Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4012106 - Laboratorio de Tecnoloxía Ambiental (Tratamento de Augas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.00
  • Total: 4.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 4.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 26.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 32.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Química
  • Áreas: Enxeñaría Química
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    A materia de Laboratorio de Tecnoloxía Medioambiental é unha disciplina obrigatoria experimental do Máster en Enxeñería Ambiental, integrada no módulo de Tratamento de Augas que se relaciona tamén coas materias dos módulos de Monitorización e tratamento da contaminación atmosférica e Recuperación de solos e tratamentos de residuos. O descritor da materia que aparece na memoria verificada do máster sinala: “Laboratorio ambiental. Operación e control de plantas de tratamento de augas a escala laboratorio e piloto”.

    O obxectivo da materia é que os alumnos, divididos en equipos de 2 ou 3 persoas, realicen unha serie de prácticas experimentais onde van utilizar tanto os coñecementos adquiridos na titulación, así como adquirir novos coñecementos durante a elaboración de diversas prácticas de laboratorio e a simulación en ordenador. Con obxecto de acadar os obxectivos, a materia consta dunha serie de prácticas experimentais onde se operan plantas a escala piloto e laboratorio coas tecnoloxías de tratamento, máis habituais de efluentes líquidos ou gases contaminados.


    Contidos
    Durante as prácticas de laboratorio os alumnos, divididos en equipos realizarán unha parte das propostas no guión de prácticas da materia, onde se describen os obxectivos a alcanzar en cada unha delas.
    Prácticas:
    Bloque I. Tratamento biolóxico de augas residuais
    1.- Operación dun reactor de lodos activos.
    2.- Operación de un biorreactor de membranas.
    3.- Operación dun dixestor anaerobio de augas residuais.
    4.- Uso dun simulador de plantas de tratamento de augas residuais

    Bloque II. Tratamento físico-químico de augas residuais
    5.- Coagulación-floculación de augas residuais.
    6.- Proceso de oxidación Fenton para a decoloración de tintes industriais.
    7.- Planta de ósmose inversa.
    8.- Precipitación química de fosfatos.

    Bloque III. Tratamento e caracterización da contaminación atmosférica
    9.-Separación de sólidos en suspensión de correntes gasosas.
    10.- Mapas de ruído ambiental.
    11.- Construción e operación dun biofiltro.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica
    Guións de prácticas do Laboratorio de Tecnoloxía Ambiental. Dpto. de Enxeñería Química. Universidade de Santiago de Compostela.

    Complementaria

    Bueno J.L., Sastre H., Lavín A.G. (Eds) "Contaminación e Ingeniería Ambiental”. Vol. 2: Contaminación atmosférica. Ed. FICYT. Oviedo (1997).
    David Cooper C., Alley F.C. "Air pollution control, a design approach". 3º edition. Waveland press inc., Illinois. (2002).
    Eckenfelder W.W. "Industrial Water Pollution Control", Mc-Graw Hill, New York (1999).
    Henze, Härremoes, La Cour Jansen, Arvin. "Wastewater Treatment". Springer Verlag, Berlin. (1997).
    Kiely, G., Ingeniería Ambiental. Editorial Mc-Graw Hill, (1999).
    Metcalf & Eddy Inc. "Ingeniería de aguas residuales. Tratamiento, vertido y reutilización". 3ª Edición. Editorial Mc-Graw Hill, (1995).
    Metcalf & Eddy Inc. "Wastewater Engineering. Treatment and reuse ". 4ª Edición. Editorial Mc-Graw Hill, (2003).
    Sanz, J.M. El Ruido. MOPU, Secretaría General Técnica, Madrid (1987).

    Competencias
    O alumno desenvolverá as seguintes competencias que aparecen na memoria de estudos do Máster en Enxeñería Ambiental:

    Competencias Cognitivas
    4) Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo da enxeñería ambiental.
    7) Coñecer e deseñar as operacións unitarias aplicables os procesos ambientais.

    Procedimentais/instrumentais
    7) Modelizar sistemas ambientais tanto naturais como artificiais.

    Aptitudinales
    1) Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados.

    Actitudinales
    1) Aprender a aprender.
    3) Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares.
    4) Traballar de forma autónoma y con iniciativa.
    6) Resolver problemas de forma efectiva.
    8) Comunicar eficazmente súas ideas e defendelas.

    Metodoloxía da ensinanza
    Cada grupo de 2-3 membros recibirá os guións de todas as prácticas dispoñibles das que realizarán 3 prácticas. Antes de comezar a realización de cada práctica, os alumnos disporán dun tempo de 15-20 minutos para ler o guión. Unha vez transcorrido este período, o profesor faralles preguntas sobre os fundamentos do proceso, tendo en conta o nivel de coñecementos que presenten, recomendaráselles a lectura dunha determinada parte da bibliografía proposta ou daralles autorización para que inicien a práctica. Ao finalizar a parte experimental, os alumnos realizarán unha análise preliminar de resultados (apoiándose no uso da bibliografía e na utilización de follas de cálculo e outras ferramentas informáticas). Posteriormente, transcorridas 2 semanas da finalización das prácticas de laboratorio entregarán unha memoria das prácticas así como do ficheiro da folla de cálculo utilizada (Excel). Farase uso do Campus Virtual (Moodle).
    Sistema de evaluación
    Espérase que no período de prácticas se realicen 3 prácticas. Valorarase, preferentemente, a calidade do traballo. Para a cualificación final, teranse en conta tres factores:

    - Calidade da memoria presentada (30%). A memoria de laboratorio entregarase unha semana despois de finalizar as prácticas xunto cun informe máis estendido de dúas das prácticas.

    - Exame oral, que se efectuará ao final do período de prácticas no que os alumnos exporán e defenderán os resultados dunha das prácticas realizadas (30%). Neste ítem avaliarase a calidade da presentación efectuada, a claridade expositiva e a capacidade para responder ás preguntas que lle faga o profesor.

    - Calidade do traballo realizado no laboratorio (40%).


    Tempo de estudo e traballo persoal
    A memoria do Máster en Enxeñería Ambiental asigna unha carga lectiva de 40 horas presenciais no laboratorio e 60 horas de traballo persoal, que corresponden a 100 horas de traballo do alumno (4 ECTS).

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase que os alumnos leven ó día a materia, e que elaboren coa maior brevidade posible a memoria individual de cada práctica. Recoméndase que os alumnos cursen previamente ou asistan ás clases, respectivamente, das materias dos módulos 1 e 2.
    Observacións
    A docencia da materia impartirase, preferentemente en galego e alternativamente en castelán ou inglés (alumnos foráneos).

    A admisión de alumnos matriculados no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran a “normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas” da Universidade de Santiago de Compostela. Devandita información atópase dispoñible na páxina web (www.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf), distribuiranse ademais os cuadernos normas ao comezo da primeira sesión de prácticas, seguindo ademáis todos os aspectos relacionados que sinale o profesor.