P4012202 - Dereito Ambiental (Fundamentos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.50
- Total: 3.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 14.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 28.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
- Áreas: Dereito Administrativo
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO estudio e coñecemento da materia “Dereito Ambiental”, dada a amplitude da materia e a ausencia de coñecementos xurídicos dos estudiantes, pretende achegar un coñecemento do manexo da normativa existente e dos axentes xurídicos que facilite o futuro traballo profesional dos alumnos. Neste sentido, a materia Dereito Ambiental quere que os estudantes comprendan a existencia dun ordenamento xurídico-ambiental complexo con diferentes fontes de producción normativa (internacional, comunitaria, estatal, autonómica e local) e a súa ordenación competencial ou xerárquica. Tamén a presenza dunha pluralidade de Administracións na protección ambiental. Os estudiantes deberán achegarse ao coñecemento das diversas técnicas de protección ambiental que usan os poderes públicos para protexer o ambiente na normativa sectorial (técnicas preventivas, instrumentos económicos, responsabilidade ambiental, instrumentos voluntarios).
A percepción desa complexidade do ordenamento ambiental, realizada no primeiro bloque de temas do programa, permite un estudio sectorial dalgúns problemas ambientais onde se pode percibir esa combinación de fontes normativas, axentes competentes e técnicas de protección. De forma complementaria quere ofrecerse aos estudantes unha formación complementaria xurídica máis xeral para que no seu traballo profesional, e como cidadáns, saiban relacionarse coas Administracións públicas (procedemento administrativo, cómputo de prazos, tramitación de queixas e recursos...).
ContidosO programa da materia está dividido nun bloque básico e un tema complementario. Un primeiro bloque de cinco temas nos que se estudia a parte xeral da materia (fontes normativas, suxeitos, técnicas de protección). O tema complemenetario aborda a parte sectorial do estudo dos distintos elementos do medio e dos factores de contaminación (augas, solo, ar, espazos naturais, residuos...) e, dada a premura de tempo, permite realizar estudos monográficos cambiantes en función dos intereses do estudantado ou de sucesos concretos.
Os temas que requiren un maior estudo e que son esenciais para o entendemento da materia sinálanse cun sinal dun flexo verde. Estes temas serán obxecto principal da avaliación da materia.completa da materia sinálanse cun flexo marelo. Estes temas serán obxecto dun tratamento máis breve tanto nas explicacións como no control de coñecementos adquiridos.
PARTE XERAL
Tema 1. A orixe e fontes do Dereito Ambiental. A) Concepto de ambiente e Dereito Ambiental. B) Nacemento do Dereito Ambiental: Causas e caracterización. Os principios do Dereito Ambiental C) Fontes do Dereito Ambiental: A protección internacional. O Dereito comunitario. A protección interna. D) A Constitución e o Estatuto de Autonomía. Distribución de competencias en materia ambiental: Estado, Comunidade Autónoma e Concellos. E) A normativa ambiental, clasificación e efectos: Regulamentos e Directivas comunitarias; Leis e Regulamentos estatais e autonómicos; Ordenanzas municipais. Normas de producto e de proceso. Normas de emisión e de inmisión. O papel da normalización técnica.
Tema 2.Os instrumentos de tutela ambiental.Instrumentos preventivos. A) A planificación ambiental.B) As autorizacións C) O Control Integrado da Contaminación. D) A Avaliación de impacto ambiental e a avaliación estratéxica de planos e programas. Modalidades e procedemento.
Tema 3. Instrumentos económicos e voluntarios de tutela ambiental. A)Os tributos ecolóxicos. B) Os acordos voluntarios. O Pacto ambiental C) As axudas públicas e os fondos. D) Os incentivos fiscais. E)A ecoetiqueta. F) Os sistemas de xestión ambiental e as ecoauditorías.
Tema 4. Instrumentos complementarios. A) A participación cidadán: órganos de consulta e asesoramento; outras formas de participación B) O acceso á información ambiental. C) A formación e educación ambiental.
Tema 5. Os instrumentos represivos. A) A disciplina ambiental. A inspección ambiental. O Dereito sancionador. B) A protección penal do medio ambiente: os delitos ecolóxicos. C) A responsabilidade civil e administrativa por danos ao medio ambiente. D) A tutela xudicial do ambiente: lexitimación.
