P4012208 - Planificación de Sistemas Naturais (Xestión Ambiental) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.50
- Total: 3.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 14.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 28.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaManuel Luis Torres Labandeira
Dpto. Enxeñería Agroforestal
Teléfono: 982285900 ext. 23252
Correo-e: m.torres@usc.es
Titorías Obrigatorias: Ves programación docente da titulación
Titorías do profesor: Xoves de 09,00 a 14,00 e de 18,00 a 19,00 h.
Despacho 5 Piso 2º Superior EPS-Lugo
O coñecemento da matería “Planificación e Xestión de Sistemas Naturais” é fundamental nas enxeñarías relacionadas co estudo do medio, como é o noso caso. No que respecta á Enxeñaría Ambiental os obxectivos son os seguintes: 1) Coñocemento das normativas e estratexias para a protección dos sistemas naturais; 2) Planificación de Espazos Naturais Protexidos (ENP) e toma de decisións na xestión destes espazos; 3) Coñecemento das figuras de protección de espazos naturais; 4) Estudo de modelos de xestión de ENP.
ContidosOs contidos básicos da asignatura son os seguintes:
- Os espazos protexidos na lexislación autonómica, española e europea
- Limitacións de usos en actividades productivas forestais e outras
- Proxectos de Ordenación e Xestión de Recursos Naturais
- Actuacións sobre a fauna e flora silvestres
- Deseño de centros de información e acollida de visitantes
- Deseño de infraestructuras para a regulación do uso público
- Actuacións complementarias en zonas de influencia socioeconómica
Programa teórico
O programa teórico estructúrase en 12 temas dentro dos seguintes bloques temáticos:
I. Normativas e estratexias para a protección dos espazos naturais
II. Planificación de espazos naturais protexidos (ENP)
III. Figuras de protección de espazos naturais. Parques Nacionais
IV. Xestión de Espazos Naturais Protexidos
A continuación, faíse a descrición detallada dos temas incluídos en cada un dos bloques temáticos da asignatura:
Bloque I. Normativas e estratexías para a protección dos espazos naturais
Tema 1.- Fontes do réxime xurídico dos Espazos Naturais Protexidos.
Normativa internacional: Consideracións xerais; Antecedentes; Situación actual. Normativa europea: Directivas europeas sobre ENP; Réxime competencial. Normativa española: Antecedentes; Evolución; Competencias; Ley 4/89 sobre Conservación dos Espazos Naturais, Flora e Fauna Silvestres; Ley estatal 2007 sobre Biodiversidade e Patrimonio Natural; Marco autonómico.
Tema 2.- Estratexias europeas e internacionais para a protección dos espacios naturais. Introducción. Diploma europeo. Directiva 79/409/UE relativa á conservación das aves silvestres. Directiva 92/43/UE relativa á conservación dos hábitats naturais, fauna e flora silvestres. Convenio de Ramsar (1971). Convenio de Barcelona (1995). Reservas da Biosfera.
Patrimonio Mundial Natural.
Bloque II. Planificación de espazos naturais protexidos (ENP)
Tema 3.- Introducción á Planificación de ENP.
Introducción. Papel dos distintos instrumentos de planificación de espazos protexidos. Marco xeral do panorama planificador español. Estado actual da planificación de espazos protexidos en España. Planificación e Xestión de espazos protexidos: caso particular de Galicia. Espazos naturais protexidos de Galicia.
Tema 4.- Instrumentos de Planificación de ENP I. Plans de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN). Consideracións xerais. Contido dun PORN: Memoria descritiva e xustificativa; Normas xerais; Obxectivos; Zonificación; Réxime de protección aplicable; Normas de aplicación; Normas e criterios aplicables o planeamento urbanístico e territorial; Directrices e criterios aplicables á actuación sectorial; Directrices e criterios para a redacción dos Planes Rectores de Uso e Xestión (PRUX); Réxime de evaluación ambiental. Relación entre PORN e PRUX.
Tema 5.- Instrumentos de Planificación de ENP II. Plans Rectores de Uso e Xestión (PRUX). Consideracións xerais. Contido dun PRUX: Obxectivos; Normas de uso público; Normas de investigación; Normas de conservación, protección e mellora; Previsións de evaluación ambiental; Actuacións sectoriais; Previsións de seguimento e revisión; Programación; Zonificación.
Tema 6.- Outros instrumentos de Planificación de ENP.
