P4131101 - Plans de Sistemas (DIRECCIÓN E XESTIÓN DE PROXECTOS) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 54.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Electrónica e Computación
- Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO principal resultado da aprendizaxe da materia é o coñecemento acerca de que é un plan de sistemas, a súa importancia e como formulalo nunha organización.
Contidos1.- Plans de sistemas
1.1.- Propósito dos plans estratéxicos de sistemas
1.2.- O proceso de planificación
2.- Inicio do proxecto
2.1.- Actividades iniciais
2.2.- Análise do contexto de negocio
3.- Fase de análise
3.1.- Análise da situación actual dos sistemas de información
3.2.- Validación da análise e síntese de requisitos
4.- Proposta de solución
4.1.- Cálculo do Gap. Distancia entre a situación actual e a desexada
4.2.- Establecemento dunha folla de ruta
4.3.- Presentación da proposta
5.- Pasos seguintes
5.1.- Planificación do proxecto. Reunión de arranque.
5.2.- Xestión de provedores
5.3.- Xestión de riscos
6.- Modelo nas administracións públicas
6.1.- Métrica v3.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía Básica
1.- Anita Cassidy; 2006. “A Practical Guide to Information Systems Strategic Planning”, Second Edition (Ed) Auerbach Publications, Taylor & Francis Group. ISBN: 0-8493-5073-5
2.- John L Ward, Joe Peppard; 2002.”Strategic Planning for Information Systems”. Ed John Wiley & Sons. ISBN: 0-470-84147-8.
Bibliografía complementaria
1.- Robert J. Benson, Thomas L. Bugnitz, Willians B. Walton; 2004. “From Business Strategy to IT Action: Right Decisions for a Better Bottom Line”. Ed John Wiley & Sons. ISBN: 0-471-49191-8.
2.- Peter Weill and Jeanne W. Ross; 2004. “IT Governance: How Top Performers Manage IT Decision Rights for Superior. Ed. Harvard Business School Press. ISBN: 1-59139-253-5.
3.- Métrica v3. 2011. http://administracionelectronica.gob.es/?_nfpb=true&_pageLabel=P60085901274201580632&langPae=es
CompetenciasA través desta materia o alumno debe adquirir competencias para analizar o estado actual das tres dimensións básicas dos sistemas de información, identificar a súa situación futura desexada e, a través dunha análise de diferenzas (Gap Analysis), identificar as accións a tomar para alcanzar o devandito estado futuro, a nivel de organización, sistemas, procesos, persoal e proxectos.
Esta materia contribúe a alcanzar moitas das competencias xerais e transversais recollidas na memoria do título, concretamente as xerais CG1, CG2, CG3, CG5, CG6, CG7, CG9 e CG10; e as transversais CT1, CT3, CT4, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT12. Entre as competencias específicas do módulo de dirección e xestión de proxectos, ao que pertence a materia, abordaranse as competencias CDG1 e CDG2 e ademais as competencias específicas recollidas do informe PAFET CE1, CE2 e CE3. Finalmente na materia inclúense todas as competencias asociadas á calidade de servizo.
Metodoloxía da ensinanza As clases de teoría realizaranse mediante clases expositivas con apoio de transparencias. A través da ferramenta de e-Learning da USC (Campus virtual) proporcionarase aos alumnos o material docente da materia e utilizarase sistematicamente como estratexia de entrega de prácticas e de colaboración entre os alumnos que desenvolvan traballos en grupos. As clases de prácticas desenvolveranse, segundo o caso, de forma individual ou en pequenos grupos aos que se propoñerá exercicios que implicarán o desenvolvemento dos contidos impartidos nas clases teóricas ou adquiridos de forma autónoma polo alumno. Os foros e o correo da ferramenta de e-Learning tamén se utilizarán como canle de comunicación profesor-alumnos.
Sistema de evaluaciónPara superar esta materia o alumno terá que entregar polo menos o 80% dos traballos que se lle propoñan na clase, ou a través da aula virtual, como resumo de prácticas ou para o seguimento do seu traballo. Mediante a realización e entrega dos devanditos traballos o alumno alcanzará un máximo do 70% da súa nota final. O 30% restante obterao mediante un exercicio teórico final que terá que ser aprobado para superar a materia.
O alumno que non entregue o 80% dos traballos de prácticas e seguimento ou non se presente ao exercicio teórico terá a condición de NON PRESENTADO tanto na convocatoria de Xaneiro como na de Xullo.
Os alumnos repetidores poderán conservar dun ano para outro a nota obtida nas memorias das prácticas para o cal deberán volver entregar as memorias xa realizadas o ano anterior. As notas obtidas nos exercicios de seguimento e o exercicio teórico final non se conservan e o alumno realizaraos nas mesmas condicións que os alumnos examinados en primeira convocatoria.
Tempo de estudo e traballo persoalPara completar a materia, ademais das 48 horas presenciais, o alumno debería dedicar ao redor de 48 horas de estudo autónomo aos contidos que se lle proporcionarán tanto nas horas expositivas como nas interactivas e 54 horas na preparación, realización e síntese dos traballos relacionados coa súa avaliación e seguimento.
Recomendacións para o estudo da materiaO alumno debería levar ao día a materia para poder aplicar nos exercicios prácticos os coñecementos adquiridos de forma teórica e para poder superar os traballos de seguimento que se realizarán en clase.
ObservaciónsAntes da realización desta materia é conveniente ter adquirido competencias en Enxeñaría do Software e xestión de proxectos.