Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Técnica Superior de Enxeñaría  »  Información da Materia

P4131209 - Sistemas de información espacial (ESPECIALIDADE: TECNOLOXÍAS DE INFORMACIÓN ESPACIAL) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 15.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Clase Interactiva Seminario: 10.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 43.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación
  • Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
  • Centro: Escola Técnica Superior de Enxeñaría
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Ríos Viqueira, José Ramón.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo desta materia é proporcionar unha introdución ás teorías, modelos, técnicas e ferramentas utilizadas para o desenvolvemento de Sistemas de Información para a xestión de información espacial (Sistemas de Información Espaciais - SIE). Os fundamentos estudados na materia inclúen a representación de información espacial, o seu almacenamento e acceso eficiente, as tecnoloxías básicas implicadas no seu procesamento e as principais arquitecturas utilizadas no deseño dos SIE, abordando tanto arquitecturas baseadas no uso de bases de datos espaciais como arquitecturas distribuídas baseadas en servizos web.
    Contidos
    1.- Información espacial e representacións finitas
    2.- Análise espacial de datos
    3.- Bases de datos espaciais
    4.- Infraestruturas de Datos Espaciais (IDE)
    5.- Xeometría computacional
    6.- Métodos de acceso e procesamento de consultas

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía Básica:
    P. Rigaux, M. Scholl, A. Voisard, Spatial Databases: with application to GIS, Morgan Kaufmann Publishers, Academic press, 2002.
    O libro anterior será a referencia principal para a materia, pero será completado con material proporcionado polo profesor en partes específicas dos contidos.


    Bibliografía Complementaria:
    Open Geospatial Consortium (OGC). http://www.opengeospatial.org/
    Open Source Geospatial Foundation (OSGeo). http://www.osgeo.org/
    Global Spatial Data Infrastructure Association (GSDI). http://www.gsdi.org/

    Competencias
    Dentro do módulo “Especialidade: Tecnoloxías de información espacial”, esta materia contribúe á adquisición das seguintes competencias xerais e específicas, recollidas na memoria do título de Máster en Tecnoloxías da Información da USC: CG8, CTI1, CTI2, CTI5, CTI11 e CE3. Particularmente, farase especial énfase na devandita competencia “CTI5. Capacidade para analizar as necesidades de información que aparecen nun contorno e levar a cabo en todas as súas etapas o proceso de construción dun sistema de información”.

    Ademais, trabállanse as seguintes competencias transversais e de calidade de servizo: CT7, CT9, CT10, CT12, CCS2, CCS6 e CCS9. Mención especial merecen as competencias de calidade de servizo “CCS2. Interoperabilidade” e “CCS9. Rendemento”. A primeira delas é de importancia capital no desenvolvemento de IDEs e a segunda é o obxectivo principal dos métodos de acceso e o procesamento de consultas.

    De forma máis específica, as competencias propias da materia son:
    a) Adquirir os fundamentos teóricos da xestión de información espacial
    b) Coñecer e ser quen de implantar distintas arquitecturas para SIE
    c) Ser capaz de usar ferramentas de código aberto para o desenvolvemento de SIE
    d) Coñecer as técnicas máis relevantes para a implementación eficiente de SIE

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía utilizada nesta materia está baseada na realización de actividades dos seguintes tipos:

    1.- Clases expositivas nas que se traballarán contidos teóricos da materia

    2.- Realización de traballos e/ou exercicios relacionados cos contidos teóricos, en clases expositivas e en horas de traballo persoal

    3.- Realización de tarefas prácticas relacionadas co desenvolvemento de SIE, tanto en clases interactivas como en horas de traballo persoal

    4.- Seguimento e avaliación de traballos en clases expositivas e prácticas en clases interactivas

    5.- Realización de exames

    Farase uso do Campus Virtual da USC como ferramenta de comunicación co profesorado e entre o alumnado.

    As/Os estudantes que por causa xustificada non poidan atender regularmente ás actividades presenciais seguirán unha metodoloxía distinta:

    - Os contidos teóricos traballados polos demais alumnos nas actividades 1 e 2 serán traballados polo alumno a partir do material proporcionado no seu tempo de traballo persoal. O alumno poderá facer uso de tempo adicional de titorías co profesor para resolver dúbidas

    - O alumno realizará as tarefas prácticas da actividade 3 sen asistir a aula, coa supervisión do profesor en sesións de titoría adicionais.

    - O profesor será flexible no establecemento de datas de revisión de traballos e exames para que o alumno poida seguir o sistema de avaliación.

    Sistema de evaluación
    Convocatoria ordinaria:

    1.- Avaliación do traballo de prácticas (60%): farase mediante a defensa por parte do alumnado dos traballos prácticos e mediante a revisión da documentación entregada vinculada a cada traballo práctico.

    2.- Avaliación de traballos de teoría (10%): terá lugar mediante a revisión da documentación entregada polo alumnado.

    3.- Avaliación mediante exames (30%): realizarase por medio dun exame que se celebrará na data oficial programada polo centro.

    Para superar a materia será preciso superar de forma individual a avaliación do traballo de prácticas e a avaliación mediante exames. Considerase como presentado a calquera estudante que entregue algún traballo práctico ou se presente ao exame.


    Convocatoria Extraordinaria:

    1.- Avaliación de traballos prácticos (60%): se o estudante ten feita a avaliación de traballos prácticos durante o período ordinario, poderá conservar a mesma cualificación. Opcionalmente, o estudante, previa consulta co profesor, poderá realizar un proxecto de desenvolvemento de SIE que será avaliado nesta convocatoria.

    2.- Avaliación de traballos de teoría (10%): manterase a nota acadada durante a avaliación de traballos da convocatoria ordinaria.

    3.- Avaliación mediante exames (30%): farase un exame que se celebrará na data oficial asignada polo centro.

    Non se conservarán notas entre convocatorias de distintos cursos académicos.

    A avaliación dos/as estudantes que por causa xustificada non poidan atender regularmente ás actividades docentes presenciais realizarase seguindo o mesmo sistema de avaliación, podendo adaptar ás súas necesidades particulares as datas de presentación de traballos e realización de exames.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo recomendado para superar esta materia inclúe a participación nas 15 horas de docencia expositiva e o traballo durante as 25 horas de docencia interactiva. Ademais destas horas, o estudante haberá de dedicar un mínimo de 23 horas ao estudo, un mínimo de 60 horas á elaboración de prácticas e traballos e un mínimo de 19 horas á preparación das distintas avaliacións.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Para superar esta materia é importante ter coñecementos de algoritmos e estruturas de datos e programación en linguaxe Java. É recomendable o coñecemento de arquitecturas baseadas en Servizos Web e de bases de datos obxecto-relacionais. Recoméndase tamén a elección do resto de materias complementarias en formación da mesma especialidade de Tecnoloxías de Información Espacial.
    Observacións
    Esta materia impartirase exclusivamente en Galego e/ou Castelán.