P4131107 - Sistemas encaixados, ubicuos e móbiles (TECNOLOXÍAS INFORMÁTICAS) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 4.50
- Total: 46.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Electrónica e Computación, Electrónica e Computación, Electrónica e Computación
- Áreas: Electrónica, Linguaxes e Sistemas Informáticos, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaNo noso entorno existen multitude de situacións ou aplicacións controladas por sistemas de computación non visibles. O control de variables nun automóbil, o control de temperatura nun edificio, ou a localización espazo-temporal ou identificación dun obxeto ou persoa, son exemplos deste tipo de sistemas de computación.
A asignatura ten como obxectivo coñecer os conceptos necesarios para deseñar aplicacións neste tipo de sistemas de computación baseadas no contexto do usuario.
ContidosConceptos básicos. Escenarios. Adquisición de Datos. Redes de sensores.
Tecnoloxías de presenza, contexto e interacción: Desenvolvemento de aplicacións ubicuas baseadas no contexto do usuario. Redes de comunicacións inarámicas.
Tecnoloxías de desenvolvemento: Plataformas e arquitecturas distribuídas para sistemas móbiles e ubicuos.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
• Ambient intelligence,wireless networking and ubiquitous computing. Mobile Communications series. Artech House, Inc. ISBN: 978-1-58053-963-0. 2006
• Ambient Intelligence. Springer-Verlag Berlin Heidelberg. ISBN: 3-540-23867-0. 2005.
• Fundamentals of Mobile and Pervasive Computing. McGraw-Hill Professional Engineering. ISBN: 0-07-141237-9. 2005.
• Pervasive Computing. Springer Professional Computing (second edition). ISBN: 3-540-00218-9. 2003
• Everyware: The dawning age of ubiquitous computing. New Riders. ISBN:0-321-38401-6. 2006
• Web Services: Concepts, Architectures, and Applications. ISBN:978-3-642-07888-0. 2004
Bibliografía complementaria
• When things Start to think. Owl Books. ISBN. 978-0-8050-5880-2. 1999
• The Invisible Future. MacGraw-Hill. ISBN: 0-07-138224-0. 2002
• Security for ubiquitous computing. John Wiley & Sons, LTD. ISBN: 0470 84493 0. 2002
• Ambient Findability. O’Reilly Media, Inc. ISBN: 0-596-00765-5. 2005
CompetenciasA materia axuda a acadar as competencias recollidas na memoria do Título que se indican de seguido:
Competencias xerais
- CG1: Capacidade para proxectar, calcular e diseñar produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da enxeñería informática.
- CG6: Capacidade para a dirección xeral, dirección técnica e dirección de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación, en empresas e centros tecnolóxicos, no ámbito da Enxeñería Informática.
- CG8: Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos e de resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares, sendo capaces de integrar estes coñecementos.
Competencias específicas
Módulo tecnoloxías informáticas:
- CTI6: Capacidade para deseñar e avaliar sistemas operativos e servidores, e aplicacións e sistemas baseados en computación distribuída.
- CTI8: Capacidade de deseñar e desenvolver sistemas, aplicacións e servizos informáticos en sistemas empotrados e ubicuos.
Outras competencias específicas
- CE1: Unha profunda comprensión do mercado, os seus hábitos e necesidades de produto
- CE2: A capacidade de adquirir, desenvolver e aplicar tecnoloxía ao longo da ampla gama de categorías de produtos da compañía
- CE3: A habilidade de facer conexións entre os desexos dos consumidores e o que a tecnoloxía pode ofrecer
Competencias transversais:
Informe PAFET:
- CT1: Dominio da xestión do tempo
- CT4: Dominio da expresión oral e escrita en lingua materna
- CT5: Coñecemento de outras linguas, sobre todo a inglesa
- CT6: Capacidade de traballo autónomo e toma de decisións
- CT7: Capacidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderazgo, saber escoitar
- CT8: Capacidade analítica, crítica e de síntese
- CT9: Habilidades en relacións interpersoais
Calidade de servizo
- CCS1: Escalabilidade
- CCS2: Interoperabilidade
- CCS9: Rendimento
- CCS10: Robustez
Metodoloxía da ensinanza Impartiranse:
a) Clases teóricas: para introducir os conceptos e os fundamentos básicos.
b) Seminarios: para introducir o aprendizaxe por resolución de problemas concretos
c) Prácticas para aplicar os coñecementos adquiridos. Realizaranse en pequenos equipos de tamaño variable, dependendo da entidade da práctica. Poderanse realizar prácticas de pequena entidade ou un proxecto pequeno dividido en partes diferenciadas
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación da aprendizaxe consistirá na:
Avaliación de xaneiro/xuño:
a) avaliación das prácticas desenvolvidas
b) avaliación de examenes teóricos sobre o contido da materia
As prácticas avaliaranse continuamente. A avaliación continua ten un peso do 60%.
A cualificación final obterase de acordo coa seguinte fórmula:
Nf = 0,60 x Np + 0,40 x Nt
Nf é a nota da materia
Np é a nota das prácticas desenvolvidas
Nt é a nota conseguida na parte teórica
Nf, Np, Nt puntúan ata 10 puntos.
Avaliación de xullo:
a)examen práctico
b)examen teórico sobre o contido da materia
A cualificación final obterase de acordo coa seguinte fórmula:
Nf = 0,60 x Np + 0,40 x Nt
Nf é a nota da materia
Np é a nota do exame práctico
Nt é a nota conseguida no exame teórico
Nf, Np, Nt puntúan ata 10 puntos.
Para ter unha cualificación de non presentado son requisitos necesarios:
- non presentarse polo menos a dous examenes teóricos.
- non facer as practícas durante os dous últimos meses.
A avaliación dos/as estudantes que por causa xustificada non poidan atender regularmente ás actividades docentes presenciais realizarase en base ao conxunto de traballos propostos polos docentes durante o curso, aos que se lles aplicarán os criterios de avaliación xerais anteriormente indicados.
Tempo de estudo e traballo persoalEstímase que a aprendizaxe de coñecementos e a adquisición das competencias descritas nesta materia necesitan, aproximadamente:
50 horas de traballo presencial en aula
100 horas de traballo persoal do estudante.
Estas horas repártense nas diferentes actividades que se desenvolveran nesta materia (estudo, escritura de traballos, programación, avaliación de traballos, examenes, clases maxistrais, prácticas, etc.)
Recomendacións para o estudo da materiaActitude proactiva. Asistencia e aproveitamento ao máximo das clases maxistrais, tutorias e sesións de prácticas. Dedicación periódica frecuente á asignatura. Autoavaliación. Traballo en equipo.
ObservaciónsA aprendizaxe do estudante realízase co seu esforzo e o profesor axúdalle nese proceso.
É importante unha actitude proactiva, organización, esforzo, constancia e cooperación cos compañeiros. Apréndese moito dos demais.
Parte da docencia da asignatura impartirase en inglés e o resto en castelán ou galego.