P4012205 - Técnicas de Análise Territorial (Monitorización e Redución da Contaminación Atmosférica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.50
- Total: 3.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 14.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 28.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Xeografía
- Áreas: Análise Xeográfica Rexional
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Introducir aos estudantes nas técnicas básicas de análise territorial dende o punto de vista cartográfico e de tratamento de imaxes.
- Proporcionarlles aos alumnos unha base sólida no uso e interpretación de documentos cartográficos.
- Introducir o uso das ferramentas propias da análise cartográfica, especialmente na cartografía dixital e os Sistemas de Información Xeográfica.
ContidosOs contidos que se desenvolven no curso son os contemplados de forma sucinta no descritor da materia no plan de estudos de Máster en Enxeñaría Ambiental: Utilización de información cartográfica. Tratamento de imaxes. Teledetección. Sistemas de información xeográfica.
O programa da materia está dividido en 3 bloques de teoría con 12 temas básicos, máis un programa de prácticas, que se indican a continuación e dos que, máis abaixo, se detallan os seus contidos:
Bloque I. Cartografía
Tema 1. Cartografía básica: fontes documentais e tipos de mapas
Tema 2. Xeorreferenciación
2.1. Xeometría da terra
2.2. Coordenadas xeográficas
2.3. Proxeccións
2.4. Elipsoides e datums
2.5. Coordenadas UTM
2.6. Sistemas de Posicionamento Global
Tema 3. Conceptos de escala
3.1. Resolución gráfica
3.2. Cambios de escala: xeneralización da información
Tema 4. Mapas topográficos
4.1. Elementos do mapa topográfico
4.2. Interpretación dos mapas topográficos: relevo, hidrografía, elementos antrópicos...
4.3. Manexo da información topográfica
Tema 5. A linguaxe cartográfica
5.1 Tratamento das variables: color, semiótica e simboloxía, composición cartográfica
Bloque II. Fotografía aérea
Tema 6. O espectro electromagnético e a interacción da luz coa materia
Tema 7. Fotografías aéreas
7.1. Información e elementos dos fotogramas
7.2. Características dos fotogramas aéreos: cobertura e solape dos fotogramas, escala da fotografía, ángulo de toma, desprazamento e abatemento dos obxectos
7.3. Visión estereoscópica
Tema 8. Fotointerpretación
8.1. Formas e procesos xeomorfolóxicos, elementos bióticos e antrópicos
Bloque III. Sistemas de Información Xeográfica
Tema 9. Conceptos de SIX
9.1. Definición. Elementos dun SIX
9.2. Os datos nun SIX: xeográficos e alfanuméricos
9.3. Estruturas e modelos de almacenamento: modelos raster e vectorial
Tema 10. Captura de datos
10.1. Dixitalización da información xeográfica:
10.2. Información en formato dixital: adaptación ao uso nun SIX
10.3. Datos alfanuméricos: tipos de variables e asignación de atributos
Tema 11. Análise nun SIX
11.1. Consultas e clasificacións por atributos e espaciais
11.2. Superposición de variables
Tema 12. Resultados dun SIX
12.1. Resultados cartográficos e alfanuméricos
Obxectivos específicos (por bloques)
BLOQUE I. Cartografía
Neste primeiro bloque abórdanse as cuestións básicas da Cartografía, intentando que o alumno acade un dominio dos sistemas de coordenadas xeográficas e, de xeito especial, o sistema de coordenadas UTM. Trátase, ademais, de comprender os conceptos de escala nos mapas, da resolución gráfica e cantidade e calidade da información.
Nunha segunda parte, o alumno debe aprender os rudimentos da interpretación cartográfica, especialmente os mapas topográficos, así como unha introdución á linguaxe cartográfica, a fin de coñecer as directrices básicas da produción cartográfica.
Neste Bloque, os alumnos realizarán varios exercicios sobre cartografía básica:
- Identificación de coordenadas xeográficas e UTM
- Interpretación de formas do terreo e información planimétrica no mapa topográfico.
Nas Titorías Obrigatorias do Bloque trataranse o avance dos alumnos na práctica de interpretación do mapa topográfico.
BLOQUE II. Tratamento de imaxes remotas: fotografía aérea
Neste bloque abórdase o manexo da fotografía aérea, partindo da súa base: os principios do comportamento da luz e a súa interacción coa materia. O alumno aprenderá o manexo dos fotogramas aéreos, a súa xeometría e uso do estereoscopio. Introducirase ao alumno nas técnicas de fotointerpretación.
Os alumnos deberán facer un pequeno exercicio de fotointerpretación e cartografado.
