Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

G4011442 - Calidade do Software (Enxeñaría de Software) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 3.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 36.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 40.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación
  • Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
COTOS YAÑEZ, JOSE MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Trataranse nesta materia os aspectos que inciden na xestión da calidade do software e na súa aplicación práctica e integral a un proxecto. Nela abordárase tamén en profundidade o concepto da calidade aplicado ó software dende a perspectiva de diferentes estándares
    Contidos

    Contidos
    1.- Concepto da calidade.
    2.- Calidade en Enxeñería de software.
    3.- Calidade na organización.
    4.- Calidade nos procesos.
    5.- Calidade no proxecto.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía Básica:

    1.- Mario Piattini, Félix García, Ismael Caballero; "CALIDAD DE SISTEMAS INFORMATICOS". Ed: RAMA; 2006; 01 ed. ISBN: 978-84-7897-734-5.
    2.- Mario Piattini, José A. Calvo-Manzano, Joaquín Cervera, Luis Fernández. 2003; “Análisis y diseño detallado de aplicaciones Informáticas de Gestión. Una perspectiva de Ingeniería de Software”. Ed. RA-MA, España. ISBN: 84-7897-587-X.
    3.- Roger S Pressman, 2005; “Ingeniería del Software. Un enfoque práctico”. Ed. Mc Graw Hill, España. ISBN: 970-10-5473-3.

    Bibliografía Complementaria:

    1.- Mario Piattini, José A. Calvo-Manzano, Joaquín Cervera, Luis Fernández. 1996; “Análisis y diseño detallado de aplicaciones Informáticas de Gestión”. Ed. RA-MA, España. ISBN: 84-7897-233-1
    2.- Roger S Pressman, 2001; “Ingeniería del Software. Un enfoque práctico”. Ed. Mc Graw Hill, España. ISBN: 84-481-3214-9.
    3.- Ian Sommerville, 2005; “Ingeniería de Software”. Ed. Addison Wesley, Madrid. ISBN: 84-7829074-5

    Competencias
    O alumno entenderá o uso das métricas e será capaz de utilizar varias que teñan distintos obxectivos
    O alumno será capaz de aplicar distintas técnicas de aseguramiento de calidade.
    O alumno comprenderá a necesidade e as consecuencias de usar a calidade de forma integral no proceso de construción do software.
    Nesta materia abordaranse as competencias xerais e transversais CG3, CG4, CG5, CG12, TR1 e TR3. Ademais a materia pertence ao módulo de Enxeñaría de Software dentro do cal se desenvolven as competencias en informática RI1, RI5 e RI16 e as competencias en tecnoloxías da información TI2 e TI7.
    Metodoloxía da ensinanza
    As clases de teoría articularanse en tres clases dunha hora con apoio de transparencias. A través da ferramenta de e-Learning da USC (Campus virtual) proporcionarase aos alumnos o material docente da materia e utilizarase sistematicamente como estratexia de entrega de prácticas e de colaboración entre os alumnos que desenvolvan traballos en grupos. As clases de prácticas desenvolveranse en sesións semanais de dúas horas e media e, segundo o caso, de forma individual ou en pequenos grupos aos que se propoñerá exercicios que implicarán o desenvolvemento dos contidos impartidos nas clases teóricas.
    Os foros e o correo desta ferramenta tamén se utilizarán como canle de comunicación profesor-alumnos
    Sistema de evaluación
    Para superar a disciplina, o alumno terá que entregar un traballo resumo de cada unha das prácticas realizadas o que, xunto coa avaliación continua do traballo do alumno na clase, suporá un máximo do 80% da nota total conseguida. O 20% restante será o resultado de breve exercicio teórico.
    A asistencia ás clases considérase obrigatoria, de xeito que o alumno que falte ao 20% das sesións non terá a posibilidade de superar a materia nin en Xuño nin en Xullo
    O alumno que non se presente ao exercicio teórico en Xuño terá condición de No Presentado en Xuño pero poderá igualmente realizar a proba en Xullo.
    Os alumnos repetidores examinaranse nas mesmas condicións que os alumnos en primeira convocatoria agás naqueles casos nos que aprobasen as prácticas nunha convocatoria anterior. Neste caso, non terán obriga de asistir ás clases prácticas e presentarán a memoria entregada o ano no que as aprobaron. A nota de teoría nunca se conservará e o alumno sempre deberá examinarse dos contidos teóricos da materia nas mesmas condicións que os alumnos de primeira convocatoria.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Recoméndase entre 4 e 5 horas á semana de traballo persoal do alumno para preparar a parte práctica, que implicará a realización dunha serie de traballos.

    O tempo total de estudos e traballo persoal do estudante e de 45 horas de traballo presencial e 67.5 horas de traballo persoal que se repartirán en:

    Clases expositivas: 3 h. presenciais e 18 h. de estudio autónomo
    Clases interactivias: 36 h. presenciais e 34.5 de traballo persoal do alumno
    Titorías e actividades de avaliación: 3 horas presenciais e 15 de traballo persoal do alumno.
    Recomendacións para o estudo da materia
    A compoñente evidentemente práctica da materia esixirá do alumno a asistencia regular ás sesións prácticas así como levar o traballo ao día segundo a metodología ECTS.
    Observacións
    Requisitos previos recomendados: Ter cursado previamente Enxeñería do Software