A TUTELA SECTORIAL DO MEDIO
Tema 6. A) A Directiva marco comunitaria e as Directivas “fillas”. Réximen das augas continentais. C) Réxime das augas marítimas. D) A contaminación atmosférica. A loita contra o ruido. As radiacións. A protección da capa de ozono. A loita contra a choiva ácida.O efecto invernadero.E) Réxime xurídico dos residuos e os solos contaminados F) A protección da naturaleza.
3.1 Obxectivos específicos (por bloques)
A continuación pasa a explicarse, de forma detallada, os contidos de cada un deles, describindo, asemade, os obxectivos que se pretenden acadar en cada un deles, subliñando aqueles contidos máis importantes que se deban destacar.
Bloque I. PARTE XERAL
O primeiro bloque de temas pretende dotar ao estudiante das ferramentas necesarias para analisar unha norma ambiental e identificar se desde o punto de vista competencial é aplicable e o tipo de esixencias que fixa para un determinado ámbito de actuación ambiental. Este primeiro bloque de temas ocupa a maior parte das explicacións docentes xa que unha vez coñecidas as distintas fontes de producción normativa e as súas relacións (xerárquicas ou de distribución competencial) e as técnicas de protección ambiental pode procederse ao estudio de calquera norma sectorial.
Con este bloque de temas tamén se pretende que os estudiantes sexan conscientes da evolución que experimentaron as técnicas de proteccion ambiental e como, sen abandoar totalmente as técnicas clásicas de control (autorización-sanción), se van progresivamente consolidando novas técnicas económicas (impostos ambientais) ou voluntarias (EMAS, ecoetiqueta).
Ademáis ao fio de explicacións propiamente ambientais introdúcense conceptos máis xerais de Dereito Administrativo que poden ser de utilidade no seu traballo profesional. A explicación detallada de procedementos administrativos de autorización ambiental permite falar de dereitos dos cidadáns ante as Administracións públicas e de requisitos procedimentais como os prazos ou a forma de presentación de solicitudes ou das vias de defensa frente a incumprimentos ou decisións adversas da Administración. Igualmente a explicación da responsabilidade ambiental aproveítase para falar da responsabilidade profesional na que poden incorrer por prácticas incorrectas ou pouco éticas.
Bloque II. A TUTELA SECTORIAL DO MEDIO
Os cinco apartados que entran neste tema están dirixidos a que o alumno coñeza: a) os principais problemas sectoriais ambientais e a súa regulación b) a identificación dos contidos teóricos do primeiro bloque en normas sectoriais.
A dificultade de abordar en tan curto espazo temporal a inxente producción normativa ambiental fai que este segundo bloque de temas deba ser obxecto dun estudio puntual mediante unha participación máis intensa dos alumnos, en concreto a través de traballos e das titorías personalizadas. Dado que o obxectivo da materia é achegar coñecementos xurídicos a non-xuristas parece interesante que os estudiantes sexan quen de aplicar os coñecementos xerais adquiridos no primeiro bloque a estudios de caso concretos que lles permitan consolidar unha capacidade de comprensión global do Dereito ambiental.
Contémplanse as seguintes actividades para que desenvolvan os alumnos:
• Elección dun suposto de estudio sectorial concreto e realización dun traballo de recollida da normativa aplicable e de síntese das esixencias que esta fixa para esa actividade.
• Estudio e discusión de diversas novas aparecidas na prensa en relación a problemas obxecto de estudio.
Os contidos que se desenvolven no curso relacionados son os contemplados de forma sucinta no descritor da materia no plano de estudios de Máster en Enxeñería Ambiental que indican os seguintes contidos no descritor:
Principios e caracteres do Dereito ambiental. A organización administrativa da tutela ambiental. Instrumentos xerais de protección ambiental. Tutela sectorial
Bibliografía básica e complementariaLozano Cutanda, B., Derecho Ambiental Administrativo, Dickinson, ultima edición
Dossier de normas, noticias, estatísticas e documentos de elaboración propia
CompetenciasNesta materia o/a alumno/a adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias do Dereito, se ben adaptadas á formación técnico-científica dos estudiantes. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, se traballarán de xeito máis específico as seguintes:
Xerais
Utilizar Tecnoloxías da Información e Comunicacións na aprendizaxe
Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
Traballar de forma autónoma e con iniciativa
Comunicar efícazmente as súas ideas e defendelas
Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados
Específicas
Recoñecer as leis das diferentes esferas para atinxir a sostibilidade
Coñecer a lexislación ambiental a nivel local, rexional e global
Coñecer os factores sociais que interveñen nas solucións ambientais
Compromiso coa protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible
Asumir con responsabilidade ética o seu papel de enxeñeiro nun contexto profesional
Metodoloxía da ensinanza Realizarase unha combinación de leccións maxistrais para explicar a teoría, intercalando supostos prácticos, comentarios de normas e de noticias da actualidade para ilustrar os contidos teóricos e titorías obrigatorias.
