Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4012209 - Tecnoloxías Limpas (Xestión Ambiental) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.50
  • Total: 3.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 14.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 28.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Química
  • Áreas: Enxeñaría Química
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Mendez Pampin, Ramon.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo primordial da materia e dotar o alumno de capacidade para avaliar e propor as modificacións pertinentes nas instalacións para acadar unha producción sostible e por tanto co menor impacto ambiental posible.
    As destrezas adquiridas deberanlle permitir estar en condicións tanto de deseñar novas instalacións que incorporen as mellores tecnoloxías dispoñibles en cada momento como de propor modificacións nas instalacións antigas tanto para minimizar a contaminación en orixe como para diminuír a presión sobre os sistemas de depuración da factoría.

    Contidos
    A materia diseñouse para cubrir os contidos contemplados nos seus descritores no plano de estudios de Máster Oficial en Enxeñaría Ambiental: “Análises dos procesos de producción”, “Técnicas de minimización e reciclado de residuos” e “Desenvolvemento de tecnoloxías alternativas”.

    Para tratar estos aspectos estructurouse o seguinte programa:

    * Tema 1. Introducción. Interaccións Producción-Contaminación-Depuración. Producción e desenvolvemento sostible. Alternativas para a producción limpa: algúns exemplos.
    * Tema 2. Fundamentos da xestión de materiais. Antecedentes. Análises de residuos. Residuos Industriais: Producción, caracterización e posibilidades de aproveitamento. Seguidade e saude no manexo de residuos.
    * Tema 3. Análises ambiental dos procesos de producción I. Introducción.
    Industria e Contaminación. Niveis de actuación a escala industrial: Deseño de procesos limpos: Mellores Técnicas Dispoñibles (MTD). Accións de corrección e mellora de instalacións.
    * Tema 4. Análises ambiental dos procesos de producción II. Case Studies.
    Industria productos metálicos: Tratamentos superficiais. Industria alimentaria: Conservas de productos mariños. Agroindustria: Curtidos. Industria da madeira: Producción de pasta e papel. Outros.

    Tras un pequeno tema introductorio (Tema 1) no que se pon de manifesto a gran interrelación entre os proceso productivos a contaminación e a depuración como parte de un todo, no tema 2 se estudian as oportunidades que ofrecen os residuos como fontes productivas, base dos procesos de reciclado e reutilización. Faise ademais unha breve revisión de alguns conceptos referentes a seguidade e saude no manexo dos mesmos.
    No tema 3 estúdianse as estratexias a seguir tanto para o deseño de novas plantas de producción, coa incorporación das mellores tecnoloxías limpas actualizadas sistematicamente na Comunidade Europea, como para a mellora de instalacións que, funcionando na actualidade, sexan susceptibles de incorporar modificacións que permitan tanto mellorar a producción como incrementar a eficacia dos sistemas de depuración da factoría.
    Finalmente no tema 4, que cubrira a maior parte do curso, estudiaranse nunha primeira fase diversos exemplos xa aplicados a procesos de fabricación que sexan relevantes no noso entorno. Unha parte importante de este tema será desenvolvida polos alumnos os que se proporá individualmente ou por equipos o deseño ou mellora dunha instalación fabril a que deberán incorporar as mellores tecnoloxías disponibles. O traballo de cada un será presentado e discutido entre os propios alumnos ca tutela do profesor.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:

    * Water recycling and resource recovery in industry: Analysis, technologies and implementation P. Lens, L.Hulshoff-Pol, P. Wilderer and T. Asano; IWA Pub. Co, 2002
    * Prevención da contaminación nos sectores industrais: Industria láctea. Sector de transformación de madera: fabricación de papel e de taboeiros. Sector enerxético: Refino de petroleo. Sector da industria conserveira de peixes e mariscos. Monografias da Xunta de GALICIA. Conselleria de Medio ambiente, 2001.

