Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4091110 - Traballo Fin de Master (Traballo Fin de Máster) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 12.00
  • Total: 12.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 21.00
  • Horas de Titorías: 63.00
  • Total: 84.0

Outros Datos

  • Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación, Electrónica e Computación, Departamento Externo
  • Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Electrónica, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CABALEIRO DOMINGUEZ, JOSE CARLOS.NON
DIAZ BRUGUERA, JAVIER.NON
FERNANDEZ PENA, ANSELMO TOMAS.NON
GARCIA LOUREIRO, ANTONIO JESUS.NON
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo do proxecto fin de máster é introducir ao alumno nun tema de investigación con obxectivos concretos e alcanzables nun curto espazo de tempo e que permitan ao alumno introducirse de modo práctico nun traballo de investigación nalgunha das liñas nas que traballan os grupos aos que pertence o equipo docente.

    Contidos
    Traballo de investigación nalgunha das liñas nas que traballan os grupos aos que pertence o equipo docente.
    Bibliografía básica e complementaria
    Específica para cada proxecto.
    Competencias
    - Capacidade para deseñar un proxecto de nova execución, incluíndo descrición, planificación, estimación de custos e organización
    - Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos relacionados coa súa área de estudo
    - Capacidade para deseñar e realizar unha presentación en público efectiva
    Metodoloxía da ensinanza
    Actividades iniciais:
    Actividades que se levan a cabo antes de comezar o traballo de investigación para coñecer os intereses e motivacións que posúe o alumno de cara á realización do proxecto.

    Investigación (Proxecto de investigación):
    Realización dun proxecto de investigación ou de desenvolvemento no campo da computación de altas prestacións.

    Presentación oral:
    Exposición oral do resumo do traballo fin de máster, resaltando as conclusións e principais achegas do mesmo.

    Resumo:
    Realización dunha memoria de traballo fin de máster.

    Atención personalizada:

    A atención personalizada durante toda a realización do proxecto fin de máster antóllase imprescindible para dirixir os alumnos no desenvolvemento do traballo. Ademais, esta atención servirá para validar e avaliar o traballo que vai sendo realizado polos alumnos en distintas fases do seu desenvolvemento ata chegar á súa finalización.

    Sistema de evaluación
    Investigación (Proxecto de investigación):
    Seguimento continuado por parte do profesor que dirixe o traballo. Avaliación por unha comisión integrada por profesores especialistas.
    Presentación oral:
    Avaliación por unha comisión integrada por profesores especialistas.
    Tempo de estudo e traballo persoal

    Prácticas de laboratorio: 3 horas presenciais.
    Atención personalizada: 9 horas presenciais.
    Traballo persoal do alumno: 288 horas para o desenvolvemento do proxecto e preparación da presentación.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Traballo continuado e constante para desenvolver de forma satisfactoria o proxecto.