Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4012114 - Traballo Fin de Máster (Traballo Fin de Máster) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 18.00
  • Total: 18.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 98.00
  • Horas de Titorías: 336.00
  • Total: 434.0

Outros Datos

  • Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Edafoloxía e Química Agrícola, Xeografía, Química Física, Enxeñaría Química, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría Agroforestal, Bioloxía Celular e Ecoloxía, Zooloxía e Antropoloxía Física
  • Áreas: Dereito Administrativo, Edafoloxía e Química Agrícola, Análise Xeográfica Rexional, Química Física, Enxeñaría Química, Química Analítica, Proxectos de Enxeñaría, Enxeñaría Agroforestal, Ecoloxía, Zooloxía
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Álvarez López, Carlos José.NON
Arce Vázquez, Florencio.NON
BELLO BUGALLO, PASTORA MARIA.NON
CALVO DE ANTA, ROSA MARIA.NON
CARBALLEIRA OCAÑA, ALEJO.NON
FEIJOO COSTA, GUMERSINDO.NON
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA.NON
MACIAS VAZQUEZ, FELIPE.NON
Mendez Pampin, Ramon.NON
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN.NON
MOREIRA VILAR, MARIA TERESA.NON
NOGUEIRA LOPEZ, MARIA DA ALBA.NON
OMIL PRIETO, FRANCISCO.SI
Rodríguez Martínez, Héctor.NON
Souto González, José Antonio.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    0.- Datos descritivos da materia
    Nome e código:
    Materia: Prácticas Externas
    Código: P4012-114
    Tipo: Obrigatoria
    Nº de créditos: 18 ECTS
    Módulo: 7 (Traballo Fin de Máster)
    Horario: consúltese o horario do Máster

    Profesorado
    Todos os profesores do Máster poden estar involucrados en esta materia.
    Dpto. Enxeñaría Química
    Teléfono: 16805
    correo-e: francisco.omil@usc.es

    1.- Obxectivos da materia
    O principal obxectivo do Traballo Fin de Máster (TFM) e a realización dun traballo no ámbito da enxeñaría ambiental como aplicación, por parte do alumno, dos coñecementos e competencias adquiridos na súa formación, a efectos de simular unha actividade profesional anticipada, xa sexa dentro do campo científico, técnico ou de xestión, que permita completar súa formación académica, de acordo cos intereses persoais do alumno.
    A materia de Traballo Fin de Máster ten unha vinculación directa con todas as que compoñen a Titulación, buscando a integración e aplicación profesional da formación do alumno.

    Contidos
    TIPOLOXIA DOS TRABALLOS FIN DE MASTER

    O TFM poderá consistir na conceptualización, definición, deseño e avaliación de elementos correspondente a un problema medioambiental, incluindo o deseño e cálculo da estratexia de solución axeitada. Tamén poderá contemplarse a realización dun traballo de deseño ou de resolución dun problema de organización, investigación ou avaliación, de suficiente entidade.

    Dado que a tipoloxía dos traballos pode ser variada, o Centro velará polo establecemento dunha relación directa co alumno a través dunha titoría/dirección por parte de profesor/es e, por outra banda, definirá os termos de referencia que permitan establecer unha definición, desenrolo e avaliación do traballo persoal realizado polo alumno. Asemade, se definirá un nivel de traballo similar para todos os alumnos da titulación, acorde coa carga de traballo reflectida no Plan de Estudos (18 ECTS).

    En función do anterior podemos definir as seguintes tipoloxías:
    2.1. Proxecto ou Anteproxecto de Enxeñaría, os cales se axustan formalmente ás características dun proxecto técnico con seus correspondentes documentos.
    2.2. Estudo técnico sobre un tema específico que se desenrolará de acordo coa proposta.
    2.3. Traballo de investigación aplicado.
    2.4. Proxecto desenrolado durante a estadía en empresas e/ou organismos públicos ou privados.
    Independentemente da tipoloxía do traballo, o Centro velará para que o TFM se axuste a carga asignada e o cumprimento dos prazos formulados na programación do Máster.

