Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4091103 - Programación Paralela (Módulo Obrigatorio) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación, Departamento Externo
  • Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CABALEIRO DOMINGUEZ, JOSE CARLOS.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta materia está estreitamente relacionada coa materia Arquitecturas Multiprocesador. Os obxectivos globais desta materia son: formar ao alumno nos diversos paradigmas de programación de computadores paralelos, incidir en técnicas software para o deseño e implementación de algoritmos e aplicacións paralelas eficientes, e aplicar estas técnicas de forma práctica para a programación de computadores paralelos con diferentes arquitecturas, utilizando recursos de supercomputación dispoñibles na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Unha vez finalizada a materia, o alumno disporá dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios para abordar con rigor o deseño de algoritmos paralelos sobre arquitecturas multiprocesador.

    Contidos
    Tema 1. Paradigmas de programación paralela
    -Paradigma de memoria distribuída
    -Paradigma de memoria compartida
    -Paradigma data-parallel
    -Paradigma PGAS
    -Novas linguaxes de programación paralela (X10, chapel, Fortress)

    Tema 2. Programación mediante directivas de memoria compartida: OpenMP
    -Introdución á programación con OpenMP
    -Directivas para a construción de paralelismo
    -Directivas de sincronización
    -Biblioteca de rutinas OpenMP
    -Variables de contorna

    Tema 3. Programación mediante a paradigma de paso de mensaxes: MPI
    -Características xerais de MPI
    -Comunicacións punto a punto
    -Comunicacións colectivas
    -Tipos de datos derivados
    -Topoloxías virtuais e comunicadores
    -Novas funcionalidades de MPI-2
    -Programación híbrida: MPI + OpenMP

    Bibliografía básica e complementaria
    As transparencias utilizadas na clase están dispoñibles no Campus Virtual da USC.

    -P. Pacheco. An Introduction to Parallel Programming, Morgan Kaufmann, 2011.
    -F. Almeida, D. Giménez, J.M. Manta, A.M. Vidal, Introducción a la programación paralela, Paraninfo, 2008
    -P.S. Pacheco, Parallel Programming with MPI, Morgan Kaufmann Publishers , 1997
    -R. Chandra, L. Dagum, D. Kohr, Parallel Programming in OpenMP, Morgan Kaufmann Publishers , 2001
    -W.P. Petersen, P. Arbenz, Introduction to Parallel Computing, Oxford University Press, 2004
    -W. Gropp, E. Lusk and R. Thakur, Using MPI-2. The MIT Press, 1999
    -Barbara Chapman, Gabriele Jost and Ruud Van der Pas. Using OpenMP. The MIT Press, 2008
    Competencias
    Contribúese a acadar as competencias recollidas na memoria do título de Máster en Computación de Altas Prestacións A1, A2, A5, A6, A12 e A13 específicas; B1, B4, B6, B9, B10, B11 e B12 transversais; C1, C2, C3, C6, C7 e C8 nucleares.

    Máis concretamente, as principais competencias que adquirirá o alumno unha vez finalizada a materia son as seguintes:
    - Habilidade para a procura, selección e manexo de recursos (bibliografía, software, etc.) sobre o campo da computación paralela, competencias B4, B6, B9, B10, C3, C6 e C7..
    - Capacidade para seleccionar a arquitectura e o paradigma de programación paralela máis adecuado en función das características do problema computacional, competencias específicas A2, A5, A6 e A12.
    - Capacidade para a análise, deseño e implementación de algoritmos e aplicacións paralelas eficientes sobre arquitecturas multiprocesador, competencias específicas A1 e A6.
    - Capacidade para integrarse na operativa diaria dun Departamento de Aplicacións no marco dun Centro de Supercomputación, competencias A13, B1, B11, B12, C1, C2, C7 e C8.
    Metodoloxía da ensinanza
    Sesión maxistral
    Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de fases de debate cos estudantes. Todo iso coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Realizaranse sesións maxistrais sobre gran parte dos contidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas para cada punto.

    Prácticas de laboratorio
    Actividade que permite aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas en supercomputadores.

    Sistema de evaluación
    Esta materia avaliarase na primeira oportunidade a través da realización de prácticas de laboratorio e traballos dirixidos utilizando as linguaxes de programación paralelos visto en teoría e sobre sistemas de supercomputación do Centro de Supercomputación de Galicia. Na segunda oportunidade a avaliación consistirá dunha proba escrita sobre os contenidos teóricos e prácticos tratados durante o curso.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais: 24 horas expositivas, 20 interactivas e 4 de atención personalizada. Total 48.

    Traballo autónomo (estudo e profundización dos contidos da materia, realización de traballos propostos polo profesor, etc.): 60 correspondentes ás expositivas e 42 ás interactivas. Total 102.

    Horas totais: 150