Introducción. Plans de Desenvolvemento Sostible (PDS). Contido dos PDS. Plans de Conservación (PC). Contido e estructura dos PC. Planes de Desenvolvemento Integral (PDI) e Programas de Fomento (PF). Contido dos PDI e os PF. Relación cos PORN e os PRUX.
Bloque III. Figuras de protección de espazos naturais. Parques Nacionais
Tema 7.- Figuras de protección dos Espazos Naturais.
Introdución. Clasificación das figuras/rexímenes de protección dos ENP (Lei 4/89, Lei estatal 2007 e Lei de conservación da natureza de Galicia). Parques. Reservas naturais. Monumentos naturais. Paisaxes protexidas. Outros. Áreas de influencia socioeconómica. O Parque Nacional como figura de protección.
Tema 8.- Xestión de Parques Nacionais I: Instrumentos e órganos de xestión. Consideracións xerais. Instrumentos de planificación e xestión: PORN, PRUX e Plans sectoriais. Órganos de xestión e funcións dos mesmos.
Tema 9.- Xestión de Parques Nacionais II: Actividades de xestión. Inventario e evaluación de recursos naturais. Estudos e investigación. Dinámica das poboacións animais e vexetais. Manexo de sistemas naturais. Conservación da biodiversidade. Ordenación do uso público. Xestión sostible do espazo.
Bloque IV. Xestión de Espazos Naturais Protexidos
Tema 10.- Ordenación do uso público nos ENP: Problemas ocasionados; Obxectivos dos Planes sectoriais. Deseño de centros de información e acollida de visitantes. Deseño de infraestructuras para facilitar e adecuar o número de visitantes. Restriccións de acceso os ENP.
Tema 11.- Modelos de Xestión de Espazos Protexidos.
Modelos das Comunidades Autónomas para a xestión de espazos protexidos. Plans e liñas de actuación para a protección e conservación do medio natural galego: Lei de conservación da natureza de Galicia. A conservación da natureza en Andalucía. A Rede de ENP de Asturias. Outros modelos de xestión.
Tema 12.- Modelo de planificación e xestión forestal compatible coa conservación da natureza. Obxectivos da planificación e xestión forestal con fins conservacionistas. Proxectos de Ordenación de Montes: Formas de masas; Métodos de beneficio; Métodos de Ordenación aplicables; Cuarteis de conservación. Repoboacións e tratamentos selvícolas. Limitacións de usos nas actividades productivas e nos aproveitamentos forestais. Actuacións complementarias nas zonas próximas os espazos protexidos.
Programa práctico
Práctica 1.- Parque Natural das "Fragas do Eume".
Antecedentes. Declaración do Parque Natural. Situación actual. Actuacións e usos. Bases de xestión. Órganos de xestión. PORN: Desenrolo do PORN; Planes de acción sectorial; Zonificación; Obxectivos de conservación; Normas de regulamento de usos e aproveitamentos; Previsións relativas ao planeamento urbanístico.
Práctica 2.- Parque Nacional "Illas Atlánticas". Introducción. Ámbito territorial e xustificación. PORN. Unidades Ambientais: Criterios para a súa definición; Condicionantes; Mapa de Unidades Ambientais de Ordenación. Determinación da figura de protección. Zonificación. Capacidade de acollida do medio. Normas xerais.
Práctica 3.- Outros espacios naturais protexidos de Galicia. Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés: PORN e PRUX. Parque Natural do Monte Aloia: Antecedentes; Situación actual. Parque Natural do Invernadeiro: Antecedentes; Situación actual; Zonificación prevía; PORN. Parque Natural Serra da Enciña da Lastra: PORN. Outros espazos naturais protexidos.
Obxectivos específicos (por bloques)
A continuación se resumen os contidos de cada bloque, describindo, asemade os obxectivos que se pretenden acadar en cada un deles.
Bloque I. Normativas e estratexias para a protección dos espazos naturais
O primeiro bloque consta de dous temas. No tema primeiro, se fai un repaso da normativa internacional, europea e española sobre a conservación dos Espazos Naturais. O segundo tema versa sobre as estratexias europeas e internacionais para a protección de ditos espazos.
Neste bloque o obxectivo que se pretende acadar é que o alumno coñeza a normativa e as estratexias máis importantes sobre ENP, así como a maneira de localizar e actualizar dita información mediante medios escritos e dixitais (vía web).
Bloque II. Planificación de espazos naturais protexidos (ENP)
O segundo bloque consta de catro temas. O primeiro é una introducción á planificación do territorio en España, facendo una referencia especial aos Espazos Naturais Protexidos, e en concreto, o caso particular de Galicia. O resto de temas dedícanse a estudar e analizar os diferentes instrumentos de planificación de ENP ex
Contidosistentes no noso país, con especial referencia aos recollidos na la Lei estatal do 2007 e na Lei de Conservación da natureza de Galicia.
