P4012112 - Avaliación do Impacto Ambiental (Xestión Ambiental) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.50
- Total: 3.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 14.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 28.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
- Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaObxectivos da materia
Esta materia ten como obxectivo primordial coñecer as metodoloxías para a elaboración dos estudios de avaliación de impacto ambiental así como da súa aplicación os análise de riscos ambientais, auditorías ambientais e Informes de Viabilidade Ambiental para entidades Investidoras. En todos os casos é imprescindible un coñecemento da normativa aplicable, dos tipos de proxectos que deben ser avaliados e os criterios ambientais de inclusión para os proxectos non obrigados. Neste senso deberanse identificar a magnitude e importancia dos indicadores dos sistemas ambientais afectados, mediante o manexo dos métodos de identificación e avaliación de impactos. O procedemento aplicarase no estudio de diferentes clases de proxectos y en todas las fases, dende o deseño, construcción, operación...hasta o abandono do proxecto.
Co coñecemento ambiental do ámbito de instalación de proxecto estudiaranse as medidas preventivas, correctoras e
compensatorias de carácter ambiental necesarias para lograr a maior integración ambiental co menor impacto. Obxecto moi importante da materia é a formulación dos planes de seguimento e vixilancia ambiental que deberán ser aplicados durante toda a vida de funcionamento da instalación para o seu mantemento nas condicións de sostibilidade ambiental.
ContidosOs contidos que se desenvolven no curso relacionados son os contemplados de forma sucinta nos descritores da materia no plano de estudios de Máster Oficial en Enxeñería Ambiental e consta de 5 créditos ECTS. Presenta os seguintes contidos:
“Alcance e significado da Avaliación de Impacto Ambiental. Elaboración dos Estudios de Impacto Ambiental, Medidas de corrección e control dos impactos. Planes de seguimento e vixiancia ambiental. Lexislación da Avaliación do Impacto Ambiental“.
Tendo en conta o descrito anteriormente, o programa estructurase en cinco bloques temáticos:
I. Conceptos Xerais. Lexislación de Avaliación de Impacto Ambiental
II. Contido do Estudo de Impacto Ambiental e Proceso de Evaluación
III. Inventario Ambiental
IV. Métodos de Avaliación
V. Medidas Preventivas e Correctoras. Plans de Seguimento e Vixiancia.
O primeiro bloque consta de dous temas. No primeiro definese o impacto ambiental e todos os conceptos con él relacionados.
O segundo tema dedicase a realizar o análisis da normativa existente así como su origen, alcance, evolución e tendencias actuais.
O segundo e terceiro bloque ten como objetivo que o alumno conozca as ferramentas básicas dos estudos de impacto ambiental. Comprende seis temas destinados a conocer o contido de ditos estudios, o proceso administrativo de avaliación e a promulgación da declaración administrativa. Ademáis se estudian as líneas de análisis do proxecto e inventario ambiental:
medio inerte, medio biótico, paisaxe e medio socioeconómico.
O cuarto bloque está dividido en tres temas nos que se revisan os métodos de identificación de impactos, así como os métodos: avaliativos, de agregación, comparación e de información geográfica. Ademáis se analizan os mais adecuados para a selección de alternativas.
Finalmente, no quinto bloque se realiza a tipificación das medidas de corrección aplicables en todas as fases de execución dun proxecto, planteándose a elaboración de planes de seguimento, vixilancia e control de impactos.
I. Conceptos Xerais. Lexislación da Avaliación de Impacto Ambiental
Tema 1. Conceptos xerais. Introducción. Concepto de medio ambiente Definición de impacto. Relación causa-efecto. Factores ambientais. Valor do impacto
Tema 2. Lexislación da Avaliación de Impacto Ambiental Antecedentes históricos. Normativa Europea. Lexislación básica do Estado. Aplicación e Lexislación das Comunidades Autónomas. A Avaliación de Impacto Ambiental Estratéxica.
II. Contidos do Estudio e Proceso de Avaliación
Tema 3. Os estudios de Avaliación de Impacto Ambiental (EIA).Contenido dos EIA. Proceso administrativo de avaliación e Declaración administrativa de impacto ambiental
Tema 4. Análisis do proxecto. Tipos de proxectos: Inxeniería, agricultura, industria, forestais, minería... Accions de proxecto: planificación, obra civil, instalacions industriales, operación e mantenimento,ey abandono.
