P4012204 - Laboratorio de Modelización da Calidade do Aire (Monitorización e Redución da Contaminación Atmosférica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.50
- Total: 3.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 4.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 22.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 28.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Química
- Áreas: Enxeñaría Química
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia0.Dados descritivos da matéria
Nome e código:
Matéria: Laboratório de modelazón da calidade do ar
Código: P4012204
Tipo: Optativa
Nº de créditos: 3,5 ECTS
Módulo: 3 (Monitorización e redución da contaminación atmosféríca)
Horário: consulte-se o horário do Máster
Profesorado:
José Antonio Souto González
Dpto.Enxeñaria Química
Telefone: 981-593100 extensión 16757
correo-e: ja.souto@usc.es
Horário de tutorias
Tutorias do profesor: Despacho: 1.1, 1ª planta
Departamento de Enxeñaria Química, ETSE
Aula Virtual
Idioma en que se imparte: Inglés
A matéria de “Laboratório de modelazón da calidade do ar”, de 3,5 ECTS, se enmarca
como matéria optativa dentro do Módulo 3 “Monitorización e redución da contaminación
atmosférica”, co obxectivo de abordar de forma prática as técnicas de modelazón aplicadas na
avaliación da contaminación atmosférica dentro da prática profisional, asi como a operación
de unidades de depuración de gases a escala de laboratório.
Os contidos teóricos necesários para abordar esta matéria son proporcionados pola
matéria obligatoria do mesmo módulo “Meio ambiente atmosférico e redución de emisóns”,
tanto no que respecta aos modelos de calidade do ar como ás técnicas de depuración de gases.
1.Obxectivos da matéria
A matéria “Laboratório de modelazón da calidade do ar” pretende facilitar que o alumno
empregue os modelos de calidade do ar e outras ferramentas asociadas en distintos problemas
habituais no ámbito profisional, asi como ensaiar distintas equipas de depuración de gases.
Asi, do resultado desta matéria se derivará que o alumno coñeza as ferramentas e dados
necesários para a correcta aplicación dos modelos de calidade do ar e a avaliación das suas
resultados, asi como as técnicas experimentais asociadas á operación e avaliación de unidades
de depuración de gases.
ContidosOs contidos que se desenvolven en 3,5 ECTS son os contemplados de forma sucinta no
descriptor da matéria no plano de estudos do Máster en Enxeñaria Ambiental, e que son:
“Modelos de calidade do ar.Impacto dun novo foco.Contaminación fotoquímica.Cenários
multifoco.Inventarios de emisóns atmosféricas.Sistemas de predicción da
contaminación.Tratamento de efluentes gasosos”
Estes contidos práticos desenvolverán-se e avaliarán mediante unha série de unidades
didácticas de distinta natureza, dependendo das infra-estruturas disponíbeis.
Obxectivos específicos
nesta matéria pretende-se que o alumno resulte capacitado para empregar os modelos de
calidade do ar ao uso na resolución de distintos problemas típicos da contaminación
atmosférica.Ademais, pretende-se que o alumno ensaie distintas técnicas de depuración de
gases no laboratório e avalie as ecuazóns de deseño das equipas correspondientes.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Jacobson, M.Z. “Fundamentals of Atmospheric Modelling”.Cambridge University Press,
Cambridge, 2005.
Zannetti, P."Air Pollution Modeling".Computational Mechanics Publications, Van Nostrand
Reinhold, New York, 1990.
De Nevers, N. “Air Pollution Controlo Engineering”.McGraw-Hill, México, 2000.
Bibliografía complementaria
Baumbach, G. “Air Quality Controlo”.Springer-Verlag, Berlín, 1996.
Davis, W.T. (ed.) “Air Pollution Controlo Engineering”.Air & Waste Management
Association, 2nd ed.,John Wiley & Sons, New York, 2000.
Jacobson, M.Z. "Atmospheric Pollution".Cambridge University Press, Cambridge, 2002.
Competenciasnesta matéria o alumno adquirirá ou praticará unha série de competéncias xenéricas,
desexabeis en calquera titulación universitária, e específicas, próprias da ingeñiería en xeral
ou específicas da Enxeñaria Ambiental en particular.Dentro do cuadro de competéncias que se
deseñou para a titulación, os alumnos deberán atinxir as seguintes competéncias:
Xerais
Cognitivas
Coñecer en profundidade as tecnoloxias, ferramentas e técnicas no campo da
enxeñaria ambiental.
Coñecer e deseñar as operacións unitárias aplicabeis aos procesos ambientais.
Coñecer os procedimentos de avaliación de riscos ambientais e tecnolóxicos.
Procedimentais/instrumentais
Modelizar sistemas ambientais naturais.
Deseñar e calcular solucións de enxeñaria a problemas ambientais.
