Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4091108 - Administración de Sistemas I (Módulo Obrigatorio) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Departamento Externo
  • Áreas: Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo desta materia é proporcionar ao alumno as competencias básicas para despregar e administrar de forma efectiva un sistema informático en computación de altas prestacións. Para isto introducirase ao estudante nos fundamentos do hardware e software deste sistemas, especialmente no relativo aos sistemas operativos, servizos en rede, arquitecturas de almacenamento, redes de interxonexión e software base para contornos HPC e HTC. Ademais, preténdese preparar aoa alumno para: (1) o desenvolvemento de proxectos de equipamento de sistemas en contornos singulares de altas prestacións, así como (2) a participación no despregue de ditas infraestructuras. A xestión básica destes contornos, con especial atención na xestión dos usuarios, monitorización, política de backups e seguridade e xestión da configuración, constitue o groso da actividade dun administrador de sistemas, polo que se lle presentará ao alumno os coñecementos básicos sobre estas actividades.
    Contidos
    1. Introdución á administración de sistemas
    1. Sistemas e servidores
    2. Software de sistema
    3. Usuarios e roles
    4. O papel do administrador de sistemas

    2. Administración básica do sistema
    1. Xestión da árbore de directorios
    2. Xestión básica dos usuarios
    3. Xestión dos procesos
    4. Xestión básica da rede
    5. Xestión xeral do sistema
    6. Servizos de impresión

    3. Políticas de seguridade e backups
    1. Sistemas informáticos seguros.
    2. Copias de respaldo: política de backups

    4. Xestión avanzada de usuarios e recursos do sistema
    1. Servizos de directorio (LDAP) e listas de control de acceso (ACLs)

    Contidos prácticos
    1. Configuración e compilación dun kernel Linux
    2. Configuración e mantemento dun sistema de almacenamento baseado en RAID e LVM
    3. Implantación da xestión de backups con Amanda
    4. Xestión de usuarios e recursos con LDAP

    Bibliografía básica e complementaria

    Bibliografía básica:

    -Aeleen Frisch, Essential System Administration (3rd Ed.), O'Reilly, 2002.
    -Evi Nemeth, Garth Snyder, Scott Seebass, Trent R. Hein, UNIX System Administration Handbook (3rd Ed.), Prentice Hall, 2000.
    -Evi Nemeth, Garth Snyder, Trent R. Hein, Linux Administration Handbook (2nd Ed.), Prentice Hall, 2006.
    -Steve Shah, Manual de Administración de Linux, MC Graw Hill, 2001.

    Bibliografía complementaria:

    -Angie Nash, Jason Nash, LPIC 1 Certification Bible, Wiley/Hungry Minds, 2001.
    -Evi Nemeth, Garth Snyder, Trent R. Hein, La biblia de: Administración de sistemas Linux, Anaya Multimedia, 2007.
    -Evi Nemeth, Garth Snyder, Trent R. Hein, Ben Whaley, UNIX and Linux System Administration Handbook (4th Ed.), Prentice Hall, 2010.
    -Thomas A. Limoncelli, Christina J. Hogan, Strata R. Chalup, The practice of System and Network Administration (2nd Ed.), Addison-Wesley Professional, 2007.
    - O libro «UNIX and Linux System Administration Handbook» ven a ser un compendio de dous dos libros da bibliografía básica, cos que ten tres autores en común. Incluimos tamén neste epígrafe de bibliografía complementaria a versión en castelán dun deses libros: «La biblia de: Administración de sistemas Linux».

    Competencias
    - Coñecer os principais elementos HW e SW dun servidor
    - Adquirir os coñecementos necesarios para a administración dos servizos dos sistemas
    - Implantación de políticas e servizos que garantan a continuidade da dispoñibilidade dun sistema
    - Saber resolver incidencias básicas na operativa da administración de sistemas

    Metodoloxía da ensinanza
    Sesión maxistral
    A metodoloxía docente desta materia compende varias sesións de clase maxistral, nas que se presentarán os contidos a traballar. Nas clases favorecerase a participación proactiva do alumno, así como a adquisición de coñecemento dun xeito crítico.

    Prácticas de laboratorio
    Os contidos da materia traballaranse de forma aplicada en sesións de laboratorio, nas que se desenvolverán os contidos prácticos da materia. Dada a variedade de aspectos a desenvolver nas distintas actividades, traballarase en grupos pequenos (2-3 alumnos) buscando xerar sinerxias na aprendizaxe e na adquisición de destrezas tendo en conta os distintos perfiles e intereses que poden presentarse. O traballo nesta materia requerirá dunha exhaustiva documentación do equipamento co que traballar, e dos servizos e aplicacións a implantar e configurar, co que o acceso a internet e a bibliografía especializada é imprescindible. Porén, as competencias a adquirir son consecuencia directa da aplicación práctica dos coñecementos adquiridos, co que se porá especial énfase na practicidade das discusións durante as clases maxistrais e na utilización dunha metodoloxía de evaluación continuada que prime o esforzo nas actividades máis aplicadas.

    Atención personalizada
    A atención personalizada na realización das prácticas de laboratorio antóxase imprescindible para dirixir aos alumnos no desenvolvemento do traballo. Ademais, esta atención servirá para validar e evaluar o traballo realizado polos alumnos nas distintas fases do seu desenvolvemento ata chagar á súa finalización. Por outra banda, recoméndase aos alumnos a asistencia a tutorías como un mecanismo adicional de axuda.


    Sistema de evaluación
    Prácticas de laboratorio: Realización das prácticas da materia (80% da nota)
    Atención personalizada: Seguemento continuado e obxectivable dunha participación activa (20 % da nota)
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases maxistrais: 7 horas presenciais e 14 de estudo autónomo por parte do alumno.
    Grupos reducidos: 14 horas presenciais e 37 de traballo persoal do alumno.
    Tutorías: 3 horas presenciais.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Debido á forte interrelación entre a parte teórica e a parte práctica, e á progresividade na presentación de conceptos moi relacionados entre si na parte teórica, é recomendable dedicar un tempo de estudo ou repaso diario.