Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4091202 - Depuración de Programas e Análises do Rendemento (Módulo Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación, Departamento Externo
  • Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo do curso é dobre, por unha banda dar a coñecer os aspectos arquitectónicos e funcionais que inflúen no rendemento dunha aplicación paralela, e polo outro proporcionar os fundamentos e ferramentas necesarios para a detección e corrección de erros en códigos paralelos, así como para a súa avaliación e análise, detectando as zonas que degradan o rendemento, as causas desa degradación e as posibles solucións.

    Contidos
    1. Introdución á depuración de aplicacións.
    O proceso de depuración: aproximación sistemática.
    Caracterización dos fallos de aplicacións.
    Fallos comúns: detección e solucións.
    Fallos de difícil detección.
    Problemas específicos de aplicacións paralelas.
    2. Uso de ferramentas de depuración.
    Compilación de aplicacións para depuración.
    Ferramentas de depuración de código paralelo.
    Ferramentas de depuración de memoria en aplicacións paralelas.
    Ferramentas de análises multihilo.
    3. Introdución á análise de rendemento.
    Análise de rendemento: motivación.
    Repaso dos conceptos básicos sobre a análise do rendemento.
    Caracterización e detección de problemas de rendemento.
    Aspectos arquitectónicos que inflúen no rendemento.
    Modelado do rendemento.
    4. Uso de ferramentas de análises de rendemento.
    Técnicas de instrumentación.
    Técnicas de medida e análise de rendemento: profiling e trazas.
    Ferramentas para a análise do rendemento.
    Bibliografía básica e complementaria
    -R. Jain, The art of computer systems performance analysis, Wiley, 1991

    -A. Zeller, Why Programs Fail: A Guide to Sistematic Debugging, Morgan-Kauffman, 2005

    -I. Foster, Designing and Building Parallel Programs, Addison Wesley, 1995

    -J.J. Dongarra et al, Source Book of Parallel Computing, Morgan-Kauffman, 2003

    -N. Gunther, The Practical Performance Analyst, iUniverse, 2000

    -P. Fortier, H. Michel, Computer Systems Performance Evaluation and Prediction, Digital Press, 2002

    -S. Goedecker, A. Hoisie, Performance Optimization of Numerically Intensive Codes, SIAM, 200

    -T. Grötker et al., The Developer's Guide to Debugging, Springer, 2007

    -W. Stallings, Computer Organization and Designing for Performance, Prentice Hall, 2009

    -W. Wu, Performance Evaluation, Prediction and Visualization of Parallel Systems, Kluwer Academic Pub., 1999

    Competencias
    Capacidade de identificar o comportamento da execución dunha aplicación paralela sobre diferentes arquitecturas en termos do seu rendimento.

    Capacidade para a procura, selección e manexo de recursos (bibliografía, software, simuladores, etc.) sobre o campo do desenvolvemento, depuración e análise do rendemento de aplicacións paralelas.

    Manexar implementaciones software das técnicas incluídas nos contidos teóricos.

    Aplicar as diferentes técnicas aos tipos de problemas aos que se orientan cada unha delas.

    Capacidade para integrarse na operativa diaria nun Centro relacionado coa supercomputación.
    Metodoloxía da ensinanza
    Exposición oral coa finalidade de transmitir conceptos e facilitar a aprendizaxe. Usarase a pizarra xunto con transparencias que mostren os conceptos fundamentais, así como unha serie de exemplos e figuras que axuden a clarificar os conceptos. As sesións maxistrais versarán sobre todos os contidos do temario, sendo o punto de partida para o resto de actividades previstas.

    Os alumnos deberán enfrontarse a unha serie de problemas expostos polo profesor durante sesións prácticas en computadores. Para a súa realización o alumno contará coa tutela do profesor, outros exemplos realizados en clase e a bibliografía recomendada. Ademais realizará prácticas guiadas para familiarizarse coas ferramentas vistas en clase e para resolver problemas específicos. A finalidade desta actividade será aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos.

    Revisión das fontes bibliográficas recomendadas co obxectivo de ampliar e afianzar os coñecementos expostos tanto en sesións maxistrais como en prácticas de laboratorio.

    Resolución de casos de estudo de maior dificultade aos realizados de forma guiada, estudando en maior profundidade unha aplicación específica directamente relacionada cos contidos da materia. Deberá entregarse un informe sobre o traballo realizado, resumindo as principais conclusións do mesmo.
    Sistema de evaluación
    A cualificación final realizarase en base a dous aspectos: o seguimento continuado e objetivable dunha participación activa que suporá o 20% da cualificación, e a realización dun traballo tutelado e presentación dun informe de conclusións. que suporá o 80%.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O traballo do alumno pode principalmente dividirse nos seguintes puntos: Análise de fontes documentais (5 horas de traballo autónomo), Prácticas de laboratorio (32 horas de traballo no laboratorio e autónomo), Sesións maxistrais (22,5 horas presenciais e de traballo autónomo) e Traballos tutelados (15,5 horas de tutorías e traballo autónomo).
    Recomendacións para o estudo da materia
    Para os fundamentos básicos da materia recoméndase cinguirse ao material recomendado polos profesores (textos, apuntes, artigos, referencias web, etc.). Con todo, para os contidos avanzados da materia, así como para a realización de traballos prácticos recoméndase a procura e selección de recursos en internet, debido á rápida evolución dos contidos da materia. Dada a forte compoñente práctica desta materia o alumno deberá realizar un esforzo importante na resolución dos problemas expostos coa axuda do material proporcionado.