Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4012111 - Prácticas Externas (Prácticas Externas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 5.70
  • Horas de Titorías: 19.00
  • Total: 24.7

Outros Datos

  • Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Edafoloxía e Química Agrícola, Xeografía, Química Física, Enxeñaría Química, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría Agroforestal, Bioloxía Celular e Ecoloxía, Zooloxía e Antropoloxía Física
  • Áreas: Dereito Administrativo, Edafoloxía e Química Agrícola, Análise Xeográfica Rexional, Química Física, Enxeñaría Química, Química Analítica, Proxectos de Enxeñaría, Enxeñaría Agroforestal, Ecoloxía, Zooloxía
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
FEIJOO COSTA, GUMERSINDO.NON
MACIAS VAZQUEZ, FELIPE.NON
OMIL PRIETO, FRANCISCO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    0.- Datos descritivos da materia
    Nome e código:
    Materia: Prácticas Externas
    Código: P4012-111
    Tipo: Obrigatoria
    Nº de créditos: 6 ECTS
    Módulo: 5 (Prácticas Externas)
    Horario: consúltese o horario do Máster

    Profesorado
    Todos os profesores do Máster poden estar involucrados en esta materia.
    Dpto. Enxeñaría Química
    Teléfono: 16805
    correo-e: francisco.omil@usc.es


    OBXECTIVOS DA MATERIA

    A realización das PRACTICAS EXTERNAS ten como obxectivo o complementar a formación recibida mediante aplicación dos coñecementos adquiridos no desenvolvemento profesional e/ou investigador.


    Contidos
    Os alumnos realizarán unha estancia unha empresa ou centro de investigación onde porán en práctica os coñecemientos adquiridos durante as clases teóricas e prácticas adaptándose así a unha realidade concreta do traballo diario.

    Asignación e xestión das PRACTICAS EXTERNAS
    As Prácticas Externas están reguladas por unha normativa que está disponible na páxina web da titulación (http://www.usc.es/etse/gl/category/7/85/10449) e que xestiona o Coordinador de esta materia.

    Aspectos relativos á seguridade e prevención de riscos laborais
    A empresa, administración ou centro de investigación receptor debe formar ao alumno que reciba no concerniente a aqueles aspectos de seguridade e prevención de riscos laborais que vaian a ser relevantes para o traballo do alumno. No caso concreto dos centros de investigación, como por exemplo os laboratorios da USC, o estudante debe cumplir as normas de seguridade preceptivas de cada instalación onde vaia a traballar.

    Seguemento e calificación das Prácticas externas.
    Cada alumno terá dous titores: un profesor do Máster e un titor na empresa/institución.



    Bibliografía básica e complementaria
    Aquela relacionada coa actividade en cuestión.
    Competencias
    Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquer titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou específicos da Enxeñaría Ambiental en particular.
    Dentro do cadro de competencias que se deseñou para la titulación, traballaranse de forma máis específica as seguintes:

    Xerais
    • Ter un coñecemento global dos problemas ambientais
    • Coñecer os factores sociais que interveñen nas solucións ambientais
    • Organizar e planificar a xestión dun problema ambiental, instalación ou servizo ambiental.

    Específicas
    • Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares
    • Identificar tecnoloxías emerxentes
    • Asumir con responsabilidade ética o seu papel de enxeñeiro nun contexto profesional.


    Metodoloxía da ensinanza
    En este caso a metodoloxía dependerá das actividades propostas nos centros colaboradores.
    Sistema de evaluación
    Rematado o período de actividade na empresa/institución, o titor deberá remitir un certificado (segundo Anexo III da normativa) das actividades realizadas polo alumno, asemade da calificación que lle outorga (esta representará un 70% da nota final).

    Ó finalizar as Practicas externas o alumno deberá remitir o seu titor unha memoria onde se describan as actividades realizadas durante o mesmo. O titor avaliará esta memoria que significará un 30% da nota final desta materia.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten unha carga de traballo equivalente a 6 ECTS que equivale a 150 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase unha actitude positiva e proactiva para aproveitar ao máximo a potencialidade desta estadía.