Alcance do Inventario Ambiental
Tema 5. Medio Físico. Estudio do clima; atmósfera: calidad do aire; xeología: calidad (litoloxía, estabilidade, erosionabilidade, recursos mineiros), fraxilidad (Puntos de interés xeolóxico, yacimientos mineiros e arqueolóxicos); edafoloxía: calidad, tipos de solos, (puntos de interés edáfico, usos agronómicos); hidroloxía: augas superficiais e subterráneas, red hidrográfica (calidad, cantidad, temporalidad, usos,..). Interaccions entre os elementos estudiados.
Tema 6. Medio Biótico. Estudio da Vexetación, comunidades vexetaies, calidad, presencia e estado de conservación de especies protexidas. Estudio da fauna, comunidades existentes, presencia de especies protexidas. Espacios de interés natural, grado de conservación e existencia de hábitats. Interaccions entre os elementos estudiados.
Tema 7. Paisaxe. Estructura e estética. Calidad intrínseca. Fragilidad, ópticas visuais. Interaccions entre os elementos
estudiados.
Tema 8. Medio Socioeconómico. Dinámica da población, sectores productivos, tenencia de propiedad, aproveitamento dos recursos, aspectos económicos. Patrimonio histórico artístico. Interaccions entre os elementos estudiados.
Métodos de Avaliación Tema 9. Identificación dos Impactos. Sistemas de identificación: Listas de control, Matrices de identificación (acción-factor), Diagramas de redes, Sistemas elaborados de identificación.
Tema 10. Métodos de Avaliación de impacto Ambiental I. Magnitud e importancia. Proceso de valoración. Criterios cualitativos e cuantitativos. Indicadores de impacto. Sistemas de valoración.
Tema 11. Métodos de Avaliación de impacto Ambiental II. Métodos comparativos: Comparación, Selección mediante
matrices. Encuestas e entrevistas, Panel de expertos e Método Delphi. Métodos de selección por agregación: Método Battelle e sistemas de selección geográfica (método das Transparencias).
V. Medidas Preventivas e Correctoras. Plans de Seguimentoey Vixiancia.
Tema 12. Corrección e Control de impactos. Corrección de impactos na fase de elaboración do proxecto. Corrección de impactos producidos por obra civil. Medidas para a recuperación ambiental. Plans de actuación. Programa de seguimento e vixiancia ambiental: obxetivos, función, responsabilidades. Estructura e contidos dos programas de vixiancia.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Gómez Orea, D. “Evaluación del impacto Ambiental”. Ed. Mundi Prensa, Madrid (1999).
Bibliografía complementaria
André, P., Delisle, C.E.; Reveret, J.P. y Sène, A. “L•evaluation des impacts sur l•environnement. Processus, acteurs et
pratique”. Presses Internationales Polytechnique, Canada (1999).
Arce, R.M. “La Evaluación de Impacto Ambiental en la Encrucijada. Los retos del futuro”. Ed Ecoiuris. (2001)
Bregman, J. I. “Environmental Impacts Statements”2ª edición. Lewis Publishers (1999)
Canter, L. W. “Manual de Evaluación de Impacto Ambiental”.Técnicas para la elaboración de los estudios de Impacto”. 2ª
Edición Mc Graw Hill, Impresa. Madrid (1997).
Garmendia, A., Salvador, A., Crespo, C., Garmendia, L.”Evaluación de Impacto Ambiental”. Ed Pearson Prentice Hall (2005)
Gilpin, A., “Environmental Impact Assessment”Cambridge University Press. (1994
Hertig, J.A., Fallot, J.M., De Pury, Ph. y Lachat, B. “Études D’impact sur l´•environnement” Presses Polytechniques et
Universitaires Romandes. Lausanne (1999)
MOPT. “Guías Metodológicas para la elaboración de estudios de impacto ambiental”. Monografías de la Dirección general de
Medio Ambiente. Ed, Agrupen. Madrid (1989) y siguientes
MOPT. “Guía para la elaboración de Estudios del medio Físico”. Secretaria de Estado para las políticas del Agua y el Medio
Ambiente. Centro de Publicaciones del Ministerio de Obras Públicas (1993)
Partidario, M. R. y Clark, R., “Perspectives on strategic Environmental Assessment”. Lewis publishers, New York (2000).
