P4012113 - Deseño Ecolóxico de Procesos e Productos (Xestión Ambiental) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 5.00
- Total: 5.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 20.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 40.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Química
- Áreas: Enxeñaría Química
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia0.- Datos descritivos da materia
A materia de DESEÑO ECOLÓXICO DE PROCESOS E PRODUTOS ten unha vinculación directa con aquelas que compoñen o Módulo 6 de XESTIÓN AMBIENTAL do Máster en Enxeñería Ambiental, tendo así mesmo relación con outras materias do máster que abranguen fundamentos científicos e técnicos como: Balances de Materia e Enerxía, Modelización Ambiental, e Xestión e Tratamento de Residuos.
Materia: Deseño ecolóxico de procesos e produtos.
Tipo: Obrigatoria
Curso: 2º Curso do Máster en Enxeñaría Ambiental
Nº de créditos: 5,0 ECTS
Módulo: Xestión Ambiental
Horario: ver calendario titulación
Profesorado
Gumersindo Feijoo Costa
Dpto. Enxeñaría Química
Teléfono: 881816776
correo-e: gumersindo.feijoo@usc.es
Horario de titorías
Titorías obrigadas: Ver a programación docente da titulación.
Titorías do profesor: luns e martes de 16 a 19 h Despacho: 2.2
Departamento de Enxeñaría Química, ETSE
Nesta materia, o obxectivo primordial é adquirir un coñecemento xeral dos principais conceptos relativos ó deseño sostible de procesos e produtos mediante o estudio de diferentes ferramentas de análise e avaliación medioambiental.
ContidosOs contidos que se presentan son os contemplados de forma sucinta no descritor da materia no plano de estudios do Máster en Enxeñaría Ambiental: “Indicadores de sostenibilidade. Sistemas de xestión ambiental e sostenibilidade. Política de produto integrada. Análise de ciclo de vida. Ecoetiquetado. Ecodeseño. Pegada ecolóxica. Avaliación de risco ambiental”.
O programa da materia está dividido en 2 bloques con 9 temas básicos, que se indican a continuación:
Bloque I. Sostenibilidade: Principios e Bases
Tema 1. Desenvolvemento sostible. A prevención e o principio de precaución. Definición, características e implicacións. Filosofía de ciclo de vida.
Tema 2. Indicadores de sostenibilidade e Política de Produtos Integrada. Definición de indicador. Exemplo de indicadores. Memoria de sostenibilidade. Política de Produtos Integrada.
Tema 3. Sistemas de xestión medioambiental. Xeneralidades. Ciclo PDCA. Normas ISO 14000. Regulamento EMAS. Declaración ambiental. Auditoría medioambiental.
Bloque II. Ferramentas de análise e avaliación
Tema 4. Análise de ciclo de vida. Filosofía do ciclo de vida. Metodoloxía e fases de desenrolo. Aplicación na análise de procesos e produtos. Manexo de software específico.
Tema 5. Ecodeseño. Definición de ecodeseño e ecoprodutos. Elementos claves para favorecer o ecodeseño. Ferramentas do ecodeseño. Estudo de casos prácticos
Tema 6. Ecoetiquetado. Definición e tipos de ecoetiquetas. Ecoetiqueta europea. Pegada ecolóxica. Pegada de carbono
Tema 7. Avaliación de Risco Ambiental. Definición. Metodoloxía e fases de desenrolo. Regulamento REACH.
Obxectivos específicos (por bloques)
Preséntanse a continuación os contidos detallados de cada bloque, describindo, asemade, os obxectivos que se pretenden acadar en cada un deles.
Bloque I. Sostenibilidade: Principios e Bases
Este bloque consta dun primeiro tema introdutorio no que se presentan os aspectos xerais da xestión ambiental, considerando tanto a análise orientada a proceso como a produto, e definindo un enfoque precautorio e preventivo dos procesos produtivos e de servizos. A continuación estúdanse diferentes indicadores de sostenibilidade, de forma específica a memoria de sostenibilidade. Finalizase este bloque definindo os elementos relativos ós sistemas de xestión ambiental regulados baixo as normas ISO e o regulamento EMAS.
Perséguense tamén outros obxectivos de tipo didáctico que se queren desenvolver ou fortalecer, e que teñen que ver con habilidades de tipo social: traballo en grupo ou capacidade de comunicación. Así mesmo preténdese a mellora das capacidades de análise, iniciativa e negociación por parte do alumno. Por outro lado, preténdese fortalecelo manexo de diferentes fontes de información útiles para resolver casos reais (web, bibliografía, información directa…)
Bloque II. Ferramentas de Análise e Avaliación
A análise de ciclo de vida é unha metodoloxía que se emprega para avaliar as cargas ambientais asociadas a un produto, proceso ou actividade, tendo en conta o seu ciclo completo: “dende o berce ata a tumba”. Polo tanto, para unha determinada actividade non só queda circunscrito o problema a “miña” instalación industrial, senón que tamén compre definir cal é a parte alícuota de contaminación de todas as actividades previas e posteriores que o“meu” producto determina. Todo isto é posíbel mediante a identificación e cuantificación das materias primas, a enerxía e os residuos vertidos ó medio asociado. Desta forma, se determina o impacto producido polo emprego desta enerxía, das devanditas materias primas e ás descargas o medio. Sen embargo, o ACV no só es un instrumento para protexer o medio ambiente e conservar os recursos naturais, senón tamén un instrumento empresarial para reducir costos e mellorar posicións de mercado. Asemade, e a técnica chave para aplicar outras ferramentas ou metodoloxías como ecodeseño, ecoetiquetado, pegada ecolóxica e risco ambiental que se analizan nos capítulos do bloque.
