Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4091109 - Taller de Proxectos (Módulo Obrigatorio) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación, Departamento Externo
  • Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ PENA, ANSELMO TOMAS.NON
Fernández Rivera, Francisco Manuel.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo deste curso é proporcionar ao alumno os fundamentos necesarios que lle permitan xestionar adecuadamente todo o proceso de xeración, xestión e comunicación dun proxecto de computación, tanto de desenvolvemento de software como de deseño e despregamento de infraestruturas. Introdúcese ao alumno nas metodoloxías de desenvolvemento de software máis importantes, en metodoloxías de seguimento e control de proxectos, ferramentas de xestión da colaboración e técnicas efectivas de comunicación e presentación. Finalmente, incorpórase un módulo de actualización sobre as novas tendencias da supercomputación.
    Contidos
    1. Proxectos de investigación en HPC
    - Estudios bibliográficos
    - Escritura de documentos técnicos
    - Difusión de los resultados da investigación
    - Técnicas de presentación e comunicación

    2. Ferramentas colaborativas.
    - Investigación e colaboración 2.0.
    - Ferramentas colaborativas e a súa utilidade
    - Contornas de colaboración.

    3. Xestión de proxectos HPC
    - Análise de arquitecturas de cara á súa implantación en grandes organizacións
    - Elaboración de pregos de condicións en supercomputación.
    - Preparación de proxectos de equipamento e proposicións para licitacións de supercomputadores

    6. Talleres industriais
    - Presentación de empresas do sector da computación de altas prestaciones.

    7. Tendencias en HPC
    - Conferencias sobre tendencias da computación

    Bibliografía básica e complementaria
    - R. Jain, "The Art of Computer Systems Performance Analysis: Techniques for Experimental Design, Measurement, Simulation, and Modeling," Wiley- Interscience, New York, NY, April 1991, ISBN:0471503361
    - Murugan Anandarajan and Murugan Anandarajan (Editors): e-Research Collaboration. Theory, Techniques and Challenges, Springer London New York, 2010.ISBN 978-3-642-12256-9.
    - López Yepes, J., "La Aventura de la Investigación Científica. Guía del Investigador y del Director de Investigación", Editorial Síntesis, 1996; ISBN: 84-7738-330-8
    - Zorrilla Arena, S. y Torres Xammar, M., "Guía para Elaborar la Tesis", McGraw-Hill Interamericana de México, 1997; ISBN: 970-10-0139-7
    - Sierra Bravo, R., "Tesis Doctorales y trabajos de Investigación Científica", Editorial Paraninfo, 1993; ISBN: 84-283-2052-7
    Competencias
    Contribúese a acadar as competencias recollidas na memoria do título de Máster en Computación de Altas Prestacións A12, A13, A15 e A16 específicas; B1, B2, B3, B4, B6, B7, B8, B9, B10, B11, B12 e B13 transversais; C1, C2, C3, C4, C5, C6, C7 e C8 nucleares.

    Máis concretamente, as principais competencias que adquirirá o alumno unha vez finalizada a materia son as seguintes:

    -Capacidade para deseñar un proxecto de nova execución, incluíndo descrición, planificación, estimación de custos, organización e análise de riscos (A15, B6,B7,B8, B10, B11, C1,C2,C3,C4,
    C5,C6,C8).
    - Capacidade para xestionar a execución dun proxecto colaborativo: reformulo, seguimento, análise de riscos e desviacións, continxencias, xestión de colaboración, dirección de reunións, informes periódicos (A16, B6, B7, B8, B10, B11, C1,C2,C3,C4, C7).
    - Utilizar o traballo en equipo por obxectivos (B12, B7, B8, C1, C2, C4, C8).
    - Capacidade para deseñar e realizar unha presentación pública efectiva (B3, B13, B7, B8 C1, C2, C3).
    - Planificar proxectos a través da aplicación dos coñecemento adquiridos durante o máster en casos concretos (B1, B2, B3, B4, B7, B8, C1, C2, C3, C4, C5, C6, C8).
    - Coñecer as tendencias de supercomputación así como da súa utilización práctica nos sectores industrial, académico e público (A12, A13, B6, B8 C2, C3, C7, C8).
    - Coñecer as técnicas para a dirección efectiva de reunións (B7, B8, B9, B12, B13, C1, C2, C4).

    Metodoloxía da ensinanza
    Sesión maxistral
    Exporanse en clases teóricas os conceptos que o alumno debe coñecer para empezar unha carreira investigadora con éxito e desenvolver proxectos colaborativos utilizando as ferramentas dispoñibles. As actuais tendencias de supercomputación presentaranse a través de clases maxistrais ou conferencias de expertos nacionais e internacionais.

    Traballo tutelado principal.
    Realización dun proxecto de renovación de equipamento dunha infraestrutura de supercomputación. O proxecto de renovación de equipamento realizarase en función das aplicacións informáticas máis utilizadas no devandito centro. O alumno proporá unha configuración de supercomputador para equipar ese centro pondo especial énfase na rede de interconexión, a arquitectura de memoria e a escalabilidade.

    Outros traballos tutelados
    Deberanse realizar outros traballos relacionados con diferentes aspectos da materia. Estes traballos tutelados permitirán ao alumno familiarizarse dende un punto de vista práctico coas cuestións expostas nas clases teóricas.

    Lecturas
    O alumno terá que realizar a lectura e estudo de material diverso proporcionado polo profesor en forma de libros da bibliografía e artigos científicos e técnicos, e manuais no caso das ferramentas utilizadas para realizar as prácticas.

    Atención personalizada
    A atención personalizada na realización dos traballos tutelados antóllase imprescindible para dirixir a cada grupo de alumnos no desenvolvemento do traballo que lles foi asignado. Ademais, esta atención servirá para validar e avaliar o traballo que vai sendo realizado polos alumnos en distintas fases do seu desenvolvemento até chegar á súa finalización.

    Sistema de evaluación
    A avaliación terá en conta:

    - Realización de traballos tutelados (80% da nota final)
    - Participación activa do alumno (20 %) da nota final.

    Se se suspende o traballo tutelado principal será necesario, para aprobalo, facer as modificacións e avances no devandito traballo que o profesor indique ao alumno nos prazos que o profesor indique.

    Avaliación convocatoria ordinaria (maio): Se realizará segundo o detallado máis arriba. Non haberá exame da materia.

    Avaliación convocatoria extraordinaria (xullo): Para superar a avaliación continua será necesario entregar os traballos academicamente dirixidos que non se tiveran entregado durante a convocatoria ordinaria ou foran considerados incorrectos, non obviando a posibilidade de esixir traballos adicionais. Non haberá exame.

    NON PRESENTADO
    Se considerará non presentado o alumno que non teña entregado ningún dos traballos tutelados e/ou non participara nas actividades propostas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases maxistrais e asistencia a conferencias: 18 horas presenciais e 20 de estudo autónomo por parte do alumno.
    Prácticas de laboratorio: 24 horas presenciais e 82 de traballo persoal do alumno para a realización de prácticas e outros traballos.
    Titorías personalizadas: 6 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    O coñecemento do inglés tanto falado como escrito é imprescindible xa que moita da bibliografía e das conferencias externas poden ser en inglés.