Pichet, J. “Dépasser l´•évaluation environnementale. Procedure d’•étude et insertion dans la décision globale”. Presses
Polytechniques et Universitaires Romandes. Lausanne (1996).
Riera, P. “Evaluación de Impacto Ambiental”. Cuadernos de Medio Ambiente. Rubes Editorial. Barcelona (2000).
Wood, C., “Environmental Impact Assesement. A Comparative Review”. Longeman Group Limited New York (1995).
CompetenciasNesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias do coñecemento do medio ambiente e a viabilidade do seu aproveitamento ou específicos da Avaliación do Impacto Ambiental en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, se instruirá ós alumnos nas seguintes competencias:
Cognitivas
• Ter un coñecemento global dos problemas ambientais.
• Coñecer as bases científicas que son aplicadas pola enxeñaría ambiental.
• Coñecer os procedementos de avaliación de riscos ambientais e tecnolóxicos.
• Coñecer os factores sociais que interveñen nas solucións ambientais.
Procedementais/instrumentais
• Definir a viabilidade técnica, social, económica e ambiental dun proxecto ou solución.
• Modelizar sistemas ambientais tanto naturais como artificiais.
• Realizar estudios de impacto ambiental.
Aptitudinais
• Realizar estudios bibliográficos e sintetizar resultados.
• Comparar e seleccionar alternativas técnicas.
• Redactar informes sobre impactos e temáticas ambientais.
Actitudinais
• Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares.
• Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
Metodoloxía da ensinanza Se alternarán clases de teoría con seminarios e prácticas de gabinete e campo nos que se resolverán problemas aplicados a casos reais, se analizarán as consecuencias ambientais de determinadas actuacións e das propostas de mellora.
Os contidos teóricos básicos da materia se ensinarán sobre a base de clases maxistrais onde se explicarán e desenvolverán os mesmos. Estas clases apoiaranse na utilización de presentacións en Power Point e de información de Estudios de Impacto e Declaracións de Impacto Ambiental.
O material didáctico (programa, presentacións, documentos, apuntes, etc.,) se subministrará os alumnos a medida que vaia desenvolvéndose o programa.
Sistema de evaluaciónA avaliación consistirá basicamente nun exame escrito no que o alumno deberá responder a unha serie de preguntas de teoría. Unha parte da nota (20%) obterase a partir do traballo realizado nas actividades propias da materia. En ningún caso poderá aprobar un alumno con nota do examen inferior a 4,0.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten unha carga de traballo de 5 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total, que se reparten da seguinte forma:
Actividade Horas presenciais Factor Traballo persoal TOTAL
Teoría 28 0,89 25 53
Prácticas 16 1,25 20 36
Titorías obrigatorias 16 0,62 10 26
Exame 3 2,33 7 10
TOTAL 63 - 62 125
Onde as horas presenciais indica o número de horas de clases da materia, a través das diversas actividades que se realizan, o factor indica a estimación de horas que ten que dedicar o estudiante por hora de actividade, sendo as horas de traballo autónomo un computo do producto do factor polas actividades e total a carga de traballo que supón cada actividade.
Recomendacións para o estudo da materiaO alumno deberá, ademais de coñecer os conceptos fundamentais sobre os compoñentes ambientais: agua, aire, suelo e biota e a sua interacción cas actividades humanas, ter un bo coñecemento das distintas tecnoloxías ambientais para poder discernir a súa posible utilización ou mellora. Asimesmo deberá ter información e capacidade de análisis sobre os componentes socioeconomicos das sociedades humanas.
Suponse tamén que a estas alturas dos estudios o alumno ten adquiridos unha serie de coñecementos adicionais como:
capacidade de lectura e adquisición de información por diferentes procedimentos, unha certa destreza a nivel de usuario das ferramentas informáticas mais comúns (Word, Excel, uso de correo electrónico, consulta de páxinas web), capacidade de interpretación de documentos cartograficos e de bases de datos,...