Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4131208 - Procesado de información espazo-temporal (ESPECIALIDADE: TECNOLOXÍAS DE INFORMACIÓN ESPACIAL) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 15.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Clase Interactiva Seminario: 10.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 43.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación
  • Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
TOBAR QUINTANAR, ALEJANDRO JOSE.NON
Triñanes Fernández, Joaquín Ángel.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos principais da materia son os seguintes:
    - Presentar ao alumno os principais formatos e estándares que gobernan o acceso, procesamento e distribución de información espacio-temporal.
    - Revisar as principais fontes de datos, tanto remotas como in-situ.
    - Describir e desenvolver técnicas computacionais de procesamento e extracción de información a partir de datos xeoespaciais.

    Ao rematar o curso o alumno terá os coñecementos necesarios para buscar, acceder e usar datos xeoespaciais, extraer información dos mesmos e poñer a disposición da comunidade de usuarios os resultados acadados.

    Contidos
    1. Representación de información espacio-temporal.
    2. Captura de datos.
    3. Procesamento, análise e visualización de datos.
    4. Difusión e distribución de datos.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica:
    "Remote Sensing and Image Interpretation", John Wiley and Sons, 2007, 804p
    Applied Spatial Data Analysis with R. Springer, 2008, 392p
    Statistics for Spatio-Temporal Data, John Wiley and Sons, 2011, 624p

    Complementaria:
    NetCDF Software Package . Unidata Program Center. University Corporation for Atmospheric Research .
    THREDDS Data Server. Unidata Program Center. University Corporation for Atmospheric Research .
    BEAM Version 4.9 User Manual. Brockmann Consult.

    Competencias
    Dentro do módulo Tecnoloxías de Información Espacial esta materia contribuirá as seguintes competencias xerais e específicas recollidas na memoria do título do Máster en Tecnoloxías da Información da USC: CX8, CTI1, CTI2, CTI7,CTI8,CTI9.

    As competencias transversais e de calidade de servicio ás que contribúe a materia son: CT1, CT2, CT3, CT5, CT13, CCS2 e CCS6.

    Metodoloxía da ensinanza
    A teoría presentarase ao alumnado en forma de clases maxistrais.

    As prácticas levaranse a cabo tanto de forma individual como en grupos de traballo nun laboratorio de computadores. Nelas desenvolveranse os temas explicados nas sesións de teoría e abranguerán tanto o uso de aplicacións como a programación de módulos específicos adaptados aos obxectivos da práctica proposta.

    Farase uso do Campus Virtual da USC.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da parte teórica da materia será realizada mediante un exame final e suporá o 35% da cualificación final do alumno.

    A avaliación da parte práctica será realizada de xeito continuo e suporá o 65% da cualificación final do alumno.

    Para superar a materia deberase aprobar ámbalas dúas avaliacións. A mención de “Non Presentado” na avaliación obtense cando non se presentaron prácticas cun peso relativo acumulado superior ao 50% para a avaliación continua e non se realiza o exame final.

    Para superar a materia no período extraordinario de avaliación será necesario ter aprobado previamente no período de avaliación ordinario a parte práctica da materia.

    Non se conserva ningún tipo de cualificación entre distintos cursos académicos. En consecuencia, o alumnado repetidor será avaliado do mesmo xeito que o alumnado de primeira matrícula.

    A avaliación do alumnado que por causa xustificada non poidan atender regularmente ás actividades docentes presenciais, realizarase en base ao conxunto de traballos propostos polos docentes durante o curso, aos que se lles aplicarán os criterios de avaliación xerais anteriormente indicados.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O estudante deberá dedicar unhas 60 horas de traballo persoal para a realización das prácticas, unhas 23 horas para o estudio de xeito autónomo e individual e unhas 12 horas para a escritura de traballos e outras actividades relacionadas coa materia.
    Recomendacións para o estudo da materia
    É importante ter coñecementos de programación en Java e facer uso dos materiais e recursos dispoñibles a través do Campus Virtual. Tamén é importante unha correcta xestión do tempo por parte do alumno.
    Observacións
    Parte dos contidos docentes vanse impartir en idioma inglés.