    Bibliografía complementaria:

    * Contaminación e Ingeniería Ambiental. Volumenes I, IV y V. J.L. Bueno, H. Sastre y A.G. Lavín. Ed. F.I.C.Y.T., Oviedo. 1997.
    * Recycling and resource recovery engineering: Principles of Waste Processing R. I. Stessel, Ed. Springer, 1996.
    * Residuos: Gestión, minimización y tratamiento.G. Feijoo, J. Sineiro, Ed. Lápices 4, Santiago de Compostela, 2001.
    * Environmental Biotechnology and Cleaner Bioprocesses. E. J. Olguin, G. Sánchez, E. Hernández, Ed. Taylor & Francis, Londres, 2000.

    Mejores Tecnologias Disponibles: Ver as seguintes direccions:

    http://eippcb.jrc.es/pages/FActivities.htm
    http://www.ainia.es


    Competencias
    Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, se incidirá en que os alumnos adquiran fundamentalmente as seguintes competencias:

    Cognitivas

    • Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo da enxeñaría ambiental.
    • Coñecer os sistemas e ferramentas de xestión ambiental.
    • Coñecer os factores sociais que interveñen nas solucións ambientais

    Procedementais/instrumentais

    • Identificar e formular problemas ambientais.
    • Organizar e planificar a xestión dun problema ambiental, instalación ou servicio ambiental
    • Aplicar ferramentas de planificación e optimización
    • Aplicar ferramentas de xestión ambiental: tecnoloxías limpas

    Aptitudinais

    • Identificar tecnoloxías emerxentes
    • Aplicar os fundaménteos de enxeñería ambiental a casos non coñecidos

    Actitudinais
    • Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo
    • Resolver problemas de forma efectiva
    • Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais

    Metodoloxía da ensinanza
    Alternaranse clases de teoría con seminarios nos que se resolverán problemas aplicados a casos reais.

    Os contidos teóricos básicos da materia se ensinarán sobre a base de clases maxistrais onde se explicarán e desenvolverán os mesmos. Estas clases apoiaranse na utilización da pizarra, presentacións en Power Point e conexións directa na aula a paxinas web de especial interés.

    Na fase final da etapa docente, se tratará de motivar o alumno mediante a proposta de aplicación dos coñecementos adquiridos a un exemplo concreto referido a unha instalación ou producto industrial. Cada alumno presentara e defenderá as solucións propostas en cada caso.

    O material didáctico (programa, presentacións, documentos, apuntes, etc) se subministrará os alumnos a medida que vaia desenvolvéndose o programa.

    Idioma de impartición: castelan
    Sistema de evaluación
    A avaliación consistirá basicamente nun exame escrito no que o alumno deberá respostar a unha serie de preguntas de teoría. Unha parte da nota obterase a partir da memoria e da presentación e defensa do traballo antes citado.


    Distribución da cualificación
    Traballos e actividades na aula 40%
    Examen 60%

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten unha carga de traballo de 3,5 ECTS, que se reparten da forma que se indica na táboa. As horas presenciais indican o número de horas de clases da materia, e a través das diversas actividades que se realizan e mediante un factor que da unha indicación das horas que se estima que ten que dedicar o estudiante por hora de actividade, calcúlanse as horas de traballo autónomo que supón cada actividade.
    actividad.
    Distribución da actividade formativa en ECTS

    Actividad Horaspresenciais Horas traballo alumno ECTS

    Clases maxistrales 20,0 25,0 1,8
    Seminarios 10,0 16,5 1,0
    Tutorías grupo 2,0 2,0 0,2
    Examen e revisión 3 8,0 0.5
    Total 35,0 52,5 3,5


    Recomendacións para o estudo da materia
    O alumno deberá, ademais de coñecer as ferramentas matemáticas básicas e de balances de materia y enerxía, ter un bo coñecemento das distintas tecnoloxías ambientais para poder discernir a súa posible optimización cando se aplican as mellores tecnoloxías dispoñibles os distintos casos concretos a estudiar.

    Suponse tamén que a estas alturas dos estudios o alumno ten adquiridos unha serie de coñecementos adicionais, como un adecuado dominio do Inglés, a lo menos a nivel de lectura e unha certa destreza a nivel de usuario das ferramentas informáticas mais comúns (Word, Excel, uso de correo electrónico, consulta de páxinas web).


    Observacións
    O tratarse dunha materia na que é primordial a aplicación práctica a resolución de problemas concretos, e moi importante que o traballo persoal se vaia realizando en paralelo co desenvolvemento da materia.