P4091204 - Administración de Instalacións de Supercomputación (Módulo Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Departamento Externo
- Áreas: Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo deste curso é proporcionar ao alumno os conceptos que lle permitan iniciar unha investigación sólida na área da administración de sistemas para supercomputación e clusters HPC e HTC. Introdúcese ao alumno en técnicas específicas para a administración de sistemas que se utilizarán en supercomputación, HPC e HTC, como son a monitorización dos sistemas e o axuste dos seus parámetros para mellorar o rendemento, os sistemas de ficheiros paralelos e os sistemas de colas, así como a contabilidade dos recursos. Así mesmo, introducirase ao alumno as técnicas necesarias para instalar e configurar un cluster de computación. Ademais introducirá ao alumno nas novas funcionalidades de sistemas operativos que a comunidade científica investiga actualmente e que presentan un elevado potencial.
ContidosT1. Despregamento de infraestruturas en computación de altas prestacións
T1.1 Instalación do sistema base
T1.2 Configuración de redes de interconexión
T1.3 Acceso a sistemas de almacenamento compartido
T1.4 Almacenamento paralelo e de altas prestacións para clusters de computación
T1.5 Instalación de ferramentas de desenvolvemento e aplicacións
T1.6 Fase de probas e documentación
T2. Administración de clusters HPC
T2.1 Topología e descrición do hardware
T2.2 Instalación, configuración e administración de sistemas de colas
T2.3 Administración de redes de altas prestacións HPC
T2.4 Instalación, configuración e administración de contornas de computación cloud e grid
T3. Parametrización e optimización de rendemento de sistemas HPC
T3.1 Monitorización e medición do sistema
T3.2 Contabilidade de utilización de usuarios e procesos
T3.3 Parámetros e compoñentes do sistema axustables
T3.4 Xestión da carga de traballo
T3.5 Xestión de memoria e procesos en contornas NUMA
T4. Xestión da infraestrutura de soporte
T4.1 O CPD
T4.2 O sistema eléctrico
T4.3 Refrixeración
T4.4 Eficiencia enerxética
T4.5 Seguridade física e das instalacións
Bibliografía básica e complementaria Bibliografía básica:
-Thomas A. Limoncelli, Christina J. Hogan, Strata R. Chalup, The Practice of System and Network Administration, Addison-Wesley, 2007 (2nd edition).
[1] Centro de Supercomputación de Galicia. http://www.cesga.es
[2] GridEngine.http://gridengine.sunsource.net
Bibliografía complementaria:
- Evi Nemeth , La biblia de administración de sistemas Linux , Madrid, Anaya Multimedia, 2007.
- Evi Nemeth, Linux Administration Handbook, Prentice Hall, 2007.
- Mike Meyers, Redes Administración y mantenimiento, Anaya-Multimedia, 2010.
- http://www.rocksclusters.org
- M. Loukides. System Performance Tuning, O’Reilly & Associates, Inc., 1990
- http://www.datacenterdynamics.com/
- Luis Ferreira y otros. Linux HPC cluster installation. Redbooks, 2001.
- http://www.uptimeinstitute.org/
- http://www.thegreengrid.org/
Competencias- Implantar e administrar sistemas de supercomputación, HPC e HTC.
- Analizar e mellorar o rendemento destes sistemas.
- Xestionar clusters de computación.
- Planificar políticas de colas de procesos.
- Levar á práctica os coñecementos teóricos aprendidos.
- Traballar en equipo.
- Planificar e organizar o seu tempo e os seus recursos.
- Levar a cabo unha aprendizaxe autónoma.
Metodoloxía da ensinanza Sesión maxistral:
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de fases de debate cos estudantes. Todo iso coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Realizaranse sesións maxistrais sobre gran parte dos contidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas para cada punto.
Prácticas de laboratorio:
Actividade que permite aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas en computadores.
Atención personalizada:
A atención personalizada na realización das prácticas de laboratorio resulta imprescindible á hora de desenvolver o traballo proposto. Trátase de actividades que requiren un alto grao de especialización cuxa resolución implica a aplicación de conceptos traballados previamente no máster, e cuxo coñecemento se atopa usualmente pouco estruturado co que resulta crucial a consulta e o debate co profesor. Ademais, esta atención servirá para validar e avaliar o traballo que vai sendo realizado polos alumnos en distintas fases do seu desenvolvemento ata chegar á súa finalización. Por parte do profesorado traballaranse as tutorías e a atención personalizada como parte transcendental do proceso formativo.
Sistema de evaluaciónPrácticas de laboratorio:
Realizaranse determinadas prácticas de administración de sistemas clúster que consistirán na instalación de hardware e software propio de
computación de altas prestacións. Ademais, analizáranse as políticas de configuración e administración implantadas no Centro de Supercomputación de Galicia. (50% da nota)
Sesión maxistral:
Exame sobre os conceptos presentados na materia. (50% da nota)
Tempo de estudo e traballo persoalClases maxistrais: 9 horas presenciais e 18 de estudo autónomo por parte do alumno.
Prácticas de laboratorio: 12 horas presenciais e 33 de traballo persoal do alumno para a realización de prácticas e outros traballos de computador.
Atención personalizada: 3 horas presenciais.
Recomendacións para o estudo da materiaDebido á forte interrelación entre a parte teórica e a parte práctica, e á progresividade na presentación de conceptos moi relacionados entre si na parte teórica, é recomendable dedicar un tempo de estudo ou repaso diario.