Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4091203 - Administración de Sistemas II (Módulo Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación, Departamento Externo
  • Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ PENA, ANSELMO TOMAS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo deste curso é proporcionar ao alumno os fundamentos que lle permitan realizar unha administración de sistemas sólida. Introdúcese ao alumno nos métodos para a administración de sistemas de grandes dimensións, como son a medición do rendemento, o dimensionamiento do sistema, boas prácticas de administración baseadas en metodoloxías ITIL, así como unha avaliación dos distintos sistemas de ficheiros e as redes de almacenamento. Ademais introduce ao alumno nas capacidades dos contornos virtualizados e a xestión dinámica destes sistemas.
    Contidos
    Administración avanzada de servidores
    a. Dispositivos e drivers
    b. Xestión de servidores con arquitecturas SMP e NUMA
    c. Parámetrización do kernel. Módulos
    d. Monitorizacion do rendemento
    e. Virtualización

    Administración avanzada da rede e a seguridade
    a. Xestión de portos
    b. Cortafogos
    c. Seguimento de incidencias e reportes do sistema
    d. Configuración de VPN e NAT
    e. Detección de ataques e intrusiones. Análise forense

    Xestión do almacenamento
    a. Redes de almacenamento. Tecnoloxías FC e iSCSI. Topoloxías
    b. Sistemas RAID avanzados e cabinas de almacenamento
    c. Filesystems (arquitectura, tipos e características)

    Metodoloxías e planificación
    a. Conceptos de ITIL e helpdesk. Xestión de incidencias
    b. Dimensionamiento da capacidade
    c. Plan de recuperación ante desastres

    Bibliografía básica e complementaria
    -E. Nemeth, G. Snyder, S. Seebass, T. Hein, Unix System Administration Handbook, Prentice Hall, 2001.
    -M. Carling, Stephen Degler, James Dennis, Linux System Administration, New Riders, 2000.


    Competencias
    - Avaliar os distintos sistemas operativos e seleccionar o máis adecuado
    - Mellorar o rendemento e as capacidades dos servidores
    - Dar soporte avanzado a usuarios de grandes organizacións
    - Dimensionar os sistemas en función dos requirimentos de novas aplicacións
    - Traballar en sistemas virtualizados e con xestión dinámica das capacidades
    - Levar á práctica os coñecementos teóricos aprendidos
    - Traballar en equipo
    - Levar a cabo unha aprendizaxe autónoma
    Metodoloxía da ensinanza
    Sesión maxistral:
    Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de fases de debate cos estudantes. Todo iso coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Realizaranse sesións maxistrais sobre gran parte dos contidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas para cada punto.

    Prácticas de laboratorio:
    Actividade que permite aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas en computadores.

    Atención personalizada
    A atención personalizada na realización das prácticas de laboratorio antóllase imprescindible para dirixir os alumnos no desenvolvemento do traballo. Ademais, esta atención servirá para validar e avaliar o traballo que vai sendo realizado polos alumnos en distintas fases do seu desenvolvemento até chegar á súa finalización. Doutra banda, recomendarase aos alumnos a asistencia a tutorías como método de axuda..

    Sistema de evaluación
    Sesión maxistral: Seguimento continuado e objetivable dunha participación activa (20% da nota)
    Prácticas de laboratorio: Avaliación continua da realización das prácticas de laboratorio (80 % da nota)
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases maxistrais: 9 horas presenciais e 27 de estudo autónomo por parte do alumno.
    Prácticas de laboratorio: 12 horas presenciais e 24 de traballo persoal do alumno para a realización de prácticas e outros traballos de computador.
    Atención personalizada: 3 horas presenciais.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Debido á forte interrelación entre a parte teórica e a parte práctica, e á progresividade na presentación de conceptos moi relacionados entre si na parte teórica, é recomendable dedicar un tempo de estudo ou repaso diario.