Realizar estudos de impacto ambiental.
Aptitudinais
Redixir informes sobre impactos e temáticas ambientais.
Actitudinais
Aprender a aprender.
Aplicar pensamento crítico, lóxico e criativo.
Liderar e traballar en equipas interdisciplinares.
Tomar decisións considerando globalmente xeitos técnicos, económicos, sociais
e ambientais.
Específicas
Aplicar técnicas de modelazón ao estudo e resolución de problemas de
contaminación atmosférica.
Ensaiar experimentalmente e avaliar distintas unidades de depuración de gases.
Metodoloxía da ensinanza no que respecta á docencia presencial, esta matéria se desenvolverá en dous laboratórios
claramente diferenciados, tendo en conta as características das distintas unidades didácticas
propostas:
a) Modelos de calidade do ar e as suas distintas aplicacións: Simulazóns por ordenador.
b) Control de emisións (incluíndo a depuración dos gases): Simulación e realización de experimentos sobre distintas unidades de laboratório na Planta Piloto da ETSE, dacordo coa súa dispoñibilidade.
5.1.Docencia presencial
Modelos de calidade do ar: O profesor introducirá o obxectivo de cada experimento e
aportará a formación necesária no manexo dos modelos.A continuación, o profesor
entregará a cada alumno un cuestionario sobre a prática a desenvolver, que deberá
responder nese momento.Seguídamente, cada alumno deberá desenvolver o experimento
proposto.Finalmente, o alumno terá a oportunidade de revisar e corrixir os respostas do
seu próprio cuestionario, que entregará xunto cos resultados do experimento á
finalización da sesión.
Control de emisións: Os alumnos distribuirán-se en equipas de traballo, asignándole a
cada equipo unha unidade experimental co seu correspondiente guión do prático.Con
esta información, a equipa deberá consultar a bibliografía recomendada para,
posteriormente, despachar co profesor antes de proceder ao desenvolvimento
experimental.
Unha vez completada esta fase de preparación, desenvolverán-se os ensaios
experimentais e obterán-se os resultados numéricos pertinentes.Estes resultados deberán
ser apresentados ao profesor antes da finalización da prática.
Especialmente no caso das prácticas relativas a “Control de emisións”, que se desenvolverán na Planta Piloto da ETSE, os alumnos deberán atender as “Normas de Seguridade en Laboratorios de Prácticas” desta Universidade (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sprl/restrinxido/doc_restrinxida/NPR-20_Ed_2.pdf), adaptadas polo profesor ao inicio de cada práctica concreta. Esta atención formará parte da avaliación do traballo no laboratorio de cada alumno, indicado no apartado 6.
A materia contará cunha Aula Virtual.
Sistema de evaluaciónA avaliación da matéria comporá-se dunha combinación de:
Actividade avaliabel
Modo de avaliación
Peso na
nota global
Modelos de calidade do ar:
Cuestionarios e resultados
Individual
70 %
Depuración de gases: Resultados En equipa 10 %
Traballo no laboratório
Individual
20 %
Tempo de estudo e traballo persoalA matéria ten unha carga de traballo de 3,5 ECTS, correspondiendo 1 crédito ECTS a 25
horas de traballo total, sendo o número total dunhas 87,5 horas, que se distribuen como segue:
Actividade
Horas
presenciais
Factor
Traballo
persoal
TOTAL
Modelos de
calidade do ar
24
1,25
30
54
Depuración de
gases
8
1,75
14
22
Titorias
obrigatorias
3
-
8,5
11,5
TOTAL
35
-
52,5
87,5
onde as horas presenciais indican o número de horas de docencia presencial da matéria,
incluindo as diversas actividades e titorias presenciais que se realizarán na mesma; o factor
indica a estimación de horas que ten que dedicar o estudiante por hora de clase presencial; no
caso de outras actividades docentes, esta estimación resulta específica para cada unha
delas.As horas de traballo persoal resulta da soma das correspondientes a todas as actividades
que deberá desenvolver o alumno, e que éste deberá dedicar de forma individual ou en equipa,
sen a presenza do profesor.
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumnos que se matriculen da matéria han de haber cursado a matéria “Meio ambiente
atmosférico e redución de emisóns” (ainda cando pode estar pendente de avaliación), ou ben
dispor dos coñecementos abordados na mesma sobre modelos atmosféricos e de calidade do
ar e equipas de depuración de gases.
Ademais, deberán dispor das bases necesárias para o uso de aplicacións informáticas a
nível de usuário (Word, Excel, web).De ser necesário, as bases necesárias para o manexo dos
modelos de calidade do ar que traballen en entorno Linux serán introducidas polo profesor
dentro da matéria.
ObservaciónsA materia impartirase íntegramente en inglés.