Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4131201 - Procesado dixital de sinais (OPTATIVAS XERAIS) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 20.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 44.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación
  • Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Felix Lamas, Paulo.NON
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo principal desta materia é que o alumno desenvolva as capacidades necesarias para abordar a análise e deseño de sistemas para o procesado dixital de sinais, empregando técnicas tanto no dominio do tempo como da frecuencia e de outros dominios transformados.
    Contidos
    1.Sinais e sistemas discretos.
    2.Mostraxe de sinais.
    3.Transformada Z.
    4.Caracterización de sistemas lineais e invariantes no tempo.
    5.Transformada Discreta de Fourier.
    6.Deseño de filtros: filtros IIR e FIR.
    7.Sistemas estocásticos: análise de series temporais e análise tempo-frecuencia.
    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
    Proakis y Manolakis. “Tratamiento digital de señales” (4 ed.), Pearson Educación, 2007.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    Oppenheim y Schafer. “Tratamiento de la señal en tiempo discreto” (3 ed.), Pearson Educación, 2011.

    Aström y Wittenmark. “Computer-Controlled Systems: theory and design” (3 ed.), Prentice-Hall, 1997.
    Competencias
    A materia contribúe ao desenvolvemento das seguintes competencias xerais recollidas na Memoria do Máster en Tecnoloxías da Información:

    CG1. Capacidade para proxectar, calcular e diseñar produtos, procesos e instalacións en todos os eidos da enxeñaría informática.
    CG4. Capacidade para o modelado matemático, cálculo e simulación en Centros Tecnolóxicos e de Enxeñaría de Empresa, particularmente en tarefas de investigación, desenvolvemento e innovación en todos os eidos relacionados coa enxeñaría informática.
    CG8. Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos e de resolver en entornos novos o pouco coñecidos, dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares, sendo capaces de integrar estes coñecementos.

    A materia tamén contribúe ao desenvolvemento da seguinte competencia específica do Módulo de Tecnoloxías Informáticas recollido na citada Memoria:

    CTI9. Capacidade para aplicar métodos matemáticos, estadísticos e de intexigencia artificial para modelar, deseñar e desenvolver aplicacións, servicios, sistemas intelixentes e sistemas baseados en coñecemento.

    Entre as competencias transversais da Memoria enumeramos as seguintes: CT1, CT2, CT4, CT5, CT6, CT8, CT10, CT11 e CT13.

    Das competencias de calidade de servizo citamos: CCS6, CCS8 e CCS9.
    Metodoloxía da ensinanza
    Os contidos teóricos da materia explicaranse nas aulas nas que se fará uso da pizarra e de materiais audiovisuais, e apoiaranse na realización de exercicios en na análise de casos prácticos. Durante estas clases exporase un conxunto de problemas cuxa resolución realizarase no laboratorio de informática, coa axuda dunha computadora. Utilizarase o Campus Virtual da USC como repositorio de documentación, como apoio á acción titorial, e para a xestión das entregas correspondentes aos problemas propostos.
    Sistema de evaluación
    CONVOCATORIA ORDINARIA
    A avaliación da materia realizarase de un xeito continuado ao longo do cuadrimestre, en base á participación do alumno e a entrega dos exercicios propostos para a súa resolución. Será un requisito imprescindible para a superación da materia a asistencia ás distintas actividades propostas.

    Terán a condición de Presentado todos aqueles alumnos que entregaran máis de un terzo dos exercicios propostos.

    SEGUNDA OPORTUNIDADE
    A avaliación da materia realizarase mediante un exame.

    A avaliación dos/as estudantes que por causa xustificada non poidan atender regularmente ás actividades docentes presenciais realizarase en base ao conxunto de traballos propostos polos docentes durante o curso, aos que se lles aplicarán os criterios de avaliación xerais anteriormente indicados
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tal e como recolle a Memoria de Máster, o tempo total de traballo persoal do alumno é de 150 horas. O desglose de ditas horas é o seguinte:
    Clases maxistrais: 20 horas
    Aprendizaxe basado en problemas e/ou casos en grupos reducidos: 8 horas
    Sesions prácticas en grupos reducidos: 10 horas
    Actividades de evaluación: 5 horas
    Estudo autónomo: 30 horas
    Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 15 horas
    Programación/experimentación ou outros traballos no ordenador/laboratorio: 60 horas
    Evaluación de traballos, proxectos, exames,.. 2 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Aconséllase levar o estudio teórico e a realización de prácticas e problemas ao día. De igual xeito, consideramos importante facer un bo aproveitamento das titorías para a resolución máis inmediata das dúbidas.