Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4131102 - Xestión Integral de Proxectos (DIRECCIÓN E XESTIÓN DE PROXECTOS) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 27.00
  • Horas de Titorías: 4.50
  • Total: 40.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación
  • Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VARELA PET, JOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Nesta materia preténdese abordar todas as fases e áreas para a xestión integral dun proxecto informático dende o punto de vista da enxeñería. Incidirase na comprensión e aplicación de técnicas para a xestión de proxectos dende a perspectiva do responsable para percibir a problemática de xestión asociada ao desenvolvemento de proxectos. Partindo dun coñecemento de temas xenéricos da xestión de proxectos (qué é un proxecto, cómo se planifica, organiza e controla), afondarase noutros más específicos como a integración de sistemas e o uso de ferramentas de produtividade. Incluiranse ademais aspectos concretos da dirección, tales como o comportamento organizativo ou as habilidades necesarias para a dirección.

    Contidos
    Xestión da configuración
    Xestión da integración
    Xestión do alcance e o cambio
    Xestión de recursos humanos: negociación e resolución de conflitos, motivación de equipos

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:

    1. Project Management Institute: "PMBOK: A Guide to the Project Management Body of Knowledge (Pmbok Guide)"
    2. Henrik Kniberg: "Scrum and XP from the trenches: how we do scrum", C4Media, 2007
    3. Mike Cohn: "Succeeding with agile: software development using Scrum", Addison-Wesley, 2010
    4. Jacques Quesnel: "Entender ITIL 2011: normas y mejoras prácticas para avanzar hacia ISO 20000", ENI, 2012


    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:

    1. Mitch Lacey: "The Scrum field guide: practical advice for your first year", Addison-Wesley, 2012
    2. Framework Scrum: http://www.scrum.org/
    3. Aproximación ITIL: http://www.itil-officialsite.com/
    Competencias
    Esta materia, pertencente ao módulo de "Dirección e xestión de proxectos", contribúe a acadar as seguintes competencias recollidas na memoria do título de Máster en Tecnoloxías da Información da USC:

    - Competencias xerais 1, 2, 3, 5, 6, 7 y 10
    - Competencias específicas de Dirección e Xestión 1 y 2
    - Outras competencias específicas 1, 2 y 3
    - Competencias transversais 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8, 9, 10, 12 y 13
    - Competencias de calidade do servizo 1-10


    Por outra parte, as competencias propias da materia son as seguintes:

    - Ser quen de dirixir de forma autónoma un proxecto seguindo as directrices do PMI
    - Ser quen de aplicar os principios de xestión de provisións (supply management) e de externalización (outsourcing) no eido da xestión de servizos
    - Ser quen de implicarse axeitadamente no desenvolvemento de software seguindo metodoloxías áxiles

    Metodoloxía da ensinanza
    Farase uso do Campus Virtual da USC como ferramenta de comunicación preferente entre os participantes desta materia. A metodoloxía utilizada estará baseada na realización dos seguintes tipos de actividades:

    1. Clases expositivas nas que se traballarán contidos teóricos.

    2. Realización de traballos e/ou exercicios relacionados cos contidos teóricos en horas de traballo presencial e persoal.

    3. Realización de prácticas de ordenador en horas de traballo persoal e revisión das mesmas en horario de titorías.

    4. Avaliación de proxectos en horas de traballo persoal.

    Daranse facilidades para a realización, en horas de traballo persoal, de todas aquelas actividades previstas en principio para o seu desenvolvemento presencial.

    Sistema de evaluación
    Convocatorias ordinaria e extraordinaria:

    1. Exercicios propios da actividade de tipo 2: 15%

    2. Prácticas de ordenador vinculadas á actividade de tipo 3: 50%

    3. Avaliación das presentacións relacionadas coa actividade de tipo 4: 35%

    Calquera estudante que realice algunha entrega asociada aos anteriores puntos 2 e 3 recibirá automaticamente a consideración de presentado. Baixo ningunha circunstancia se conservarán cualificacións entre distintos cursos académicos.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tendo en conta que a materia ten un peso de 4,5 ECTS e que se previron 36 horas de traballo presencial, o alumno deberá aportar máis de 75 horas de traballo persoal a repartir entre diferentes actividades como o estudo autónomo, a preparación de traballos, a realización de prácticas de ordenador ou a avaliación de proxectos.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Requírese competencia a nivel de graduado en Enxeñería Informática no que respecta ao eido da Enxeñaría do Software e da Xestión de Proxectos Informáticos.

    Dáse por suposto que o alumno ten cursado previamente, durante o primeiro semestre do Máster, a materia "Planes de Sistemas" do módulo de "Dirección e Xestión de Proxectos".

    Observacións
    As linguas prioritarias nesta materia son o galego e o castelán.