Neste bloque as actividades que desenvolveran os alumnos inclúen, entre outras:
• Resolución dun ACV mediante a aplicación dun metodoloxía de avaliación do impacto empregando un software específico (SimaPro ou GaBI) (actividade en grupo).
• Ecodeseño dun producto (actividade en grupo)
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Baumann, H. y Tillman, A.M. “The Hitch Hiker´s Guide to LCA. An orientation in life cycle assessment methodology and application”. Studentlitteratur, Lund (2004)
Bibliografía complementaria
Calow, P. “Handbook of environmental risk assessment and management”. Blackwell Science (1998)
Lerche, I. “Environmental risk analysis”. McGraw-Hill (2001)
Rieradevall, J. Y Vinyets, J. “Ecodiseño i Ecoproductos”. Ed. Rubes, Barcelona(1999).
Vivancos, J.L., Clemente, G. y SanJuan, N. "Análisis de Ciclo de Vida: Aspectos Metodológicos y Casos Prácticos". Ed. Universidad Politécnica de Valencia, Valencia (2005)
CompetenciasNesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñería en xeral ou da Enxeñería Ambiental en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, se instruirá ós alumnos nas seguintes:
Xerais
• Organizar, planificar e dirixir servizos ambientais.
• Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares.
• Resolver problemas de forma efectiva
• Comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas.
• Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais.
Específicas
• Relacionar as leis das diferentes esferas para atinxir a sostenibilidade.
• Coñecer os sistemas e ferramentas de xestión ambiental.
• Coñecer os procedementos de avaliación de riscos ambientais e tecnolóxicos.
• Coñecer os factores sociais que interveñen nas solucións ambientais.
• Aplicar ferramentas de xestión ambiental: Análise de ciclo de vida, Ecoloxía industrial, Tecnoloxías limpas, Normas ISO, EMAS.
• Comparar e seleccionar alternativas técnicas.
Metodoloxía da ensinanza Os contidos teóricos da materia se ensinarán sobre a base de clases maxistrais onde se explicarán e desenvolverán os mesmos, coa realización de diversas cuestións ós alumnos para fomentar a súa participación e facilitar a súa aprendizaxe e asimilación dos conceptos. Estas clases apoiaranse na utilización de materiais audiovisuais co utilización de ficheiros en PowerPoint i Excel (resolución de problemas e casos prácticos).
As clases teóricas completaranse coas clases de seminarios que consistirán na resolución de casos prácticos sobre a aplicación das diferentes ferramentas presentadas ó longo da materia. Algúns dos traballos se realizaran en grupos mediante a aprendizaxe cooperativa, onde son os propios alumnos os que “ensinen/aprendan” dun xeito pro-activo cara a resolución dun problema específico.
Farase uso da USC virtual (plataforma Blackboard Learn) para reforzalas titorías, especialmente para a resolución dos Casos Prácticos plantexados, e como vehículo áxil no intercambio de información entre o profesor e o alumno.
Sistema de evaluaciónA avaliación do alumno farase en función de dous ítems: exame final (25%) e actividades de clase (75%), sendo necesario un mínimo de 3 puntos sobre 10 no exame para a superación da materia.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten unha carga de traballo de 5,0 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total, que se reparten da seguinte forma:
Actividade Horas presenciais Factor Traballo persoal TOTAL
Teoría 18 1,5 27 45
Problemas 20 2,0 40 60
Titorías obrigatorias 2 3,0 6 8
Exame 3 3,0 9 12
TOTAL 43 - 82 125
*En sombreado as horas que corresponderían o POD dos profesores (2h titorías * 3 grupos = 6 h. Total horas profesores = 18 + 20+ 6 = 44 h)
Onde as horas presenciais indica o número de horas de clases da materia, a través das diversas actividades que se realizan, o factor indica a estimación de horas que ten que dedicar o estudiante por hora de actividade, sendo as horas de traballo autónomo un computo do producto do factor polas actividades, e o total representa a carga de traballo que supón cada actividade.
Recomendacións para o estudo da materiaPresuponse que os alumnos que se matriculen da materia han de ter superado o módulo de Fundamentos, xa que os coñecementos e competencias alí desenvolvidas son necesarios para lograr superar con éxito esta materia. Así mesmo resultan de grande interese, pola súa relación directa, os coñecementos adquiridos nas materias de Tecnoloxías de Tratamento de Augas, Xestión e Tratamento de Residuos e Medio Ambiente Atmosférico e Redución de Emisións.
Asemade para conseguir un rendemento óptimo na materia resulta aconsellable que o alumno teña unha serie de coñecementos adicionais: dominio do idioma Inglés a nivel de lectura e coñecementos de aplicacións informáticas a nivel usuario (Word, Excel, uso de correo electrónico, consulta de páxinas web).