G4011422 - Xestión de Proxectos Informáticos (Organización e Xestión) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 4.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 33.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Electrónica e Computación
- Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA materia ‘Xestión de Proxectos Informáticos’ trata da planificación e implantación de todos os diferentes procesos do ciclo de vida do software en proxectos informáticos, desde a aparición da necesidade de un (ou varios) cliente(s) ata a retirada do produto e/ou a finalización do proxecto. Esta materia inclúe temas tanto puramente de planificación, xestión e control do proxecto como de procesos tan importantes como a xestión da calidade do software, a xestión da configuración, problemas e cambios, os procesos de enxeñaría e desenvolvemento, os procesos de verificación e validación, de revisións e auditorías. Ademais, especificarase a implantación de todos os procesos en diferentes proxectos informáticos, por exemplo, proxectos específicos para un cliente a medida, proxectos de desenvolvemento de produtos para o público en xeral, proxectos de mantemento de software, proxectos reusando outros produtos do mercado, etc. Dado o caracter transversal que ten a xestión de proxectos, se organiza a materia seguindo o contido do PMBOK(R) do PMI.
ContidosTema 1. Presentación da materia
Tema 2. Proxectos. Conceptos e iniciación
Concepto de Proxecto
Dirección de Proxectos
Ciclo de Vida dun Proxecto
Iniciación dun Proxecto
Tema 3. Modelos de Estimación
Introdución á estimación
Contextualización do proceso
Métodos de estimación
Tema 4. Planificación
Planificación de procesos
Contextualización do proceso
Planificación de Tarefas
Planificar as restricións
Tema 5. Organización RRHH
Organización de recursos
Xestión de Recursos Humanos segundo o PMP
Tema 6. Xestión de Riscos
Introdución aos riscos
Actividades da Xestión de riscos
Tema 7. Xestión de Custos
Contextualización do tema
Introdución á Xestión de Custos
Xestión dos Custos do Proxecto segundo o PMP
Tema 8. Seguimento e control
Seguimento e Control de Proxectos Informáticos.
Xestión da Configuración
Bibliografía básica e complementaria1. Bibliografía Básica
1.1. PMBOK: A Guide to the Project Management Body of Knowledge (Pmbok Guide) by Project Management Institute
1.2. Chrissis, Mary Beth; Konrad, Mike; Shrum, Sandy. CMMI Second Edition. Guidelines for Process Integration and Product Improvement (CMMI for development Version 1.2), SEI Series in Software Engineering, Adisson Wesley, 2007. (Traducción gratuita al castellano en http://www.sei.cmu.edu/library/abstracts/whitepapers/cmmi-dev-v12-spanish.cfm)
1.3. McConnell, S., Desarrollo y gestión de proyectos informáticos, Mc Graw Hill 1997.
1.4. Sommerville, I. Software Engineering. 6th edition. Addison Wesley, 2001.
2. Bibliografía Complementaria
2.1. Estimación
2.1.1. Jack E. Matson, Bruce E. Barrett, and Joseph M. Mellichamp, "Software Development Cost Estimation using Function Points", IEEE Transactions on Software Engineering, vol 20, no 4, April 1994.
2.1.2. Marcela Varas C, "Modelo de Gestión de Proyectos Software: Estimación del Esfuerzo de Desarrollo", Informe de Habilitación Profesional para optar al Título de Ingeniero Civil Informático, Universidad de Concepción, 1995. http://www.inf.udec.cl/~mvaras/papers/arica/arica.htm
2.1.3. Magne Jørgensen, “Practical Guidelines for Expert-Judgment-Based Software Effort Estimation” IEEE Software. May/June 2005
2.1.4. Barry Boehm ‘Safe and Simple Software Cost Analysis’ IEEE Software Septiembre/Octubre 2000
2.2. Xestión da Calidade
2.2.1. ISO 9000:2000 series: Quality management systems. 2000. ISO
2.2.2. ISO 90003: Software engineering -- Guidelines for the application of ISO 9001:2000 to computer software. ISO
2.3. Xestión de riscos
2.3.1. Boehm, B.W., Software Risk Management: Principles and practices, IEEE Software, 32-41, Enero 1991.
2.3.2. Software risks taxonomy. http://www.sei.cmu.edu/risk/main.html
2.3.3. http://www.decisionmetrics.net
2.4. Evaliación de procesos
2.4.1. ISO/IEC 15504 ISO/IEC Information Technologies – Process assessment (parts 1-5) ISO.
2.4.2. CMM/CMMI Capability Maturity models. Continuous and staged models. www.sei.cmu.edu/CMMI
2.5. Recursos humáns
2.5.1. J. Fernando Naveda, Stephen B. Seidman “Professional Certification of Software Engineers: The CSDP Program” IEEE Software September/October 2005
CompetenciasAo finalizar o curso, o alumnado deberá dominar os seguintes aspectos:
1. Coñecer, analizar e potenciar os factores que inflúen no éxito dun proxecto.
2. Realizar a estimación de esforzo necesario para levar a cabo un proxecto.
3. Fixar o calendario de fitos e entregas e establecer a planificación dun proxecto.
4. Coñecer e realizar as tarefas de seguimento e control dun proxecto.
5. Realizar unha análise de riscos e tomar as medidas preventivas e/ou paliativas oportunas.
6. Entender os conceptos e métodos asociados coa xestión da calidade e a satisfacción do cliente.
7. Xestionar os cambios nos requisitos dun proxecto.
8. Xestionar a configuración, sendo capaz de manter un control de versións axeitado.
9. Xestionar o presuposto dun proxecto, facendo un bo control de gastos.
10. Xestionar os Recursos Humanos dun proxecto permitindo a súa participación noutros proxectos.
O alumnado deberá ter desenvolvido as competencias xerais GC1, GC2, GC9, GC10 e GC12. O alumnado tamén traballará as competencias transversais en particular no que se refire a capacidade de análise e síntese, capacidade de organización e planificación comunicación oral e escrita, capacidade de xestión da información, resolución de problemas e toma de decisións, traballo en equipo e motivación pola calidade.
Como parte do módulo de Organización e Xestión na materia tamén se desenvolven as competencias de formación básica: FB5, FB6; as competencias relacionadas coa informática: RI1, RI2, RI3, RI8 e RI16; e as competencias relacionadas coas tecnoloxías da información TI1, TI2 e TI5. Ademais das cales a materia tamén contempla a última das competencias do modulo, isto é: Comprender como se desenvolve un proxecto integral de tecnoloxías da información no seo empresarial.
Metodoloxía da ensinanza Os contidos da materia impartiranse indistintamente nas clases expositivas e nas clases interactivas. As unidades teóricas e prácticas impartiranse de maneira alternativa ao longo do cuadrimestre co obxecto de afianzar os conceptos impartidos nelas.
A realización de todas as prácticas é necesaria, ao igual que a asistencia ás clases teóricas para aprobar a materia, xa que ambas se complementan.
Os recursos necesarios para a materia son os seguintes:
a) Copias dos apuntes da materia.
b) Acceso dos alumnos á bibliografía na Biblioteca ou por Internet.
c) Acceso ás ferramentas MS Project© ou OpenProj.
d) OpenOffice ou LibreOffice para a preparación da documentación das prácticas.
Sistema de evaluaciónPara superar a materia, o alumnado deberá de aprobar o exame da convocatoria correspondente.
É necesario aprobar por separado tanto a teoría como a práctica para superar a asignatura.
As prácticas non se recuperan en Xullo; agás naqueles casos nos que o alumno alcance o 40% da nota máxima de prácticas permitíndoselle entón ao alumno que realice tódalas prácticas respecto a un novo caso práctico específicamente plantexado para unha posible recuperación. De ser así, o novo caso práctico será subido á plataforma virtual unha semán antes do examen teórico da asignatura e con plazo máximo de entrega o mesmo día e hora de dito exame.
As preguntas do exame teórico poderánse refererir tanto aos contidos teóricos como aos prácticos. A duración media do exame serán de aproximadamente de 2 horas, e poderá constar de preguntas tipo test, preguntas cortas e problemas de casos prácticos. No exame se evaluará o grado de asimilación dos obxectivos docentes establecidos no programa docente da materia.
A asistencia ás clases tanto prácticas como teóricas tamén se tendrá en conta para a evaliación da materia.
Non se realizará ningún exame parcial.
Unha vez aprobadas ambas partes por separado, o exame será o 60% da nota final y as prácticas o 40%.
Para ter unha avaliación de Non Presentado debe de concurrir algunha das seguintes circunstancias:
1. Non ter realizadas a lo menos o 80% das prácticas da materia
2. Non ter realizado o examen teórico da asignatura a pesares de ter superado as prácticas da asignatura
3. Non ter realizado o examen teórico da asignatura e ter comunicado explícitamente e por escrito ao profesor que se abandona a asignatura cando, ainda tento realizado ao menos o 80% das prácticas da asignatura, non se tiveran aprobado ditas prácticas.
Peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de Xullo)
1. Manténse a nota conseguida nas prácticas durante o curso e tamén o seu peso na nota final
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo total de estudos e traballo persoal do estudante e de 90 horas, repartidas aproximadamente da seguinte maneira:
1. Estudo autónomo: 5 horas
2. Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 20 horas
3. Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio 40 horas
4. Evaluación de trabajos, proyectos, exámenes, … : 25 horas
Poderánse propoñer outras actividades (resolución de problemas, lectura de textos e casos prácticos, etc). No caso de tratarse de actividades obligatorias non suporán un incremento de traballo total (no seu caso reduciríanse as horas das actividades 2 e 4)
Recomendacións para o estudo da materiaO material da clase deberá de complementarse coa bibliografía recomendada; especialmente coa documentación relativa a CMMI e PMP