Os obxectivos de este bloque son que o alumno teña información sobre os diferentes instrumentos de planificación e xestión de ENP, saiba cal é seu estructura e as súas funcións e tamén coñeza en que espazos protexidos se aplica cada uno deles, tanto para o ámbito autonómico como estatal.
Bloque III. Figuras de protección de espazos naturais. Parques Nacionais
O bloque terceiro consta de tres temas, no primeiro deles analízanse as figuras de protección dos Espazos Naturais, tanto estatais como autonómicas (Parques, reservas naturais, monumentos naturais, paisaxes protexidas, outras), con especial referencia á figura de Parque Nacional. Os temas 8 e 9 adícanse á xestión dos Parques Nacionais: Instrumentos, órganos e actividades de xestión.
Os obxectivos de este bloque son que o alumno teña información sobre as diferentes figuras de protección dos ENP e saiba cales son as súas particularidades, tanto para o ámbito autonómico como estatal.
Bloque IV. Xestión de Espazos Naturais Protexidos
O derradeiro bloque temático consta de tres temas: O primeiro dedícase a ordenación do uso público nos ENP, hoxe, un dos maiores problemas cos que se enfrontan os xestores que traballan nestes espazos. O segundo, aos Modelos de Xestión de ENP, xa que dende o traspaso de competencias en planificación e xestión de estes espazos as diferentes Comunidades Autónomas, cada una delas, desenrolo seu propio modelo e, no tema 12, analízase un modelo de planificación e xestión forestal compatible coa súa conservación.
Os obxectivos de este bloque son darlle información ao alumno sobre a xestión do uso público nos ENP, analizar o modelo de xestión de ENP de Galicia comparando con outros modelos autonómicos, facendo una reflexión crítica de dita comparativa e, tamén que coñeza cales son as pautas de xestión forestal sostible a desenrolar nestes espazos.
Bloque práctico
Os catro bloques que compoñen o temario teórico complétanse cun bloque práctico. Este consiste, na impartición dunha serie de conferencias a cargo de diferentes Directores-Conservadores de Parques Naturais ubicados en Galicia, completadas polo profesor da materia, mediante a discusión dos diferentes PORN e PRUX, no seu caso, de ditos espazos protexidos e, na realización dunha viaxe de prácticas. Este bloque práctico é fundamental na asignatura e seu obxectivo e completar a información teórica que recibe o alumno mediante exemplos prácticos de planificación e xestión de ENP sobre o terreo.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Aboal, J.L., Fernández, J.G., Ortuño, F., De Viedma, M.G. (1982). Planificación y gestión de espacios naturales protegidos.
Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Montes. Universidad Politécnica de Madrid.
Colección Textos Legales 73 (1996). Espacios Naturales Protegidos. Boletín Oficial del Estado. Ministerio de la Presidencia.
Bibliografía complementaria
Castanyer, J. (1992). La Planificación de espacios protegidos: un mandato legal. En: Castroviejo,
M. (Ed.). Prácticas para la Planificación de Espacios Naturales: 15-38. ICONA. Madrid.
Delibes, M. (1985). Los espacios naturales protegidos no garantizan la conservación de la Naturaleza. Quercus, 21: 6-9.
Garay, J., Molina, F. (1991). Un modelo armónico de gestión de espacios protegidos: el sistema andaluz. En: Castroviejo, M.
(Ed.). Prácticas para la Planificación de Espacios Naturales: 49-64. ICONA. Madrid.
Machado, A. (1988). Los Parques Nacionales. Aspectos jurídicos y administrativos. ICONA. Madrid.
Schmidt, G. (1995). Planificación del medio natural. Ciudad y Territorio. Estudios Territoriales, III (104): 329-336. Ministerio de Obras Públicas, Transportes y Medio Ambiente. Madrid.
XUNTA DE GALICIA (1992). Plan Forestal de Galicia.
XUNTA DE GALICIA (2002). Lei de conservación da natureza de Galicia.
CompetenciasDe acordo cos obxectivos principais da materia, é preciso proporcionar o alumno una formación na planificación e xestión de espazos e sistemas naturais, ademáis de destreza no uso das ferramentas para a interpretación, análise e valoración dos mesmos. Para conseguir esta formación e destreza, é necesario analizar a situación actual e comenzar polo estudo da normativa existente para a consevación dos espacios naturais, contextualizada no vixente marco socieconómico e lexislativo, nacional e internacional.
