Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

G4011447 - Computación Ubicua (Materias Transversais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 26.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 39.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación
  • Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ARIAS RODRIGUEZ, JUAN ENRIQUE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Introdúcese o alumno en entornos de desenvolvemento de computación móvil, ambientes intelixentes en mobilidade, sistemas de identificación, localización y posicionamento. Intégranse estos conceptos cos de redes de comunicación inarámicas, e interfaces gráficos adaptados a pantallas reducidas.
    Contidos
    TEORIA:

    Ambientes intelixentes. Tecnoloxías de presencia e extracción de coñecemento.
    Arquitecturas para ambientes intelixentes. Sensores e actuadores. Dispositivos aumentados. Redes de comunicaciones inarámicas. Interacción. Motores de inferencia e estratexia.

    PRÁCTICAS:

    O traballo de prácticas consistirá no deseño,desenvolvemento e simulación dun ambiente intelixente con un conxunto de aplicacións particularizadas. Os alumnos traballarán en grupos de 2-4 alumnos. O profesor definirá os elementos básicos do ambiente , o seu comportamiento e as aplicacións específicas elexidas. Os alumnos deberán utilizar no deseño tecnoloxías existentes e a simulación terá en conta as súas funcionalidades reais.
    Entre os escenarios propostos para a realización de prácticas están: cidade /campus intelixente, edificio intelixente, fogar dixital, sistemas intelixentes de transporte, trazabilidade alimentaria/animal.
    Os alumnos farán unha memoria de prácticas e presentarana para avaliar o traballo realizado.


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    • Ambient intelligence,wireless networking and ubiquitous computing. Mobile Communications series. Artech House, Inc. ISBN: 978-1-58053-963-0. 2006
    • Ambient Intelligence. Springer-Verlag Berlin Heidelberg. ISBN: 3-540-23867-0. 2005.
    • Fundamentals of Mobile and Pervasive Computing. McGraw-Hill Professional Engineering. ISBN: 0-07-141237-9. 2005.
    • Pervasive Computing. Springer Professional Computing (second edition). ISBN: 3-540-00218-9. 2003
    • Everyware: The dawning age of ubiquitous computing. New Riders. ISBN:0-321-38401-6. 2006

    Bibliografía complementaria

    • When things Start to think. Owl Books. ISBN. 978-0-8050-5880-2. 1999
    • The Invisible Future. MacGraw-Hill. ISBN: 0-07-138224-0. 2002
    • Security for ubiquitous computing. John Wiley & Sons, LTD. ISBN: 0470 84493 0. 2002
    • Ambient Findability. O’Reilly Media, Inc. ISBN: 0-596-00765-5. 2005


    Competencias
    Requisitos previos recomendados: Programación Orientada a Obxectos. Redes
    Indícanse as competencias a adquirir polo alumno como resultado do aprendizaxe:

    Competencias específicas:

    -Comprensión dos requisitos dos entornos intelixentes en mobilidade.
    -Conocimiento das principais tecnoloxías parao manexo do coñecemento do entorno a través de sensores e actuadores.
    -Coñecemento das principaiss normas de comunicación inarámica.
    -Experimentación coas interfaces multimodais distribuidas.

    Competencias Goblais (CG) incluíndo as transversais (TR)

    CG5. Capacidade para concibir, desenvolver e manter sistemas, servizos e aplicacións informáticas empregando os métodos da enxeñaría do software como instrumento para asegurar a súa calidade, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 5 do devandito acordo.

    CG8. Coñecemento das materias básicas e tecnoloxías, que capaciten para a aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías, así como as que lles doten dunha grande versatilidade para adaptarse a novas situacións.

    CG9. Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade. Capacidade para saber comunicar e transmitir os coñecementos, habilidades e destrezas da profesión de Enxeñeiro Técnico en Informática.

    TR1. Instrumentais: Capacidade de análise e síntese. Capacidade de organización e planificación. Comunicación oral e escrita en galego, castelán e inglés. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.