BLOQUE III. Sistemas de Información Xeográfica
A docencia do Terceiro Bloque lévase a cabo na Aula de Informática. Trátanse os conceptos e estrutura dun SIX, así como as capacidades e aplicacións dos formatos raster e vectorial.
O alumno aprenderá, directamente por medio do manexo de dous paquetes de software (Xeomedia e ArcView), a introducir datos xeográficos e alfanuméricos nun SIX, prestando especial atención á calibración das fontes de erro.
Posteriormente, o alumno aprenderá as técnicas básicas de análise por medio da resolución de varias cuestións. Para iso, os alumnos deberán atopar os medios para obter os mellores resultados para resolver as formulacións.
Neste bloque os alumnos deberán resolver, por grupos e por medio do uso dun SIX, unha serie de cuestións de xestión ambiental relativas a un determinado territorio. Para iso proporcionaranse as bases cartográficas e documentais ou os medios para obtelas. Os alumnos deberán atopar as técnicas de análise axeitadas para resolver as cuestión propostas. Nas Titorías Obrigatorias orientarase os alumnos sobre como enfocar o procesado e análise da información de cada grupo.
Bibliografía básica e complementaria4.- Bibliografía básica e complementaria
Bloque I
* Archambault, M. et al. (1971) Documents et méthode pour le commentaire des cartes. Masson.
* Bobrowsky, P.T. (Ed) (2002) Geoenvironmental Mapping. Methods, theory and practice. Ed. Balkema.
* Clifford H. Wood and C. Peter Keller (Eds) (1996) Cartographic design. Theoretical and practical perspectives. Wiley.
* Corberó, Mª V. et al. (1988) Trabajar mapas. Biblioteca de recursos didácticos Alhambra.
* Cuenin, R. (1972) Cartographie générale. Tome 1. Notions générales et principes d'elaboration. Eyrelles.
* Couzy, A. et Merlin, P. (1990 4ª ed.) La topographie. Presses Universitaires de France.
* Dent, B.D. (1990 2ª ed.) Cartography. Thematic map design. Wm. C. Brown Publishers.
* Dobrowsky, P.T. (Ed.) (2002) Geoenvironmental mapping. Methods, theory and practice. Ed. Balkema
* Fraile Gilpérez, L. (1986) Lectura de planos. Penthalon.
* Lorenzo, R. (2001) Cartografía. Urbanismo y desarrollo inmobiliario. Cie Dossat 2000. Madrid
* Martín López, J. (1999) Cartografía. Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos en Topografía
* Miller, V.C. e Westerback (1989) Interpretation of topographic maps. Merril Publishing Company.
* Panareda Clopés, J.P. (1984) Como interpretar el Mapa Topográfico. Anaya.
* Peña Monné, J.L. (ed.) (1991) Cartografía geomorfológica básica y aplicada. Geoforma Ediciones.
* Puyol, R. e Estébanez, J. (1978) Análisis e interpretación del mapa topográfico. Tebar Flores.
* Raisz, E. (1985 7ª ed.) Cartografía. Omega
* Robinson et al. (1987 5ª ed.) Elementos de cartografía. Omega.
* Rouleau, B. (1991) Methodes de la cartographie. Presses du CNRS.
* Vázquez Maure, F. e Martín López, J. (1989) Lectura de mapas. IGN.
Bloque II
* Carreé, J. (1972) Lecture et exploitation des photographs aeriennes. Tome 2. Exploitation des photographies. Editions Eyrelles, Paris.
* Chuvieco, E. (1990) Fundamentos de teledetección espacial. Rialp
* Chuvieco, E. (2002) Teledetección Ambiental. La observación de la Tierra desde el Espacio. Ed. Ariel
* Dickinson, G.C. (1969) Maps and air photographs. Edward Arnold. Norwich.
* Dubisson, B. (1975) Prátique de la photogrammétries et des moyens cartographiques dérivés des ordinateurs. Editions Eyrelles, Paris.
* Fernandez García, F. (2000) Introducción a la fotointerpretación. Ariel Geografía.
* Lo, C.P. (1986) Applied remote sensing. Longman. New York.
* López Vergara, M.L. (1978) Manual de Fotogeología. Publicaciones Científicas de la Junta de Energía Nuclear. Madrid.
* Pellicer Corellano, F. (1998) Cuadernos Técnicos de Ciencias Ambientales 1. Introducción a la Fotografía aérea. Azara Ed.
* Sabins, F.F. (1978) Remote sensing. Principles and interpretation. Freeman. New York.