O alumno adquirirá nesta materia unha serie de competencias xenéricas comúns en calquera titulación académica, sobre todo nas enxeñarías e, outras específicas, da Enxeñaría Ambiental.
Xerais:
• Compromiso coa protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible
• Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares
• Resolver problemas de forma efectiva
• Asumir con responsabilidade ética o seu papel de titulado no contexto profesional
Específicas:
• Coñecer a lexislación ambiental relacionada cos ENP
• Ter coñecemento dos instrumentos de planificación e xestión de ENP
• Valorar os principais problemas de xestión destes espazos
• Cuantificar o estado de conservación dos espazos naturais
• Analizar os diferentes modelos de xestión de espazos naturais protexidos
Metodoloxía da ensinanza A asignatura de Planificación e Xestión de Sistemas Naturais depende do Departamento de Enxeñaría Agroforestal e a súa docencia estructúrase mediante:
- Clases teóricas (impartidas na aula, dacordo co temario da asignatura)
- Clases prácticas mais exercicios (impartidas nos seminarios con material audiovisual de apoio a partir dos contidos teóricos desenvolvidos)
nas clases anteriores e plantexando casos prácticos relacionados cos diferentes temas)
- Titorías (atendidas no despacho do profesor o ben na aula si son de maneira colectiva, para tratar de resolver as dúbidas
sobre a materia).
Sistema de evaluaciónA evaluación do aprendizaxe do alumno levárase a cabo cun sistema mixto consistente na realización de actividades prácticas máis o exame da asignatura:
Actividades prácticas
As actividades prácticas poderán incrementar a nota final do alumno ata un máximo de 2 puntos, sempre e cando o alumno obteña un mínimo de 4 puntos no examen teórico-práctico. As pautas para súa realización daranse no desenvolvemento das clases teóricas e prácticas e versarán sobre diferentes aspectos relacionados coas mesmas (Por exemplo: Desenvolvemento teórico dun PORN; Propoñer a fígura de protección dun determinado ENP;...).
Exame
Realizarase un exame escrito teórico-práctico. Este exame final único terá lugar na data fixada polo Centro no calendario da titulación, e poderá conter preguntas relacionadas coas prácticas e a viaxe de prácticas.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten unha carga de traballo de 3,5 créditos ECTS (1 crédito ECTS = 25 horas de traballo total), que se reparten da seguinte forma:
Actividades:
Teoría (Horas presenciais: 12 / Factor: 1,5 / Traballo persoal: 18 / TOTAL: 30)
Prácticas (Horas presenciais: 6 / Factor: 1,5 / Traballo persoal: 9 / TOTAL: 15)
Viaxe de prácticas (Horas presenciais: 8 / Factor: 1 / Traballo persoal: 8 / TOTAL: 16)
Titorias obrigatorias (Horas presenciais: 4 / Factor: 1 / Traballo persoal: 4 / TOTAL: 8)
Exame (Horas presenciais: 3 / Factor: 3 / Traballo persoal: 9 / TOTAL: 12)
TOTAL (Horas presenciais: 33 / Factor: - / Traballo persoal: 48 / TOTAL: 81)
Recomendacións para o estudo da materiaA materia Planificación e Xestión de Sistemas Naturais non ten prerrequisitos específicos, sen embargo sería dexesable ter coñecementos básicos de lexislación ambiental, inventario e ordenación de montes.
O estudo da materia no ten porque supoñer problema para os alumnos, xa que trátase dunha asignatura atractiva por seus contidos e participativa. De todas formas, como calquer outra materia, requere una certa dedicación constante, sobre todo no que se refere á consulta de materiais relacionados, por iniciativa propia o por recomendación do profesor: bibliografía,
artículos, lexislación, páxinas web...
ObservaciónsTrátase dunha materia optativa da titulación de Enxeñaría Ambiental e ten a finalidade de cubrir a docencia nun campo que cada día alcanza una maior importancia no desenrolo sostible do noso planeta: os espazos naturais protexidos, tanto dende o punto de vista natural como cultural, así como na planificación e xestión dos mesmos. Os pilares de este desenrolo deben ter en conta este importante compoñente espacial e temporal. E é aquí onde os futuros titulados, poden e teñen moito que dicir: é indudable a importancia dos espazos naturais nos modelos actuais de desenrolo rural, como elemento clave, e aglutinante dos intereses dos diferentes axentes implicados no mesmo.