Seminario de outras metaheurísticas: Programación xenética. Computación baseada en adaptación social. Aplicación en problemas de regresión e optimización.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
1. J. Palma y R. Marín (eds.). Inteligencia Artificial. Métodos, técnicas y aplicaciones. McGrawHill, 2008.
2. Fernández Galán, S., González Boticario, J. y Mira Mira, J. Problemas Resueltos de Inteligencia Artificial Aplicada. Búsqueda y Representación. Addison Wesley, 1998.
3. A.E. Eiben, J.E. Smith, Introduction to Evolutionary Computing, Springer, 2007. ISBN: 978-3-540-40184-1.
Bibliografía complementaria:
1. Russell, S. y Norvig, P. Inteligencia Artificial (Un Enfoque Moderno), Segunda ed.
(Prentice-Hall International, 2004).
2. Nilsson, N.J. Inteligencia artificial (Una nueva síntesis) (McGraw-Hill, 2000).
3. Rich, E. y Knight, K. Inteligencia artificial (segunda edición) (McGraw-Hill Interamericana, 1994).
4. Borrajo, D. y otros Inteligencia artificial: Métodos y técnicas (Centro de estudios
Ramón Areces, 1993).
5. Dean, T.; Allen, J. y Aloimonos, Y. Artificial Intelligence (Theory and Practice) (Benjamín Cummings, 1995)
6. Ginsberg, M. Essentials of Artificial Intelligence (Morgan Kaufmann Publishers, 1993)
7. Luger, G.F. y Stubble_eld, W.A. Artificial Intelligence (Structures and Strategies for
Complex Problem Solving (3 edition) (Addison-Wesley, 1997)
8. Mira, J.; Delgado, A.E.; Boticario, J.G. y Díez, F.J. Aspectos básicos de la Inteligencia Artificial (Sanz y Torres, 1995)
9. Steele, G.L. Common Lisp the Language, 2nd edition http://www-2.cs.cmu.edu/-
Groups/AI/html/cltl/cltl2.html
10. Winston, P. H., Inteligencia Artificial. Tercera Edición, Addison-Wesley Iberoamericana, Wilmington, Delaware, EE.UU., 1994 (traducción de la tercera edición en ingles de 1992).
11. Alonso, A.; Guijarro, B.; Lozano, A.; Palma, J.; Taboada, M., Ingeniería del Conocimiento. Aspectos Básicos (Pearson-Prentice Hall, 2004)
12. C. Reeves. Handbookof Metaheuristics. Kluwer Academics. (2003).
CompetenciasContribuír a acadar as competencias recollidas na memoria do título de Grao en Enxeñaría Informática da USC (CX4, CX8, CX9, TR1-3, RI6-7, RI15, TI1), nomeadamente:
- Capacidade para seleccionar a técnica de EC mais axeitada para o desenvolvemento de aplicacións ou servizos
- Capacidade para o desenvolvemento de novos métodos ou tecnoloxías utilizando a EC
- Capacidade para analizar e resolver problemas aplicando a EC con iniciativa, autonomía e creatividade
- Coñecemento e aplicación dos procedementos algorítmicos da EC para deseñar solucións a problemas, usando de xeito eficiente as estruturas de datos mais axeitadas
- Aplicación práctica dos sistemas intelixentes basados en conocimiento formalizado explícitamente
A materia contribúe a acadar as competencias relativas ao módulo "Sistemas Intelixentes", detalladas igualmente na memoria de Grao, de xeito especial as referidas a:
- Coñecer, comprender e manexar as técnicas de resolución de problemas baseadas nunha representación do coñecemento.
- Coñecer, comprender e saber aplicar as metodoloxías de deseño de sistemas baseados no coñecemento.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía didáctica basearase no traballo individual dos/as estudantes, na discusión cos docentes na clase e as titorías individuais.
Para cada tema ou bloque temático, o docente preparará os contidos, explicará os obxectivos do tema aos estudantes na clase, suxerirálles bibliografía, proporcionaralles material de traballo adicional, etc. Ademáis, os docentes proporán un conxunto de actividades a realizar, de forma individual ou en grupo (traballos, presentacións, lecturas, ...) O estudante deberá entregar obligatoriamente unha escolma delas para ser avaliadas. A escolma será realizada polos docentes da materia, avisando dos prazos de entrega a través das canles utilizadas para a comunicación estudante-profesor.
As prácticas desenvolveranse na Aula de Informática da Escola, empregando diversas ferramentas software para cada un dos bloques temáticos: Clips, Protégé, Netbeans.
Os estudantes traballarán en postos individuais co apoio constante dos docentes. Os guións dos seminarios son auto-explicativos permitindo a realización dos mesmos no horario de traballo persoal.
La docencia estará apoyada por la plataforma USC virtual de la siguiente manera: repositorio de la
documentación relacionada con la materia (textos, transparencias, ) y titorización virtual
de los estudiantes (correo-e, foros).
Sistema de evaluaciónA nota final da materia en cada convocatoria obterase a partir da avaliación da parte práctica (50%) e da parte teórica (50%). Será requisito indispensable aprobar ambas partes por separado.
- Parte práctica: avaliación de todas as actividades propostas polos docentes: entrega de traballos, presentacións na aula, entrega de exercicios, realización de prácticas, .... A nota media só se calculará no caso de ter cualificación superior ou igual a 3 en todas as prácticas de entrega obrigatoria. Aquelas prácticas con cualificación inferior a tres puntos deberán entregarse na segunda oportunidade.
- Parte teórica: realizaranse un mínimo de dous controis de avaliación durante o curso, e a nota media outorgará a nota da parte teórica. A nota media só se calculará no caso de ter cualificación superior ou igual a 3 en todos os controis. Aqueles controis con cualificación inferior a tres puntos deberán repetirse no exame final.
Terán a cualificación de non presentado os estudantes que no se presentaran a ningún control
e entregaran menos da metade dos traballos de avaliación continua.
Para superar a materia en xullo, o/a estudante deberá presentarse e aprobar os controis que tivese suspensos e entregar as prácticas nas que tivese acadado cualificación inferior a tres. Para o resto da parte práctica se conservarán as cualificacións obtidas durante o curso.
En aplicación da normativa de autoría de traballos prácticos aprobada pola Xunta da ETSE (01/03/2012), a copia total ou parcial dalgún exercicio de prácticas ou teoría suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación de 0,0 en ámbolos dous casos.
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de traballo presencial: 58 horas totais, divididas en 15h (clases maxistrais), 35h (seminarios e prácticas), 3h (titorías) e 5h (controis)
Tempo de traballo persoal: 92h (total), divididas en 62h (estudio autónomo de teoría e prácticas) e 30h (traballos, proxectos e resto de actividades).
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase aos/ás estudantes que resolvan, implementen, verifiquen e validen todos os exercicios e prácticas propostos (non só os avaliables).
ObservaciónsMedios complementarios á docencia: curso virtual na plataforma proporcionada pola USC, elaborado e constantemente actualizado polos docentes da materia.