Para o seguemento das clases facilítaselle aos estudiantes o primeiro día de clase un dossier cunha selección de normas, noticias, documentación e estatísticas que se utilizan como material de apoio á docencia teórica.
A materia ten unha carga de traballo de 3,5 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total, que se reparten da seguinte forma:
Distribución da actividade formativa en ECTS
Actividade Horas presenciais Horas traballo alumno ECTS
Clases maxistrais 12,0 30,0 2,1
Seminarios 14,0 28,0 2,3
Tutorías grupo 2,0 1,0 0,1
Total 28,0 59,0 3,5
Sistema de evaluaciónA cualificación do alumno é unha media ponderada entre o rendemento do mesmo nas dúas partes nas que se avalían: exame e rendemento na aula (participación, traballo cooperativo e de investigación). O reparto da puntuación será función dos rendementos obtidos no exame (65% da cualificación) e da súa participación en actividades e traballos propostas na aula (25%). O exame constará basicamente de preguntas curtas e dun comentario de texto máis longo. As preguntas servirán para acreditar a capacidade de sintetizar os coñecementos adquiridos e, tamén, aplicalos a algún suposto práctico ou real.
Plantéxase asemade a elaboración de traballos específicos sobre aspectos particulares dos problemas en estudo especialmente do segundo bloque de temas de carácter sectorial. Estes traballos poderán realizarse en grupos pequenos de 2-3 alumnos para fomentar o traballo en equipo. Asemesmo, valorarase a asistencia e participación activa nas clases (10%).
Recomendacións para o estudo da materiaPresuponse que os alumnos que se matriculen da materia han de ter capacidade para aplicar pensamento lóxico e crítico e para comunicar eficazmente as súas ideas. Non obstante non son precisos máis coñecementos instrumentais que o manexo a nivel de usuario de ferramentas informáticas e de búsqueda de datos (Word, uso de correo electrónico, consulta de páxinas web).
ObservaciónsAqueles alumnos que desexen obter información adicional sobre cuestións relacionadas coa lexislación ambiental, a organización docente e de investigación poden consultar as seguintes páxinas web:
http://www.xunta.es/diario-oficial
Diario Oficial de Galiza
http://www.boe.es/g/es/
Servidor do Boletín Oficial do Estado. Pódense facer consultas de boletíns atrasados
http://europa.eu.int/eur-lex/es/index.html,
Portal de dereito da Unión Europea. Consulta Diario Oficial, xurisprudencia….
http://europa.eu.int/comm/environment/index_es.htm
Páxina da Dirección Xeral de Medio Ambienta da Unión Europea
http://europa.eu.int/comm/environment/ecolabel/index_en.htm
Páxina sobre a ecoetiqueta comunitaria para productos
http://europa.eu.int/comm/environment/emas/index_en.htm
Páxina sobre o sistema comunitario de xestión e auditorías ambientais (EMAS)
http://medioambiente.xunta.es/
Servidor da Consellería de Medio ambiente
http://www.mma.es/
Servidor do Ministerio de Medio Ambiente
http://www.westlaw.es/westlaw/frames.do?posicion=frame&action=default
Base de datos de lexislación e xurisprudencia estatal e autonómica. Só se pode consultar desde a Universidade.
http://mediambient.gencat.net/esp/
Páxina do Departamento de Medio Ambiente da Generalitat de Catalunya. Ten moita información interesante e o apartado de lexislación é moi completo (texto íntegro das normas)
http://www.adega.info/
Páxina web da Asociación para a Defensa Ambiental de Galicia. Actualidade ambiental galega.
http://www.ecologistasenaccion.org/inicio.php3
Páxina de Ecologistas en Acción
http://www.greenpeace.org/espana/
Páxina Greenpeace
http://www.wwf.es/
Páxina de WWF.Adena