Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4131103 - Auditoría de sistemas e calidade de Software (TECNOLOXÍAS INFORMÁTICAS) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 36.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 54.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación
  • Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
COTOS YAÑEZ, JOSE MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Para controlar, medir e sopesar os riscos aos que poden estar sometidos os sistemas informáticos, adaptalos ás leis e normas vixentes, coñecer en todo momento o estado no que se atopan e ter capacidade de manobra para poder responder ante calquera eventualidade e xerar confianza, faise necesaria a realización dunha AUDITORÍA INFORMÁTICA de calidade
    Nesta materia actualizaranse os coñecementos sobre as normativas e boas prácticas en auditoría informática que o alumno adquiriu no grao, ademais de profundar nunha visión práctica de como afrontala e soportala.
    Será obxectivo global que se achegue calidade aos proxectos a fin de incrementar a seguridade, estabilidade e dispoñibilidade dos sistemas informáticos.

    Contidos
    1.- Introdución á auditoría e á calidade
    2.- Normas internacionais sobre a seguridade dos Sistemas Informáticos
    3.- Metodoloxías e técnicas de auditoría: modelos e directrices.
    4.- Auditoría de calidade e seguridade en:
    4.1.- a organización e os seus sistemas
    4.2.- o proceso
    4.3.- o produto
    5.- O Informe do auditor

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    1.- Mario Piattini, Félix García, Ismael Caballero; "CALIDAD DE SISTEMAS INFORMATICOS". Ed: RAMA; 2006; 01 ed. ISBN: 978-84-7897-734-5.
    2.- Gordon Schulmeyer, G. (2007) Handbook of Software Quality
    Assurance, Artech House Publishers, 4th ed.
    3.- J.R. Evans, W.M. Lindsay (2001) The Management and Control
    of Quality, South-Western, 5th ed.

    Bibliografía complementaria.-

    1.- Mario Piattini, José A. Calvo-Manzano, Joaquín Cervera, Luis Fernández. 2003; “Análisis y diseño detallado de aplicaciones Informáticas de Gestión. Una perspectiva de Ingeniería de Software”. Ed. RA-MA, España. ISBN: 84-7897-587-X.
    2.- Roger S Pressman, 2005; “Ingeniería del Software. Un enfoque práctico”. Ed. Mc Graw Hill, España. ISBN: 970-10-5473-3.
    Competencias
    Ao rematar o curso o alumno será quen de aplicar un proceso de auditoría informática utilizando diferentes estándares en función da tipo de sistema informático a avaliar (producto, proceso, sistema de información, etc.)
    Nesta materia abordaranse as competencias xerais e transversais CG5, CG9, CG10 TR5 , TR8 e TR13.
    Ademais, pertencendo ao módulo específico de tecnoloxías informáticas, abrange as competencias específicas CTI3, CTI4. Por outra banda satisface a competencia específica número 2 (CE2), tomada do proceso de innovación da compañía Procter and Gambley: "A capacidade de adquirir, desenvolver e aplicar tecnoloxía ao longo da ampla gama de categorías de produtos da compañía"
    Ademais, e como non podía ser doutro xeito sendo unha materia sobre auditoría e calidade, traballa tódalas competencias asociadas a calidade de servizo.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas articularanse en sesións dunha hora con apoio de transparencias. A través da ferramenta de e-Learning da USC (Campus virtual) proporcionarase aos alumnos o material docente da materia e utilizarase sistematicamente como estratexia de entrega de prácticas e de colaboración entre os alumnos que desenvolvan traballos en grupos. As clases interactivas desenvolveranse en sesións semanais de dúas horas e media e, segundo o caso, de forma individual ou en pequenos grupos aos que se propoñerá exercicios que implicarán o desenvolvemento dos contidos impartidos nas clases expositivas.
    Os foros e o correo desta ferramenta tamén se utilizarán como canle de comunicación profesor-alumnos
    Sistema de evaluación
    Para superar a disciplina, o alumno terá que entregar un traballo resumo de cada unha das prácticas realizadas o que, xunto coa avaliación continua do traballo do alumno na clase, suporá un máximo do 80% da nota total conseguida. O 20% restante será o resultado dun exercicio teórico.

    O alumno que non se presente ao exercicio teórico en Xuño terá condición de Non Presentado en Xuño pero poderá igualmente realizar a proba en Xullo.

    A avaliación dos/as estudantes que por causa xustificada non poidan atender regularmente ás actividades docentes presenciais realizarase en base ao conxunto de traballos propostos polos docentes durante o curso, aos que se lles aplicarán os criterios de avaliación xerais anteriormente indicados.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Recoméndanse entre 4 e 5 horas á semana de traballo persoal do alumno para preparar a parte práctica, que implicará a realización dunha serie de traballos tanto individuais como en grupo. Asemade dada a complexidade da parte teórica, non intuitiva e de manexo de normas e estándares recoméndase unha adicación de dúas horas semanais adicionais á asimilación e consolidación dos coñecementos impartidos nas clases expositivas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    A compoñente eminentemente práctica da materia esixirá do alumno a asistencia regular ás sesións tanto prácticas como teóricas, así como levar o traballo ao día segundo a metodoloxía ECTS.
    Observacións
    Requisitos previos recomendados: Ter cursado previamente a materia do grado en Enxeñería Informática: Calidade do software