Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4012110 - Xestión e Tratamento de Residuos (Recuperación de Solos e Xestión de Residuos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 16.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 36.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Enxeñaría Química
  • Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Enxeñaría Química
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA.NON
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Preténdese formar ós alumnos na xestión e tratamento dos residuos, centrándose nos residuos sólidos xerados polas actividades humanas, de modo que a materia se distribúe en función da orixe na xeración de ditos residuos: residuos industriais, residuos sólidos urbáns, e residuos agrícolas, gandeiros e forestais. Trátanse tamén, debido á súa importancia reflexada na normativa específica, certos residuos denominados no temario “especiais”: residuos de construción e demolición, residuos sanitarios, lodos de depuración de augas residuais e outros (vehículos e neumáticos fora de uso, graxas e aceites comestibles usados, subprodutos animais non destinados ó consumo humano). Asemade preténdese dar unha ollada xeral da política de xestión de residuos no ámbito internacional, comunitario, nacional e autonómico, así como dar a coñecer a normativa actual de obrigado cumprimento.

    Contidos
    Os contidos que se desenvolven no curso e que se detallan a continuación son os contemplados de forma sucinta no descritor da materia que aparece no plano de estudios de Máster en Enxeñaría Ambiental:

    “Procesos termoquímicos, fisicoquímicos e biolóxicos para o tratamento de residuos sólidos. Xestión e reciclaxe de residuos. Vertedoiros controlados".

    O programa da materia está dividido en 6 temas que se detallan a continuación:

    Tema I. Introdución e normativa
    Introdución e conceptos básicos de residuos. Clasificación segundo a orixe e perigosidade. Codificación dos residuos. Lista Europea de Residuos. Organizacións con responsabilidade en materia de residuos.

    Tema II. Planta de xestión e tratamento de residuos
    Xeración de residuos. Embalaxe e etiquetaxe de residuos perigosos. Sector de xestión de residuos. Instalacións de tratamento de residuos. Proceso tecnolóxico de produción. Etapas offside e onsite Tratamentos: termoquímicos, físicos, químicos, fisicoquímicos e biolóxicos.

    Tema III. Residuos Industriais
    Orixes e causas da xeración de residuos industriais. Xestión de residuos industriais. Prevención e valorización.

    Tema IV. Residuos Sólidos Urbáns
    Lexislación aplicable. Orixe e clasificación. Composición e caracterización. Xestión de RSUs. Operacións de tratamento e reciclaxe de materiais non biodegradables. Compostaxe e biometanización da fracción orgánica. Outras operacións de valorización: Incineración, pirólise e gasificación. Operacións de verquido. Formación de gases e lixiviados de vertedoiro. Vertedoiros controlados

    Tema V. Residuos agrarios
    Lexislación aplicable. Clasificación, xeración e dispoñibilidade de residuos agrícolas, forestais e gandeiros. Os residuos das industrias agrarias e forestais. Xestión de envases de fitosanitarios e plásticos de uso agrícola.

    Tema VI. Os residuos especiais
    Residuos de construción e demolición. Lodos de depuración de augas residuais. Residuos hospitalarios. Outros residuos especiais.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    George Tchobanoglous, Hilary Theisen Samuel A. Vigil. “Gestión integral de residuos sólidos”. McGraw-Hill, Madrid (1994).
    LaGrega, Michael D., Buckingham, Phillip L., Evans, Jeffrey C. “Gestión de residuos tóxicos. Tratamiento, eliminación y recuperación de suelos”, Ed McGraw-Hill, 1996.
    Polprasert C., “Organic Waste Recycling”, IWA Publishing, N. York, 2007.

    Bibliografía complementaria

    Banco Mundial, “Municipal solid Waste Incineration. Requirements for a Succesful Project”, MundiPrensa, 2000.
    Bueno, J.L., Sastre, H., Lavín, A.G., “Contaminación e Ingeniería Ambiental”, FICYT, Oviedo, 1997.
    Costa, F, Hernández, M.T. e Moreno, J.I. “Utilización agrícola de lodos de depuradora”, 1987.
    Del Val A., “El libro del reciclaje”, Oasis, Barcelona, 1991.
    Fundación la Caixa, “Gestión e utilización de residuos urbanos para la agricultura”, Mundi-Prensa, Madrid, 1995.
    Levin, Morris, Gealth, Michael A. “Biotratamiento de Residuos Tóxicos y Peligrosos”, Ed. McGraw-Hill, 1997.
    Lund H.F., “Manual McGraw Hill de Reciclaje”, McGraw Hill, Nueva York, 1996.
    Marañón Maison, E., “Residuos industriales y suelos contaminados”, Servicio de Publicaciones, Universidad de Oviedo, 2000.
    Nemerow, N.L., Dasgupta, A., “Tratamiento de vertidos industriales y peligrosos”, Díaz de Santos S.A., Madrid, 1998.
    Seoánez Calvo, M., “Residuos”, MundiPrensa, Madrid, 2000.
    Tchobanoglous G., Theisen H.M., Vigil, S.A. “Gestión Integral de Residuos Sólidos”, McGraw Hill, Madrid, 1994.
    US Environmental Protection Agency. “Waste prevention, recycling and composting options”, 1994.
    USEPA “Composting. Yard and Municipal Solid Waste”, Techbomic Pub. Co., Inc. Lancaster, USA, 1996.
    USEPA, Curlee, T.R. and Das, S. “Plastic Wastes Management, Control, Recycling and Disposal”, Noyes Data Corporation, 1991.
    Valdés, J.L. “Disposición de lodos de depuradora en el terreno”, 1988.
    Walter R. Niessen. Combustion and Incineration Processes. Marcel Dekker, New York, 2002.
    Wang, L.K., Hung, Y-T., Lo, H.H., Yapijakis, C. Hazardous Industrial Waste Treatment. Taylor & Francis, 2006.

