G4011423 - Compiladores e Intérpretes (Enxeñaría de Computadores) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 23.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 40.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Electrónica e Computación, Electrónica e Computación
- Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo desta materia é introducir os conceptos, etapas e elementos fundamentais da compilación das linguaxes imperativas. Estes coñecementos han de servir para: 1) Mellorar a comprensión dos compiladores (eficiencia, límites da linguaxe, etc.) e das linguaxes de programación. 2) Realizar unha implementación práctica de analizadores sinxelos e eficientes.
Contidos1. Introducción á compilación.
2. Análise léxico.
3. Análise sintáctico.
4. Análise semántico.
5. Intérpretes, representacións intermedias e máquinas virtuais.
6. Xeración e optimización de código.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
A.V. Aho, R. Sethi, J.D. Ullman. Compiladores. Principios, técnicas y herramientas. 1ª Edición. Addison Wesley Longman, 1990.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
A.V. Aho, M.S. Lam, R. Sethi, J.D. Ullman. Compiladores. Principios, técnicas y herramientas. 2ª Edición. Pearson Educación, 2008.
D. Grune, H. E. Bal, C.J.H. Jacobs, K.Langendoen. Diseño de Compiladores Modernos. McGraw-Hill/Interamericana de España, S.A.U, 2007.
J. Levine. lex & yacc. O’Reilly, 1992.
M. Alfonseca, M. de la Cruz, A. Ortega, E. Pulido. Compiladores e Intérpretes: teoría y práctica. Pearson Educación, 2006.
D. Galles. Modern Compiler Design. Scott/Jones Inc. 2005.
K.D. Cooper, L. Torczon. Engineering a compiler. Morgan Kaufmann, 2004.
J.E. Hopcroft, R. Motwani, J.D. Ullman. Introdución a la teoría de autómatas, lenguajes y educación. Pearson Educación, 2007.
CompetenciasCon carácter xeral contribuír a acadar as competencias recollidas na memoria do título de Grao en Enxeñaría Informática da USC (CG1, CG4, CG5, CG6, CG8, CG9, TR1, TR2, TR3, FB3, FB4, FB5, RI1, RI5, RI6, RI7, RI9, RI10, TI2). En particular, coñecer as técnicas de implementación de traductores de linguaxes de programación.
Con carácter específico, a materia debe permitir acadar as seguintes competencias:
1. Capacidade para deseñar e implementar un analizador léxico e sintáctico.
2. Capacidade para deseñar e implementar a solución máis axeitada dun problema de tradución.
3. Capacidade para usar ferramentas xeradoras de analizadores léxicos e sintácticos en diferentes linguaxes de programación.
4. Capacidade para entender os principales problemas da xeración de código máquina e a sua influencia no rendemento.
Metodoloxía da ensinanza Os contidos teóricos da materia explicaranse en aulas nas que se fará uso da pizarra e de materiais audiovisuais, e se apoiarán na realización de exercicios e na análise de casos prácticos. Durante estas clases se exporá un conxunto de problemas cuxa resolución realizarase no laboratorio de informática, coa axuda dunha computadora.
Sistema de evaluaciónAVALIACIÓN EN XUÑO
A avaliación da materia realizarase mediante un exame escrito que suporá o 50% da nota final. Será un requisito imprescindible para a superación da materia tanto a asistencia como a avaliación positiva de todas as prácticas propostas, que suporán o 50% da nota final. Esta avaliación será realizada de xeito contínuo no laboratorio. O control da asistencia ás actividades de prácticas se realizará mediante control de sinaturas. De non superar as prácticas o alumno deberá presentarse a un exame práctico. A condición de "NON PRESENTADO" na avaliación da materia se define pola ausencia do alumno no exame escrito.
AVALIACIÓN EN XULLO
A avaliación da materia realizarase mediante un exame escrito (50% da nota final) e a avaliación positiva das prácticas realizadas en xuño (50% da nota final). É obrigatorio ter superada a avaliación das prácticas propostas durante o cuadrimestre no que están programdas. A condición de "NON PRESENTADO" na avaliación da materia se define pola ausencia no exame escrito.
AVALIACIÖN DOS REPETIDORES
Será a mesma que a dos non repetidores salvo que se poderán manter as calificacións da parte práctica.
Tempo de estudo e traballo persoal- Estudo autónomo: 28 horas
- Escritura de exercicios, conclusións u outros traballos: 10 horas
- Programación e outros traballos en ordenador: 25 horas
- Preparación de traballos, proxectos, exámenes: 7.5 horas
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase levar o estudo teórico e a realización de prácticas e problemas ao día. Igualmente, consideramos importante facer un bo aproveitamento das titorías para a resolución máis inmediata das dúbidas.
ObservaciónsO alumno non se debería matricular desta materia sen ter superadas as de Programación I, Programación II, Fundamentos de Computadores, Arquitectura de Computadores e Teoría de Autómatas e Linguaxes Formais.