    TR2. Personais: Traballo en equipo. Traballo nun equipo multidisciplinar e multilingüe. Habilidades nas relacións interpersonais. Razonamiento crítico. Compromiso ético.

    TR3. Sistémicas: Aprendizaxe autónoma. Adaptación a novas situacións. Creatividade. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Sensibilidade cara a temas medioambientais

    Competencias Formación Básica (FB)
    FB5. Coñecemento da estrutura, organización, funcionamento e interconexión dos sistemas informáticos, os fundamentos da súa programación, e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría

    Competencias Rama Informática (RI)
    RI1. Capacidade para deseñar, desenvolver, seleccionar e evaluar aplicacións e sistemas informáticos, asegurando súa fiabilidade, seguridade e calidade, conforme a principios éticos e á lexislación e normativa vixente.

    RI15. Coñecemento e aplicación dos principios fundamentais e técnicas básicas dos sistemas intelixentes e a súa aplicación práctica

    Competencias Tecnoloxía da Información (TI)
    TI3. Capacidade para empregar metodoloxías centradas no usuario e a organización para o desenvolvemento, avaliación e xestión de aplicacións e sistemas baseados en tecnoloxías da información que aseguren a accesibilidade, ergonomías e usabilidade dos sistemas.

    TI6. Capacidade de concebir sistemas, aplicacións e servizos baseados en tecnoloxías de rede, incluíndo Internet, web, comercio electrónico, multimedia, servizos interactivos e computación móbil


    Metodoloxía da ensinanza
    Impartiranse:
    a) Clases teóricas: para introducir os conceptos e os fundamentos básicos.

    b) Seminarios: onde se tratarán temas de interese baseados en lecturas recomendadas ao alumno e que este debe preparar para presentalo e defendelo.

    c) Prácticas para aplicar os coñecementos adquiridos. Realizaranse en pequenos equipos de tamaño variable, dependendo da entidade da practica.

    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación da aprendizaxe consistirá na:

    a) avaliación do contido do traballo e da súa defensa realizada nos seminarios
    b) avaliación das prácticas desenvolvidas
    c) avaliación dun exame teórico sobre o contido da materia


    As prácticas avaliaranse continuamente. A avaliación continua ten un peso do 50%.

    O exame teórico será de preguntas curtas ou tipo test.

    A cualificación final obterase de acordo coa seguinte fórmula:

    Nf = 0,30 x Na + 0,50 x Nb + 0,20 x Nc

    Nf é a nota da materia
    Na é a nota dos traballos realizados
    Nb é a nota de prácticas
    Nc é a nota acadada no exame
    Nf, Na, Nb, Nc puntúan ata 10 puntos.



    Para ter una cualificación de non presentado é requisito necesario:
    -non presentarse e non defender o traballo específico de seminario
    -non presentarse ao exame teórico.
    -non facer as prácticas durante os dous derradeiros meses

    En xullo, non se garda a cualificación do traballo de seminario nin do exame teórico.

    Os alumnos que non sexan de primeira matrícula, farán os mesmos traballos e probas de avaliación cos de primeira matrícula.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estímanse os seguintes tempos, aínda que supóñense moi variables dependendo de diversos factores:

    Traballo presencial na aula
    a) Clases teóricas: 12 h
    b) Seminarios: 7 h
    c) Prácticas:19 h
    d) avaliacións: 3 h

    Traballo persoal do alumno
    Estímase nunhas 71.5 h repartidas en varias actividades :
    a)estudio autónomo
    b)escritura de exercicios, conclusións e outros traballos
    c)traballos en ordenador ou laboratorio
    d)outras actividades
    e)avaliacións, exames.
    f) titorías

    Recomendacións para o estudo da materia
    Non hai recomendacións especiais. A materia necesita unha actitude activa por parte do alumno e o seu estudo enfócase dende ese punto de vista. O alumno realizará traballos e prácticas que expoñerá e defenderá para facer fronte a retos e medir a súa capacidade. O proceso de aprendizaxe require esforzo, tenacidade e organización, entre outros aspectos. Se recomenda colaborar cos compañeiros para desenvolver outras competencias e aprender deles