* Strandberg, Carl H. (1975) Manual de fotografía aérea. Ed. Omega
* Tricart, J.; Rimbert, S. Georges, L. (1970) Introduction a l'utilisation des photographies aériennes en géographie, géologie, ecologie, aménagement du territoire. Société d'Edition d'Enseignement Supérieur
Bloque III
* Aronoff, S. (1991) Geographic information systems : a management perspective.
WDL.
* Barredo, J.I. (1996) S.I.G. y Evaluación Multicriterio en la Ordenación del Territorio. Ed. Ra-ma.
* Bosque Sendra, J. N (1997) Sistemas de Información geográfica. Rialp
* Bosque Sendra, J. et al (1994) Sistemas de Información geográfica. Prácticas con PC/ArcInfo e Idrisi. Ra-ma.
* Felicísimo, A. M. (1994) Modelos digitales del terreno: introducción y aplicaciones en l
CompetenciasA materia Técnicas de Análise Territorial proporciónalles aos alumnos unha formación indispensable para o currículum de Enxeñeiro Ambiental. Os problemas ambientais inscríbense nun contexto espacial que require que o alumno sexa capaz de interpretar e xestionar fontes de información cartográfica.
O enfoque da materia é eminentemente práctico, orientado a que o alumno coñeza as técnicas e procedementos na xestión de información territorial por medio do manexo directo das fontes e ferramentas axeitadas.
Nesta materia o alumno deberá adquirir unha serie de competencias xenéricas e específicas, propias da titulación de Enxeñaría Ambiental. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, os alumnos serán instruídos nas seguintes competencias:
Xerais:
- Planificar, deseñar e proxectar solucións ben sexan modelos de xestión, obras ou instalacións para evitar e resolver os devanditos problemas
- Executar a construción ou instalación correspondentes ás devanditas solucións
Específicas:
- Relacionar as leis das diferentes esferas para atinxir a sustentabilidade
- Aplicar ferramentas de planificación e optimización
- Definir a viabilidade técnica, social, económica e ambiental dun proxecto ou solución
- Modelizar sistemas ambientais tanto naturais como artificiais
- Organizar, planificar e dirixir servizos ambientais
- Resolver problemas de forma efectiva
Metodoloxía da ensinanza Trátase dunha materia eminentemente aplicada, baseada principalmente na aprendizaxe de técnicas, de xeito que polo seu enfoque práctico, realizaranse unha serie de traballos específicos e secuenciais, encamiñados á posta en práctica dos aspectos máis relevantes de cada tema, e que demostren os coñecementos adquiridos. Os traballos que concirnen a cada tema servirán para unha avaliación continuada, xunto ao exame/traballo final nas datas oficiais.
Os alumnos deben realizar os seguintes traballos:
- Práctica de cartografía: localización de coordenadas UTM e xeográficas; lectura e interpretación topográfica
- Implementación de información e análise nun Sistema de Información xeográfica (ArcView).
As leccións maxistrais intercalaranse con clases prácticas ao longo do curso para ilustrar os contidos teóricos e titorías obrigatorias.
Sistema de evaluaciónA cualificación do alumno será froito do seu rendemento nas dúas partes nas que se avalía a aprendizaxe: exame/traballo final e rendemento na aula. O reparto da puntuación será en función dos rendementos obtidos nos traballos prácticos (40%), no traballo final/exame (60%).
Para superar a materia, o alumno debe ter realizado todas as prácticas correctamente, e obter un mínimo de 5 puntos no traballo final.
O traballo final constará dun suposto práctico de xestión ambiental territorial por medio de ferramentas SIX, no que o alumno deberá aplicar boa parte dos coñecementos adquiridos durante o curso.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten unha carga de traballo de 3,5 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total, que se reparten da seguinte forma:
Actividade Horas presenciais Factor Traballo persoal TOTAL
Teoría 10 0,9 9 19
Problemas 10 1 10 20
Prácticas 10 1,9 19 29
Titorías obrigaatorrias 2 2 4 6
Exame/Traballo 2 3,5 10,5 13,5
TOTAL 35 52,5 87,5
Onde as horas presenciais indican o número de horas de clases da materia, a través das diversas actividades que se realizan; o factor indica a estimación de horas que ten que dedicar o estudante por hora de actividade, sendo as horas de traballo autónomo un computo do produto do factor polas actividades e total a carga de traballo que supón cada actividade.
Recomendacións para o estudo da materiaNo que respecta aos Bloques I e II, e dada a diferente procedencia formativa dos alumnos, é normal atopar diferenzas no coñecemento do manexo de cartografía e fotografía aérea, polo que non se esixen requisitos previos.
Para o Bloque III, centrado no manexo dos Sistemas de Información Xeográfica, requírese que o alumno teña uns mínimos coñecementos de Informática a nivel de usuario.