    ASIGNACIÓN DOS PROXECTOS

    O alumno poderá elixir e propoñer a temática e a tipología do TFM que considere máis axeitado aos seus intereses, de forma independente ou acorde con algún profesor do Máster.
    - Realizarase unha convocatoria única a finais do módulo 6 (outubro-novembro) onde o Coordinador do Máster fará pública a relación de proxectos ofertados polos profesores. Fixarase un tempo de consultas tralo cal os alumnos entregarán unha instancia indicando de forma priorizada os temas elixidos. Finalmente a Comisión Académica resolverá as asignaciones. En caso de conflito entre varias solicitudes usarase como criterio de selección o expediente académico do alumno correspondente ao primeiro curso do Máster. Si aínda así non quedase claro, o titor do proxecto elixiría a un dos alumnos solicitantes.
    - Ademais, e en calquera momento do curso, os alumnos do Máster poden propoñer un proxecto concreto segundo o modelo que se expón na páxina web onde se indicará o traballo proposto e titores implicados. O proxecto será analizado e aprobado se procede pola Comisión Académica.
    - A instancias dun alumno ou profesor, a Comisión poderá aceptar a realización de proxectos externos á USC, sempre asegurando que a proposta do proxecto sexa compatible cos obxectivos genéricos do TFM e que se efectuará un seguimiento por parte dun profesor do Máster (que actuará como co-titor) do citado traballo.
    - O compromiso de tutoría comprende soamente o período definido para a realización do TFM no Plan de Estudos (12 semanas). Isto non impide que o profesor e alumno poidan prolongar estas tutorías si están de común acordo.
    - O Coordinador do Módulo fixará tanto as datas límite de entrega da memoria final así como as de exposición do proxecto ante a Comisión de Avaliación.

    ASPECTOS RELATIVOS Á SEGURIDADE E PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

    Tanto si é a USC como unha empresa, administración ou centro de investigación onde o alumno realice o TFM, o alumno debe recibir a oportuna información no concernente a aqueles aspectos de seguridade e prevención de riscos laborais que vaian ser relevantes para o seu traballo do alumno. No caso concreto dos centros de investigación, por exemplo os laboratorios da USC, o estudante debe cumprir as normas de seguridade preceptivas de cada instalación onde vaia a traballar.

    Bibliografía básica e complementaria
    A bibliografía verá condicionada polo tipo e temática de proxecto a realizar.
    Competencias
    Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquer titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou específicos da Enxeñaría Ambiental en particular.

    Dentro do cadro de competencias que se deseñou para la titulación, traballaranse de forma máis específica as seguintes:

    Xerais
    • Realizar estudios bibliográficos e sintetizar resultados.
    • Comparar e seleccionar alternativas técnicas.
    • Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
    • Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
    • Comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas.
    • Aplicar ferramentas de planificación e optimización.
    • Definir a viabilidade técnica, social, económica e ambiental dun proxecto ou solución.
    • Modelizar sistemas ambientais tanto naturais como artificiais.

    Específicas
    • Elaborar proxectos de enxeñaría ambiental.
    • Organizar e planificar a xestión dun problema ambiental, instalación ou servizo ambiental.
    • Deseñar e calcular solucións de enxeñaría a problemas ambientais.
    • Aplicar ferramentas de xestión ambiental: Análise de ciclo de vida, Ecoloxía industrial, Tecnoloxías limpas, Normas ISO, EMAS.
    • Redactar informes sobre impactos e temáticas ambientais.
    • Realizar estudos de impacto ambiental.
    • Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais.
    • Xestionar de forma eficiente os recursos e enerxías, fomentando o desenrrolo e uso de enerxías renovabeis.
    • Aplicar os fundamentos de enxeñaría ambiental a casos non coñecidos

    Metodoloxía da ensinanza
    O TFM farano individualmente cada alumno baixo a dirección de algúns dos profesores da titulación onde aplicará os contidos desenvoltos na titulación facendo fincapé nas competencias xerais que compre adquirir en profundidade.
    Sistema de evaluación
    O TFM defenderase en sesión pública diante dunha Comisión Avaliadora designada ó efecto segundo a normativa aprobada na reunión da Comisión Académica (5 de xuño 2013).

    As Comisións Avaliadoras estarán formadas por tres profesores da USC que impartan docencia na titulación, do que non poderá formar parte o director ou directora do traballo.
    O nomeamento dos membros das Comisións será proposto pola Comisión Académica a instancia do Coordinador do Máster.

    Cada alumno será avaliado individualmente para o cal se terán en conta os seguintes aspectos: i) Traballo realizado polo alumno, incluíndo a calidade da memoria presentada; ii) Informe do titor; iii) Presentación e defensa do TFM ante a Comisión Avaliadora.

    O TFM exporase nunha sesión pública, diante da Comisión Avaliadora designada. Nesta sesión o alumno defenderá fronte á comisión o TFM e respostará a aquelas cuestións que lle foran formuladas.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten unha carga de traballo equivalente a 18 ECTS que equivale a 450 horas de traballo total.