Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4012203 - Explotación de EDAR e ETAP (Tratamento de Augas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.50
  • Total: 3.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 14.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 28.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Química
  • Áreas: Enxeñaría Química
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
OMIL PRIETO, FRANCISCO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    0.- Datos descritivos da materia
    Nome e código:
    Materia: Tecnoloxías de Tratamento de Augas
    Código: P4012-203
    Tipo: Optativa
    Nº de créditos: 3,5 ECTS
    Módulo: 2 (Tratamento de Augas)
    Horario: consúltese o horario do Máster (www.usc.es/etse/mena)
    Profesorado
    Francisco Omil Prieto
    Dpto. Enxeñaría Química
    Teléfono: 16805
    correo-e: francisco.omil@usc.es
    Idioma
    Inglés (a excepción das 8 horas de charlas impartidas polo persoal invitado de administración e empresas).

    Tutorías
    Martes, de 9:00 a 10:00 no despacho 2.4 do departamento de Enxeñaría Química.

    1.- Obxectivos

    O estudio e coñecemento da materia de “Explotación de EDAR y ETAP” concebiuse dende a perspectiva dun enfoque eminentemente práctico, onde o alumno poida coñecer os fundamentos de selección e deseño de plantas para o tratamento de augas.
    O programa está centrado no deseño e mantenemento de determinadas plantas reais de tratamento de augas potables e residuais (tanto urbanas como industriais) consideradas como representativas.
    O enfoque da materia será eminentemente práctico, incidindo nas clases de teoría e problemas nos tipos de problemas máis frecuentes dos que pode afrontar o futuro enxeñeiro e dando unha descrición e regras utilizadas para a selección de equipos. O programa da materia contempla a realización de visitas técnicas a instalacións industriais que servirán para complementar a formación recibida no aula.


    Contidos
    Os contidos que se desenvolven no curso son os contemplados de forma sucinta no descriptor da materia recollido no plan de estudos do Máster en Enxeñaría Ambiental:
    “Operación de plantas de potabilización, EDAR municipais e industriais: análise de fallos e solucións posibles. Optimización do proceso e aspectos económicos. Retos emerxentes: nutrintes, microcontaminantes, xestión de lodos".
    O programa da materia consta de 5 temas básicos, que se detallan a continuación:

    Programa
    Tema 0. Conferencias (8 h)
    Conferencias impartidas sobre diversas problemáticas do campo das EDAR e ETAP por persoas relevantes do mundo da administración (Augas de Galicia), empresas de tratamento de augas residuais (Agbar-Aquagest, Aqualia), empresas de control de EDAR e ETAP (Labaqua), entre outras.
    Tema 1. Bases para o deseño de procesos de tratamento de augas (4 h)
    Bases para o deseño: caudais, concentracións e requisitos legais. Diagramas de fluxo. Criterio de cargas de traballo. Balance de sólidos. Liña piezométrica. Ordenamento espacial das instalacións da planta de tratamento. Tipos de reactores e as súas características hidráulicas. Selección de reactores.
    Tema 2. Xestión de equipos, mantenemento e persoal. Seguridade e saúde. (1 h)
    O mantemento da maquinaria. Tipos de mantemento: correctivo, preventivo e predictivo. Seguridade e saúde na operación de plantas de tratamento de augas: riscos físicos, químicos e biolóxicos.
    Tema 3. Estudo e operación de plantas de potabilización (3 h)
    Tipos de unidades máis frecuentes en plantas de potabilización. Análise de problemas máis frecuentes de operación en casos concretos. Protocolos de posta en marcha, monitorización e mantenemento. Estudio de costes: inversión e operación. Estudio do diagrama de proceso dunha planta industrial concreta e visita as súas instalacións. Prevención de riscos laborais.
    Tema 4. Estudo e operación de EDAR municipais (6 h)
    Tipos de unidades máis frecuentes en EDAR municipais. Problemas máis frecuentes de operación. Protocolos de posta en marcha, monitorización e mantenimento. Análise de problemas en casos concretos. Estudo de custes: inversión e operación. Estudo do diagrama de proceso dunha EDAR concreta e visita as súas instalacións.Prevención de riscos laborais.
    Tema 5. Estudio e operación de EDAR industriais (6 h)
    Tipos de unidades más frecuentes en EDAR industriais. Análise de problemas máis frecuentes de operación en casos concretos. Protocolos de posta en marcha, monitorización y mantenemento. Estudio de custes: inversión e operación. Estudio do diagrama de proceso dunha EDAR industrial concreta e visita as súas instalacións.Prevención de riscos laborais.

    Bibliografía básica e complementaria
    LIBROS BASICOS
    • Van Haandel, A.C. and Lettinga, G. “Anaerobic sewage treatment”. John Wiley & Sons Ltd., Chichester, England (1994).
    • Water Environment Federation. "Operation of municipal wastewater treatment plants". 5ª Edición. WEF Manual of Practice, Virginia (1996).