    Competencias
    En esta materia o alumno adquirirá as seguintes competencias:

    Xerais

    Utilizar Tecnoloxías da Información e Comunicacións no aprendizaxe.
    Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados.
    Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.

    Específicas

    Coñecer os sistemas e ferramentas de xestión e tratamento de residuos.
    Coñecer a lexislación en materia de residuos.
    Comparar e seleccionar alternativas técnicas.
    Organizar e planificar a xestión dun problema ambiental, instalación ou servicio ambiental.

    Metodoloxía da ensinanza
    Realizarase unha combinación de leccións maxistrais para explicar a teoría, intercalando clases interactivas ao longo do curso para ilustrar os contidos teóricos e tamén haberá titorías obrigatorias. Nas titorías obrigatorias farase o seguimento dos traballos en grupo realizados polos alumnos.
    Nesta materia farase uso da ferramenta dispoñible para a docencia virtual.
    Se contemplan realizar nesta materia unha visita a algunha das instalacións que se indican a continuación:
    - Pranta de transferencia.
    - Pranta de valorización de RSU.
    - Pranta de tratamento de residuos non perigosos.
    - Pranta de tratamento de residuos perigosos.
    - Pranta de aglomeración de residuos industriais.
    - Pranta de tratamento de aceites usados.
    - Pranta de tratamento de vehículos fora de uso.
    - Pranta de tratamento de residuos orgánicos.
    Asemade invitarase, se procede, a poñentes procedentes da industria especialistas na xestión e tratamento dos seguintes tipos de residuos: aceites usados, neumáticos fora de uso, hospitalarios, RSU, residuos de construcción e demolición, papel.

    Sistema de evaluación
    A avaliación do alumno realizarase sobre os seguintes aspectos:

    - Os conceptos da materia. A avaliación levarase a cabo mediante un exame o que se lle adxudicará un 60% da nota final.

    - Elaboración de traballos propostos. A avaliación basearase na orixinalidade e aportacións persoais do alumno correspondéndolle un 30% da nota final.

    - Asistencia e participación. Corresponderase cun 10% da nota final.

    A cualificación final obterase como media ponderada dos tres aspectos obxecto de avaliación.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten unha carga de traballo de 4,5 ECTS, que se reparten como segue:

    Actividade Horas presenciais Factor Traballo persoal TOTAL

    Expositivas 16 1,5 24 40
    Interactivas 18 1,75 30 48
    Tutorías obligatorias 4 1 4 8
    Exame 2 1 2 4
    TOTAL 40 - 60 100

    Onde as horas presenciais indican o número de horas de clases da materia, a través das diversas actividades que se realizan, o factor indica a estimación de horas que ten que adicar o estudante por hora de actividade presencial que realiza, sendo as horas de traballo autónomo un computo do producto do factor polas actividades. O total de horas necesarias será a carga de traballo que supón cada actividade para o alumno e obtense como sumatorio das horas presenciais e de traballo autónomo.

    Observacións
    Aqueles alumnos que desexen obter información adicional sobre cuestións relacionadas coa organización docente e de investigación, a información administrativa ou incluso sobre outras actividades organizadas pola Universidade, poden consultar as seguintes páxinas web:
    Máster en Enxeñaría Ambiental: http://www.usc.es/enxamb
    Departamento de Enxeñaría Química (correo electrónico, despachos e teléfonos do profesorado do Departamento.
    Actividades de investigación realizadas): http://www.usc.es/enxqu/
    Escola Técnica Superior de Enxeñaría Química (descrición da titulación, organización do centro, horarios de clases de teoría e laboratorio, organización de grupos de prácticas e calendario de exames. Formularios administrativos):
    http://www.usc.es/~etse/