    LIBROS COMPLEMENTARIOS
    • Judd S. The MBR book. Editorial Elsevier. Oxford (2006).
    • Metcalf & Eddy Inc. "Wastewater Engineering. Treatment and reuse". 4ª Edición. Editorial Mc-Graw Hill, (2003).
    • Poch, M. y J. M. Lema (Eds) Tecnologías y estrategias para el rediseño de EDAR. Ed Lápices 4 Santiago de Compostela (2008).
    • Speece, R.E. “Anaerobic biotechnology for industrial wastewaters”, Archae Press, Tennessee (1996).

    ARTIGOS
    • M. T. Seijas, D. Lago y F. Omil (2003). “Identificación de problemas durante la operación de una EDAR municipal y propuesta de acciones correctoras”. Tecnología del Auga, 234, 33-40.
    • L.M. Morón, H. Laíño y F. Omil (2006). “Influencia de las condiciones de operación de una EDAR municipal en las características de sedimentabilidad da biomasa: 1. Descripción y análisis de la operación de la EDAR”. Tecnología del Agua, 269, 30-38.
    • L.M. Morón, H. Laíño y F. OMIL (2006). “Influencia de las condiciones de operación de una EDAR municipal en las características de sedimentabilidad de la biomasa: 2. Estudio morfológico y estructural da biomasa”. Tecnología del Agua, 270, 32-42.

    Competencias
    Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse de forma máis específica as seguintes:
    Xenerais
    • Coñecer as técnicas de construción e instalación en enxeñaría.
    • Definir a viabilidade técnica, social, económica e ambiental dun proxecto ou solución.
    • Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
    • Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo
    Específicas
    • Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo da enxeñaría ambiental.
    • Comparar e seleccionar alternativas técnicas
    • Identificar tecnoloxías emerxentes
    • Organizar e planificar a xestión dun problema ambiental, instalación ou servizo ambiental.
    • Xestionar de forma eficiente os recursos e enerxías, fomentando o desenvolvemento e uso de enerxías renovabeis.
    Metodoloxía da ensinanza
    Ao inicio do curso facilitarase aos alumnos un CD co seguinte material:
    • CALENDARIO: unha guía onde se indicará a planificación detallada de actividades, indicando os diversos artigos ou capítulos ou libros dos que é necesaria a súa lectura previa á clase.
    • PRESENTACIÓNS: as presentacións-guía usadas polo profesor e que resumen os principais contidos de cada tema.
    • EXTRAS: algúns artigos ou publicacións considerados de interese.
    • NORMAS: normas e recomendacións para a confección e presentación de traballos.
    Ss clases realizaranse combinando tanto a clase maxistral como, preferentemente, en forma de seminario onde o profesor tratará de facer fincapé nos aspectos máis destacados do estado do arte, e onde se verificará a asimilación de contidos por parte dos alumnos. É por elo moi importante que o alumno vaia traballando o material de que dispón para promover a interacción profesor-alumno.
    Ademáis, está planificada a realización de un traballo en equipo por parte dos alumnos.

    Usarase o Aula Virtual da USC.

    Visitas de campo
    Contemplase a visita a unha planta de tratamento (EDAR, ETAP ou EDARI), así como a participación de 4 poñentes do mundo da industria (tal e como se comentou no temario). En ambas actividades fomentarase a comunicación entre alumnos e colaboradores do mundo da administración e empresa.

    Sistema de evaluación
    A cualificación do alumno é unha media ponderada entre o rendemento do mesmo nas dúas partes nas que se evalúa o mesmo: exame e rendemento no aula (participación, traballo cooperativo e de investigación). O reparto da puntuación será función dos rendementos obtidos no exame (60% da cualificación) e da súa participación en actividades propostas no aula (40%). É preciso que se obteña, al menos, un 30% da nota do exame para poder aprobar la materia.

    Distribución da calificación
    Traballos e actividades no aula 40%
    Exame 60%


    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten unha carga de traballo equivalente a 3,5 ECTS que se reparten da forma que se mostra na táboa. As horas presenciais indican o número de horas de clases da materia, a través das diversas actividades que se realizan, o factor indica a estimación de horas que ten que adicar o estudante por hora de actividade, sendo as horas de traballo autónomo un cómputo do produto do factor polas actividades e total a carga de traballo que supón cada actividade.

    Distribución da actividade formativa en ECTS
    Actividade Horas presenciais Horas traballo alumno ECTS

    Clases maxistrais 12,0 30,0 2,1
    Seminarios 14,0 28,0 2,3
    Tutorías grupo 2,0 1,0 0,1
    Total 28,0 59,0 3,5


    Recomendacións para o estudo da materia
    É importante que os alumnos estuden previamente aqueles textos, documentos ou artigos que se vaian sinalando na guía docente. É imprescindible ter un dominio medio ou alto do idioma inglés.